26/8/09

PETROGLIFOS do concello de CERDEDO (Listaxe aberta):


.
PETROGLIFOS da freguesía de CASTRO
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de CERDEDO
.
.
A Torre dos Mouros (monte de Cerdedo-leito do río Lérez) [ILOCALIZADO]
.
Inscricións alfabetiformes descubertas a finais do século XIX polo pontevedrés Luis de la Riega (El río Lérez, 1892). Léase o artigo Nobres ruínas ás beiras do Lérez de Cerdedo (2ª parte), publicado neste blog.
A posteriori, fanse eco do achado: X. Álvarez Limeses (1936), X. Filgueira Valverde e A. García Alén (1955), a Gran Enciclopedia Gallega (1974) e A. Rodríguez Fraíz (1987).
.
Léase: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, ano 2005.
.
* * * * *

A Fraga das Ferraduras
(monte de Cerdedo) [ILOCALIZADO]
.
Documento 1.

Prehistoria [...] A Arte Rupestre [...] XX.- Sinos arboriformes. Son moi escasos e ao parescer óllanse soio na Pala Pinta, na Fraga das Ferraduras de Cerdedo, en Tras-os Montes e na Laxe da Casa da Vella. [López Cuevillas, F., 1942]

.

Documento 2.

Petroglifos: [...] Partido Judicial de la Estrada: Ayuntamiento de Cerdedo: Cerdedo, S. Juan: Fraga das Ferraduras: Signos arboriformes. [Filgueira Valverde, X. e García Alén, A., 1955]

.

Documento 3.

Ayuntamiento de Cerdedo: Cerdedo, S. Xoán de: Fraga das Ferraduras: Signos del tipo definido por CUEVILLAS como “arboriforme”. Probablemente modernos. (M.N. número 44). [García Alén, A., 1981]

.

Documento 4.

Cerdedo - San Xoán [...] -Prehist. Grabados rupestres de Fraga das Ferraduras (Monumento Histórico-Artístico. 20-XII-1974). [Gran Enciclopedia de España, 1992]

..
.Léase: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, ano 2005.
.
* * * * *
.
Petroglifo de Carballás [ILOCALIZADO]
.

6 de julio de 1958

En Carballás con Ramoncito. A Cerdedo a las 3 de

la tarde. De aquí a Carballás en camioneta, fotos y

dibujo del pequeño petroglifo descubierto por el

maestro. Regreso a Cerdedo. De allí a Ponte Bora

en el coche de Troitiño.

Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959): El trayecto vocacional de un arqueólogo, Ángel Núñez Sobrino.
.
Véxase:
http://pdf.depontevedra.es/ga/109/piwtqOKGmL.pdf

.

* * * * *
.
Laxa do Almanaque (Outeiro de Chamadoira) [LOCALIZADO]
.
.
.
Petroglifo disposto na peneda a varios niveis (a foto amosa o nivel inferior), bautizado por quen escribe co nome de Laxa do Almanaque, sito no monte de Chamadoira. (Fotografía de 2004, contraportada do libro Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, 2005).
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de FIGUEIROA
.
.
Petroglifo do monte de Deán
(Deán) [LOCALIZADO]

Na parte sudeste de Castrodiz, a uns 800 m de altitude, no monte de Deán, tamén temos nunha laxa ou outeiro un petroglifo en forma de espiral; o que non está é catalogado, pero é moi coñecido pola xente da comarca. En certa ocasión tamén a prensa deu conta del. Para máis detalles, está arriba de Palmichán, nun pequeno cotarelo.


Historias de Santa Baia de Castro, Manuel Monteagudo Ruzo, ano 2007.
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de FOLGOSO
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de PARADA
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de PEDRE
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de QUIREZA
.
Ningún petroglifo consignado
.
.

PETROGLIFOS da freguesía de TOMONDE
.
.
Laxa da Veiga do Chan (Tomonde) [LOCALIZADO]
.
.
.
Albíscanse petroglifos na Laxa da Veiga do Chan. Esta laxa, de non moi grandes dimensións, xorde un metro sobre o nivel do terreo. É de forma ovalada. Óllanse nela cazoletas metidas en círculos, unha esvástica, un puñal de tipo algárico, un signo cruciforme e outros indeterminados. Así os ollamos non hai moitos anos. Fica esta pedra moi pretiño do rueiro do Cachafal-Tomonde.
.
Santa Mariña de Tomonde, Antonio Rodríguez Fraíz, ano 2001.

1 comentario:

camilorenzo dijo...

Interesantísimo este "post". Temos que quedar para disfrutalos "en vivo".