10/8/09

VERBO XIDO convídavos a unha CHUVIA DE ESTRELAS

.
.
.
.
.
.
...antergo Castrodiz,
no mar soñas
e coma el abísmaste nos númaros do ceo.


Con estes versos do poeta cerdedense Otero Espasandín, a Asociación Cultural e Ecoloxista VERBO XIDO de Terra de Montes convídavos a participar nun roteiro nocturno polo monte do Seixo. A data escolleita é o vindeiro mércores, 12 de agosto. O motivo: a posibilidade de sumar o espectáculo celeste das bágoas de san Lourenzo (desintegración de meteoros) ao paseo pola montaña (1.000 m sobre o nivel do mar) nunha noite morna e clara (segundo o prognóstico).
O fenómeno astronómico das Perseidas acontece cando a Terra atravesa ou avanta preto da órbita do cometa 'Swift-Tuttle'. A raxeira localízase na constelación de Perseo.
.
Agardámosvos o mércores ás 10'00h da noite na praza da igrexa de Cerdedo. Traede con vós unha esteira ou saco de durmir para gorecervos da humidade do chan, comida e bebida (compartirémos as viandas como bos irmáns) e unha lanterna.

Saúdos e até o mércores.
.
.
Máis información:
.
http://www.somyce.org/images/web/AIA-IYA-2009/Perseidas_2009_somyce_AIA-IYA-2009.pdf
.
.

No hay comentarios: