20/8/09

MONTE DO SEIXO: Acondicionamento do Roteiro da MONTAÑA MÁXICA (Actuación III)

.
.
No interior das antigas casetas da Forestal, localizadas no Outeiro do Coto (1.015 m de altitude), ao norte do Seixo, e no Coto da Santa Mariña ou A Mira (996 m de altitude), ao sur do Seixo, sería aconsellábel a colocación de senllos paneis informativos nos que se recrease o espazo físico-mítico que se dexerga dende cada unha delas. As casetas, previamente acondicionadas (impermeabilización, carpintaría...), gorecerían os paneis das inclemencias meteorolóxicas. Estes paneis glosarían o amplo horizonte que se domina dende as xanelas. (Consúltese: Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica, 2007).
.
. .
.
.
.
Coordenadas das casetas (tiradas do SIXPAC):
.
Caseta do Outeiro do Coto, concello de Cerdedo (Fotografía 1):
.
Latitude: 42º 30' 9.52" N
Lonxitude: 8º 22' 5.67" W
.
Caseta do Coto da Santa Mariña, concello da Lama (Fotografía 2):
.
Latitude: 42º 27' 51.56" N
Lonxitude: 8º 23' 23.59" W
.
.

No hay comentarios: