13/8/09

NA NOITE DAS PERSEIDAS ducias de confrades peregrinaron á Montaña Máxica

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Nin os máis vellos do lugar lembran unha noite máis apracíbel. O monte do Seixo sábese ferido, sábese desfigurado, e esfórzase unha e outra vez en amosarnos toda a maxia que atesoura, inesgotábel e sempre abraiadora. Por moito que nos enfastíe ser testemuñas do seu calamitoso estado, coido que xamais acharemos escusa para non lle render visita; xamais deixaremos de trabar o seu anzol.
.
Todos os nosos desexos víronse onte cumpridos: morna airexa noiteva, cuarteirón laranxa de lúa, pan e compango, doce licorcafé, gaita pechada do mestre Joao Bieites, lexión de amigos de Verbo Xido -grazas a todos por ser e por estar- e o universo, corva mazaroca, debullándose nunha vasta sementeira de estrelas.
.
Alguén dixo: "Os mellores espectáculos son de balde".
.
.

3 comentarios:

camilorenzo dijo...

Unha experiencia única e inesquecíbel, rodeados dunha xente extraordinaria.
O momento no cumio do Outeiro do Coto fíxonos sentir, como ben dicías, OS REIS DO MUNDO.

carmen dijo...

Unha noite inolvidable!
Grazas amigos!
Eu penso cas estrelas tamén desfrutaron de vernos xuntos allí.
Non esquenzades facelo meu roteiro polas rochas. Ja, Ja.

Calros Solla dijo...

Escuso comentar que a nova vía de descenso aberta na peneda leva o nome "Toro-Cabaleiro" en lembranza da particularísima técnica de apertura empregada.