21/8/09

ALIÑAMENTO PREHISTÓRICO no monte do Seixo

.
.
.
.
Advertido polo amigo Rafa Quintía (G.E.E. Serpe Bichoca), e para maior escarnio dos supostos estudos de impacto arqueolóxico desenvolvidos no monte do Seixo que propiciaron a instalación na montaña dun parque eólico, achego unha ortofoto tirada de Google Maps, onde se observa o aliñamento (uns 500 m de lonxitude) que, de levante a poñente, une as lagoas de Xestido (Lagoa Grande) coa peneda do Castro Grande. Como ben se observa na ilustración, o trazado dunha das pistas da explotación industrial vulnerou a súa integridade.
.
Segundo a mítica tradición, o aliñamento de chantos, hoxe derrubado, vén sinalando o pasadeiro soterrado que pon en comunicación a asolagada cidade de Trentinán co pozo Sangoento, pego do río do Seixo, pasando baixo o impoñente Castro Grande.
.
Léase: Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas, 2009.
.
.

No hay comentarios: