23/2/10

O que para os irlandeses é un motivo de orgullo para outros é só cascallo

.
.
"ONDE IRLANDA TE LEVE"
.
WEB TURÍSTICA DE IRLANDA
.
http://www.discoverireland.com/es/about-ireland/
.
(Foto promocional do Condado de Clare)
.
.
.
.
"ONDE CERDEDO NON TE SABE LEVAR"
.
.
CARTA ARQUEOLÓXICA DO CONCELLO DE CERDEDO
.
(Santo da Porteliña, Tomonde-Cerdedo)
.
.
.
.

17/2/10

HISTORIAS DO MAR: Un filme de Lukas Santiago

.
.
.
.

OS PREMIOS "GOYA" E A FESTA DA VINCHA DE CERDEDO

.
.
.
.

Non caibo en min de gozo. Na noite do pasado domingo un actor galego, o noso Luís Tosar, recibía dun xurado español o premio “Goya” ao mellor traballo interpretativo polo filme “Cela 211”. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España concedíalle de novo, e por terceira vez, tan prezada distinción. O intérprete xa fora merecente do “Goya” en 2002 por “Os luns ao sol” e en 2003 por “Douche os meus ollos”. Luís Tosar recibía o galardón da Academia e a cultura galega recibía o agasallo da súa dedicatoria na nosa lingua. Podo intuír que algúns dos asistentes á cerimonia remexeron incómodos o cu na butaca cando o xenial actor, natural de Cospeito, un deses ensimesmados, un acomplexado, rematou a súa quenda de palabra dirixíndose ao público presente e á audiencia –uns cinco millóns de telespectadores– na lingua de Galicia, na mesma lingua na que ousaron escribir os once Premios Nacionais de Literatura, todos eles, abofé, sectarios, radicais, ensimesmados e acomplexados. Non caibo en min de orgullo; atéigome e rebordo. Tras seren testemuñas de tan douta lección de dignidade, os do cu proído non desaproveitaron a oportunidade de fotografarse a carón do heroe. Non abeiren esperanzas de que algo se lles apegue, “o que natura non dá, Compostela non empresta”.

.

Como antesala dos “Goya”, ao longo da xornada do domingo, celebrouse na aldea de Cerdedo a X edición da Festa da Vincha –loado 14 de febreiro!–. Esta encrucillada cultural onde se enxalza e premia a transmisión e prevalencia do noso saber culinario tradicional leva unha década ao coidado da Asociación de Mulleres “Espadela”. Elas, este pequeno mais irredutíbel clan de “damas de ferro”, insubornábeis patroas, guían o leme dunha dorna xeiteira e xeitosa que aproa destemida un océano inzado de quenllas, baixíos e cons peteirudos. É milagre que ano tras ano, entre Escila e Caribdis, a cerimonia de entrega dos premios da Academia da Vincha congregue a tanta xente e de tan afastadas terras. É milagre que coa misérrima achega do Concello, uns 400 euros, sexa ano tras ano máis atractiva e exitosa. É milagre que, malia a crise, malia o despoboamento, malia o ollomao, malia o silenciamento, malia a usurpación de méritos, malia as condicións meteorolóxicas adversas –chova, neve, vente ou treboe–, as nosas afoutas amigas puxen dun carro de rodas cadradas até a cimeira e non haxa porco bravo que as intimide.

.

Por se aínda hai alguén que non o ten claro, os servidores públicos non pagan do seu peto as pensións, nin a luz pública, nin a foguetaría, ben ao contrario, todos pagamos do noso peto as súas arbitrariedades.

.

O pasado domingo asistimos en Cerdedo ao décimo aniversario da Festa da Vincha, mais tamén ao décimo aniversario dunha loita anónima, calada e resistente protagonizada por un grupo de veciños e veciñas que –cómpre salientalo– co fiel apoio do concello de Pontevedra, insisten en festexar en Cerdedo as libertarias e libertinas xornadas do Entroido, outorgándolle o protagonismo á súa inveterada lambonada, a vincha, outro trazo particularísimo da ensimesmada e acomplexada cultura galega. Tampouco faltaron o domingo os ubicuos vampiros do éxito. Ao que lle proia que rañe.

.

.

Faro de Vigo (Terra de Montes), 17-2-2010.

.

.

7/2/10

Xª FESTA DA VINCHA en CERDEDO (domingo, 14 de febreiro)

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
"A VINCHA NON CHA VIN, COMINCHA COS OLLOS"
.
Regaliza e outras chuches, 2008
.
.
Ilustración 1: Cartaz da X Festa da Vincha.
.
Ilustración 2: Cartaz da VII Festa da Vincha deseñado por Davide Solla e Calros Solla (ano 2007).
.
.