31/8/09

PEDRE, O EIDO DE PEDRO

.
.
.
.
A freguesía de Pedre, *(villa) Petri “o eido de Pedro”, nome de quen posuíu este territorio no antigo, é a portela sudoeste da Terra de Montes. Permanecen indelébeis na miña memoria aquelas sextas-feiras á tardiña cando, tras a trafega semanal, a familia, a bordo do indestrutíbel 600, encamiñaba o seu lecer cara ao val de Cerdedo: …subir a Ponte do Barco, atravesar a aldea de Pedre, baixar a Vichocuntín, subir o Coteliño e xa!… .
.
“Canto, ai, mudar pode longa e vetusta idade!”, laiábase o bardo de Ponteceso pola obra do tempo, malia que, adoito, sexa a malfadada man do home o axente dos cambios irreversíbeis. Véxase Pedre e a súa cacarexada urbanización, sancionada por Patrimonio.
.
Baixo o enlousado de cemento da estrada, baixo o refugallo de obra da Eira Ghrande, baixo a marea de piche, déuselle sepultura ao Pedre que engaiolara o arquitecto Pedro de Llano, guionista do fermoso documentario “A arquitectura popular en Galicia”, producido en 1984 pola TVE. Nós, “mutatis mutandis”, temos saudade da aldea que, aínda a comezos da década dos oitenta, lucía incólume perante as cámaras da televisión.
.
Unha das webs, disque promocionais, do concello de Cerdedo (www.adosnet.com/Cerdedo), impecábel realidade virtual, gábase da “encantadora atmosfera pantasmagórica” do estremeiro Vichocuntín “xa que está condenado polo futuro e sempre teórico proxecto dun encoro”. Tras esta desacougante descrición, a dita web enumera prolixamente o patrimonio monumental ameazado. Non vos riades que o conto é triste.
.
A ocorrencia da “atmosfera pantasmagórica” pódeselle aplicar a todo o concello de Cerdedo, de xeito especial, á aldea de Pedre. É coñecido o emprego dos recursos paranormais como reclamo turístico por parte dos ingleses, mais cómpre facer fincapé en que nas Illas Británicas non hai pantasma sen castelo. Por desgraza, os nosos espíritos vanse ter que conformar cos túneles do AVE.
.
Por outra banda, a mención da ultratumba permíteme verificarlles que, fronte ao magoado patrimonio arquitectónico, o acervo lendario consérvase no lugar en perfecto estado de revista. A saber:
.
Rodríguez Fraíz ofréce nos seus escritos noticias dun medieval Petrus Petri, Pedro de Pedre, compostor da ponte romana sobre o Lérez e presunto proxenitor do célebre mestre Mateo, artífice do Pórtico da Gloria. Este Pedro canteiro é posterior ao Pedro terratenente que lle deu nome ao poboado.
.
O día 2 de decembro de 1745, Frei Martiño Sarmento, de camiño ás Raposeiras de Meilide, enxerga nun peitoril da sobredita ponte de Pedre as letras M V R. De non ser a sinatura de Pedro o ponteiro, cando menos o R podería lembrar a personaxe de Rosiña, heroína aldeá dos tempos do invasor francés, aínda que a francesada non acontecerá até comezos do século XIX. De calquera xeito e, segundo se escoita, a afouta e garrida Rosiña de Pedre preferiu entregar a súa vida ás avoltas augas do Lérez, precipitándose dende a outa ponte, antes que someterse aos libidinosos caprichos da soldadesca.
.
No lugar do Salgheiro érguese a impoñente casa da Inquisición, nobre casona do século XVII, cuxas cortes e cortellos foron en orixe lóbregos alxubes onde se lles aplicou tormento ás teimosías heréticas. No lugar da Poza áchase a casa do Espiritismo. Contan que a comezos do século pasado o señor Alfredo, emigrante retornado do Brasil, celebraba arredor dunha mesa de madeira secretos rituais cos que se obtiñan respostas do Máis Alá. As mediacións do espiritista aboábanse en especie. No camiño das Laceiras, no monte de Pedre, seica se agocha un tesouro encantado. O crego Xosé Paramá, cara ao ano 30, cavou e cavou no lugar por ver de desencantalo, mais desisitiu cando unha voz arrepiante, xurdida dos engumiños da terra, espetoulle: “Faltan o pan e o viño que a carne xa a temos!”.
.
E se tivese o xornal en por min, falaríalles da Pena que Tangue, do lobo comellón que fai a espera no muíño de Xosé da Eira Ghrande, no río do Barco; da grade de ouro afundida na poza Neghra do Lérez, da Casa do Ladrón, da galiña dos pitos de ouro, dos responsos da señora Xusta, dos agoiros do señor Lino… Canta maxia acugulada debaixo do cemento!
.
Faro de Vigo, 31-8-09
.
Fotografía: Fasquía actual da Eira Ghrande de Pedre. Os nomeados canastros conviven a carón do anárquico enlousado, dos cruceiros mercados nun "todo a cen" e dos farois "isabelinos".
.
Constátese o da "atmosfera pantasmagórica" de Vichocuntín:
.
.
.

"NA FEIRA FRANCA": Óleo sobre tea de Francisco Sutil

.
.
.
.

A ASTUCIA DO CAN DE PALLEIRO

.
.
.
.
Dediquei a calorosa xornada de onte á procura de mámoas nas freguesías de Figueiroa e Tomonde (concello de Cerdedo). O censo do patrimonio arqueolóxico do concello, como tantas outras cousas nesa terriña, está por facer; outras xa están desfeitas.
.
No monte de Loureiro (Figueiroa) localízase a necrópole megalítica do Campo dos Cans: No Campo dos Cans hai oito medorras; a do medio gharda as outras todas. É unha mágoa que as mámoas ou os petroglifos non se poidan comer. De se poderen servir aceitados e salpementados en prato de madeira, seríache outro conto.
.
Tras a frutífera pescuda, xa na aldea de Tomonde, chamou a miña atención outro can. Retrateino no intre en que, abafado polo calmizo, puña a súa pelica a remollo. Aínda que o animal soubese falar, sobran as palabras.
.
.

28/8/09

LIBRO DE RECLAMACIÓNS: O Raposo Vermello contra "la Gallina Azul"

.
.
.
.
PROXIMAMENTE, EN TODAS AS AULAS DO PAÍS
.
Churras, churras, churras...!!
.
.

27/8/09

CASTROS do concello de CERDEDO (Listaxe aberta):

.
.

As fotografías deste pequeno inventario (agás a do Castro Grande do Seixo e a ortofoto do castro Segón de Chamadoira) extraínas d'A cultura castrexa nos vales dos ríos Lérez-Almofrei e Verdugo-Oitavén, tese de doutoramento do arqueólogo Manuel Reboredo Tajes (ano 2008).
.
.

CASTROS da freguesía de CASTRO
.
.

Castrodiz
.
.
.

CASTROS da freguesía de CERDEDO
.
.

Castro de Arén
.
.
.

CASTROS da freguesía de FIGUEIROA
.
A parroquia de Figueiroa estrema coa de Castro fincando os lindes en Castrodiz
.
.
Castro de Vilar
.
.
.
CASTROS da freguesía de FOLGOSO
.
Ningún castro consignado
.
.

CASTROS da freguesía de PARADA
.
.

Castro do Pego (baixo a ermida, na ourela dereita do Lérez)
.
.
Castro da Cerca (Vilariño)
.
.
.

CASTROS da freguesía de PEDRE
.
Ningún castro consignado
.
.
CASTROS da freguesía de QUIREZA
.
.
Roda do Castro/Castro de Arriba (Os Castros)
.
.
Castro de Abaixo (Os Castros)
.
.
A magnitude deste asentamento castrexo fíxose evidente cando, por mor dunhas obras na estrada Cerdedo-Quireza, descubríronse entremedias novos vestixios construtivos. Léase:
.
.
.
CASTROS da freguesía de TOMONDE
.
.

Castro de San Cibrán (Vilalén)
.
.
.
.
Outros posíbeis castros da freguesía de CERDEDO:


.
Castro Grande/Outeiro do Castro (monte do Seixo). Linde dos concellos de Cerdedo e Cotobade.
.
.
Castro Segón (Chamadoira). Linde dos concellos de Cerdedo e Cotobade.
.
.
.

26/8/09

PETROGLIFOS do concello de CERDEDO (Listaxe aberta):


.
PETROGLIFOS da freguesía de CASTRO
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de CERDEDO
.
.
A Torre dos Mouros (monte de Cerdedo-leito do río Lérez) [ILOCALIZADO]
.
Inscricións alfabetiformes descubertas a finais do século XIX polo pontevedrés Luis de la Riega (El río Lérez, 1892). Léase o artigo Nobres ruínas ás beiras do Lérez de Cerdedo (2ª parte), publicado neste blog.
A posteriori, fanse eco do achado: X. Álvarez Limeses (1936), X. Filgueira Valverde e A. García Alén (1955), a Gran Enciclopedia Gallega (1974) e A. Rodríguez Fraíz (1987).
.
Léase: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, ano 2005.
.
* * * * *

A Fraga das Ferraduras
(monte de Cerdedo) [ILOCALIZADO]
.
Documento 1.

Prehistoria [...] A Arte Rupestre [...] XX.- Sinos arboriformes. Son moi escasos e ao parescer óllanse soio na Pala Pinta, na Fraga das Ferraduras de Cerdedo, en Tras-os Montes e na Laxe da Casa da Vella. [López Cuevillas, F., 1942]

.

Documento 2.

Petroglifos: [...] Partido Judicial de la Estrada: Ayuntamiento de Cerdedo: Cerdedo, S. Juan: Fraga das Ferraduras: Signos arboriformes. [Filgueira Valverde, X. e García Alén, A., 1955]

.

Documento 3.

Ayuntamiento de Cerdedo: Cerdedo, S. Xoán de: Fraga das Ferraduras: Signos del tipo definido por CUEVILLAS como “arboriforme”. Probablemente modernos. (M.N. número 44). [García Alén, A., 1981]

.

Documento 4.

Cerdedo - San Xoán [...] -Prehist. Grabados rupestres de Fraga das Ferraduras (Monumento Histórico-Artístico. 20-XII-1974). [Gran Enciclopedia de España, 1992]

..
.Léase: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, ano 2005.
.
* * * * *
.
Petroglifo de Carballás [ILOCALIZADO]
.

6 de julio de 1958

En Carballás con Ramoncito. A Cerdedo a las 3 de

la tarde. De aquí a Carballás en camioneta, fotos y

dibujo del pequeño petroglifo descubierto por el

maestro. Regreso a Cerdedo. De allí a Ponte Bora

en el coche de Troitiño.

Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959): El trayecto vocacional de un arqueólogo, Ángel Núñez Sobrino.
.
Véxase:
http://pdf.depontevedra.es/ga/109/piwtqOKGmL.pdf

.

* * * * *
.
Laxa do Almanaque (Outeiro de Chamadoira) [LOCALIZADO]
.
.
.
Petroglifo disposto na peneda a varios niveis (a foto amosa o nivel inferior), bautizado por quen escribe co nome de Laxa do Almanaque, sito no monte de Chamadoira. (Fotografía de 2004, contraportada do libro Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, 2005).
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de FIGUEIROA
.
.
Petroglifo do monte de Deán
(Deán) [LOCALIZADO]

Na parte sudeste de Castrodiz, a uns 800 m de altitude, no monte de Deán, tamén temos nunha laxa ou outeiro un petroglifo en forma de espiral; o que non está é catalogado, pero é moi coñecido pola xente da comarca. En certa ocasión tamén a prensa deu conta del. Para máis detalles, está arriba de Palmichán, nun pequeno cotarelo.


Historias de Santa Baia de Castro, Manuel Monteagudo Ruzo, ano 2007.
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de FOLGOSO
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de PARADA
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de PEDRE
.
Ningún petroglifo consignado
.
.
PETROGLIFOS da freguesía de QUIREZA
.
Ningún petroglifo consignado
.
.

PETROGLIFOS da freguesía de TOMONDE
.
.
Laxa da Veiga do Chan (Tomonde) [LOCALIZADO]
.
.
.
Albíscanse petroglifos na Laxa da Veiga do Chan. Esta laxa, de non moi grandes dimensións, xorde un metro sobre o nivel do terreo. É de forma ovalada. Óllanse nela cazoletas metidas en círculos, unha esvástica, un puñal de tipo algárico, un signo cruciforme e outros indeterminados. Así os ollamos non hai moitos anos. Fica esta pedra moi pretiño do rueiro do Cachafal-Tomonde.
.
Santa Mariña de Tomonde, Antonio Rodríguez Fraíz, ano 2001.

25/8/09

MEGALITOS do concello de CERDEDO (Listaxe aberta):

.
.
.
Sección da mámoa e anta de Dombate, deseñada por Miguel Ângelo Bieites para o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (ano 2009), producido e realizado polo G. E. E. SERPE BICHOCA.
.
.
.
Freguesía de CASTRO
.
Eira dos Mouros: Croa do castro de Castrodiz.
.
.
Freguesía de CERDEDO
.
Cerrada das Mámoas: No monte de Cerdedo (Número indeterminado de mámoas).
.
.
Freguesía de FIGUEIROA
..
Mámoas do Campo dos Cans: No monte de Loureiro (8 mámoas en disposición circular). No Campo dos Cans estreman as freguesías de Figueiroa e Tomonde. Nun ortostato dunha das mámoas do Campo dos Cans gravouse unha cruz de termo, indicando o linde entre os concellos de Cerdedo e Forcarei.
.
No Campo dos Cans hai oito medorras,
a do medio gharda as outras todas.
.
Mámoas do Cruceiro de Antas:
2 mámoas.
.
Mámoas do monte de Vilar:
Número indeterminado de mámoas.
.
Marco de Antas: Pedrafita.
.
.
Freguesía de FOLGOSO
.
[...]
.
Freguesía de PARADA
.
Mámoas do monte de Parada: 3 mámoas.
.
Milladoiro: Lugar da freguesía de Parada (Carnoedo).
.
.
Freguesía de PEDRE
.
Coto das Antas: No monte de Serrapio (Número indeterminado de mámoas).
.
.
Freguesía de QUIREZA
.
.
Mámoas de Mamoalba: 5 mámoas.
.
Mámoas dos Castros: Número indeterminado de mámoas.
.
Marco da Conla: Pedrafita.
.
.
Freguesía de TOMONDE
.
.
Mámoas á beira do camiño Vreeiro: Número indeterminado de mámoas.
.
Mámoas da Rega da Mámoa Aberta: 2 mámoas.
.
Mámoas do monte de Vilalén: Número indeterminado de mámoas.
.
Eira dos Mouros: Hai dúas. Posíbeis aliñamentos líticos circulares.
.
.

23/8/09

II FEIRA DA PEDREIRA (A Lama)

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
CONTACTOS:
.
A HORTIÑA DA PONTE: http://ahortinhadaponte.blogspot.es/i2009-08/
.
VERBO XIDO: http://www.cetmo.info/asociacion-ecoloxista-e-cultural-de-terra-de-montes-verbo-xido/
.
OS CHICHISOS: http://chichisos.wordpress.com/
.
.
>>>
NOTA FINAL: Como non podía ser doutra maneira, os envexosos cacicotes da Lama, non contentes con aformigonar (moi ao seu xeito) o campo da feira, dedicáronse na xornada de onte a amolar o persoal, requirindo dos responsábeis dos postos o teléfono e mais o D.N.I. Quizais pensen estes miñaxoias percibir trabuco o ano que vén. Aviados van. Que traballen! Que tomen exemplo da Asociación Cultural TRENTINÁN! Parabéns, Erundina e Valentín. Se a envexa fose tiña, no voso concello habería maioría absoluta de carecas.
.
.

22/8/09

"COUSAS DA VIDA" por Castelao (A reflexión final é miña)

.
.
.
.
O CAN.- Domestícate, home, e verás que vida máis regalada.
O RAPOSO.- Non che nacín pra can.
.
.
SE O NOSO PAÍS FOSE UNHA RAPOSEIRA NO CANTO DUNHA CANCEIRA, NON QUEDABA GALLINA NINGUNHA NO GALIÑEIRO
. .
.

21/8/09

O documental "MONTE DO SEIXO. A Montaña Máxica" no AVG do Consello da Cultura Galega

.
.
.
.

FICHA ARTÍSTICA

.

DIRECCIÓN: João Bieites, Rafael Quintía e Calros Solla

GUIONISTA: Calros Solla

PRODUCIÓN: Grupo de Estudos Etnográficos SERPE BICHOCA

.

FICHA TÉCNICA

.

PRODUTORA: Grupo de Estudos Etnográficos SERPE BICHOCA

SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha

TÍTULO ORIXINAL: “MONTE DO SEIXO. A Montaña Máxica”

TIPO: Documental

XÉNERO: Etnográfico e social

.

Produción propia realizada a cor

.

ANO: 2009

DURACIÓN: 125 minutos aprox.

ORIXE: Galiza

IDIOMA V. O.: Galego

.

.
Ligazón:

.
http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10348&busca=Monte%20do%20Seixo.%20A%20monta%F1a%20m%E1xica
.
.

TOPÓNIMOS da LEGUA do FRADE (monte do Seixo)

.
.
.
.
Este vello topográfico (anterior á edición de 1986), xa recolle algún dos chamadeiros do nemeton do monte do Seixo, vencellado ao relato histórico-mítico da Legua do Frade (Léase: Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas, 2009).
.
Con toda certeza, o topónimo A Porteliña fai referencia á peneda tamén denominada (A) Portalén, o portelo do Outro Mundo. O castelanizado topónimo "Marco de las Ventanas" refírese ao Marco das Ventás (relacionado co vento (lugar ventoso), non coa ventá (fiestra), aínda que compartan etimoloxía). Esta pedrafita tamén se coñece por Marco do Vento ou Marco do Seixo. Ambos os dous chamadeiros aparecen no mapa, indicados un chisco ao norte da súa localización real. O cume de 993 m de altitude correspóndese á Cruz do Seixo.
.
Obsérvese na ilustración a súa singularidade fronteiriza: o concello de Forcarei ao norte, o da Lama ao leste e o de Cotobade ao oeste. Uns centos de metros cara ao norte, deslindan os concellos de Cerdedo e Beariz. Cerdedo, Forcarei e Beariz integran a bisbarra histórica da Terra de Montes. Na altura do Marco do Vento e Portalén, converxen o camiño de Coto, o camiño da feira de Doade e o camiño real Pontevedra-Ribadavia.
.
O outeiro denominado neste topográfico "Nido do Lobo" (recanto inferior dereito), foi plenamente galeguizado na seguinte edición (Niño do Lobo) e regaleguizado na seguinte (Neno do Lobo), mais nada ten que ver nin cos fundadores de Roma nin con Ramu, aquel "neno lobo" da India.
.
.