29/12/12

CEA DE NADAL DO COLECTIVO CAPITÁN GOSENDE (Cerdedo, 2012)

.
.
.
O venres, 28 de decembro, día dos Santos Inocentes, os membros do colectivo Capitán Gosende de Cerdedo celebraron a súa tradicional cea de Nadal no restaurante O Meu Lar.
.
Tras atemperar o espírito coa axuda de gorentosos alimentos (sólidos e líquidos), pois a noite quedara fresca, fíxose balance das intervencións levadas a cabo nestes últimos meses: descuberta, limpeza e sinalización da pedra antropomorfa do Serrapio, descuberta, limpeza e sinalización do gravado rupestre da Laxa das Filloeiras (Pedre), limpeza do cruceiro do Pego (Parada), limpeza do gravado rupestre da Porta do Castro (Arén)... 
.
Fíxose, así mesmo, propósito de continuar o vindeiro ano coas actividades, en prol de valorizar o esquecido patrimonio cultural de Cerdedo. Labor calado, a pé de obra, sen estrondo, sen delirios de grandeza, mais deixando pegada.
.
O colectivo Capitán Gosende deséxalles un venturoso ano 13 a todos aqueles que acreditan nun planeta, nunha Galiza e nun Cerdedo mellores.
.
Podedes seguir as aventuras do Capitán Gosende a través da súa agra aberta en Facebook:
.
.
.
.
.
.
.
.

15/12/12

DE CANDO FUN COMISARIO (QUE NON SHERIFF) NO MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE

.
.
.
.
. 
Noite máxica en Vigo. Hoxe vin cumprido outro dos meus soños. A colección de obxectos de poder entesourada tras anos de pescuda en terras do concello de Cerdedo: amuletos, talismáns e pedras da fartura (segundo a miña clasificación) foi agasallada cunha sala de exposicións no Museo Etnográfico Liste.
.
O Museo Liste comeza unha nova andaina -agardamos que perdurábel e froitosa- e os seus conservadores (moitas grazas, Vitoria) creron acaído inaugurala facéndolle un oco á miña modesta mais substanciosa restra de "cousas boas". 
.
Custodiados até o vindeiro verán na fermosa casa pacega da rúa da Pastora, os "abelorios" esconxurarán de vez todos os nosos males (a apocalipse inclusive) e achegarannos fartura e prosperidade. Ide velos, é de balde. Ninguén dá máis por menos. 
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
. 
.
.
.

13/12/12

A COLECCIÓN DE AMULETOS, TALISMÁNS E PEDRAS DA FARTURA BÓTASE DE NOVO AOS CAMIÑOS

.
.
Querid@s amig@s:
Práceme convidarvos á reapertura e nova andaina do Museo Etnográfico LISTE (Vigo) e, asemade, á inauguración, na sección de exposicións temporais, dunha fermosa colección de amuletos, talismáns e pedras da fartura que tiven a honra de dispoñer. Se vos prouguer, o acto terá lugar no Museo Liste, o vindeiro sábado (día 15) ás 18'00 h. Entrada libre.

A ilustración corresponde a unha das pezas da colección: a chamada Cruz de santo André. A pedra é fermosa, a historia é alucinante.
.
.
http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=18171
.