31/7/12

VISITA GUIADA AO MONTE DO SEIXO (Domingo, 5 de agosto)

.
.
.
.
.
.
.
.
O vindeiro domingo, 5 de agosto, continuando co labor de denuncia e promoción do monte do Seixo, guiaremos outra excursión pola Montaña Máxica.
.
.
Punto de encontro: Praza da igrexa de Cerdedo, ás 10'30 h.
.
.
Após a camiñada, xantar en Casa Florinda (Pedre-Cerdedo).
.
.
.

29/7/12

DESCULPEN A INMODESTIA...

.
.
.

.
.
.
...mais, vou ter que ir aforrando para un chapeu de aba ancha e un látego. O chapeu non sei, agora, o látego... que ben lles virían a algúns unhas xostregadas.
.
.
.
.
.
Ligazón ao artigo do Faro de Vigo (29-7-2012):
.
.
.
.

QUEDA INAUGURADO ESTE PETROGLIFO: Acto de presentación ao público da Laxa das Filloeiras (Pedre-Cerdedo)

.
.
.
Unhas cincuenta persoas trocaron o monte pola praia.
.
.
.
.

.
.
.
.
.
.
Nesta fotografía, tirada no ano 70, o amigo Carlos Valiñas senta á esquerda do gravado rupestre dos Castelos. A foto, remitida por Valiñas, permitiu a relocalización do petróglifo, 40 anos despois. Un fillo de Carlos Valiñas ocupa o centro da instantánea. Á dereita, senta Carlos García Martínez, actual director do Museo do Pobo Galego.
.
.
.
.
A mesma foto, após 40 anos. Á esquerda, Carlos Valiñas; no centro, a nena Carmela -filla de Belén e Camilo- e, á dereita, Fernando Salgado.
.
.
.
.
Joao Bieites e Toño Vázquez (Chichichos) e Óscar Franco amenizaron o acto. Os músicos interpretaron unhas fermosas pezas ao pé da Laxa das Filloeiras, a nova descuberta de Capitán Gosende no sitio arqueolóxico dos Castelos.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Tras a andaina, opípara cea en Casa Florinda (Pedre), servida para trinta persoas.
.
.
.
.
Esta aventura non tería final feliz se non fose por un afouto e comprometido grupo de persoas, membros do colectivo Capitán Gosende e, asemade, amig@s: Pedro e Lidia (Casa Florinda), María Peón, Joseph Ghanime, Ignacio Grande, Manuel Fortes, Anxo e Hadrián Torres, Noa Rios, Xoán Paredes, Joao Bieites...   .
.
.
.
CONTINUARÁ...
.
.
.
ECOS:
.
Blog "Monte Pituco":
.
.
Faro de Vigo (30-7-2012):
.
.

.
.
. 

23/7/12

O Colectivo CAPITÁN GOSENDE de Cerdedo ofrécelle ao mundo o PETRÓGLIFO DOS CASTELOS, dende agora, tamén coñecido, por LAXA DAS FILLOEIRAS

.
.
.
.
.
.
.
O colectivo Capitan Gosende (Anxo e Hadrián Torres, Manuel Fortes, Joao Bieites e Calros Solla) accedendo ao lugar dos Castelos (monte de Pedre-Cerdedo) para efectuar o calco do petróglifo e desenvolver a primeira xornada de limpeza e balizado (18-7-2012).
.
.
.
.
Devasas abertas recentemente, e nas proximidades do sitio arqueolóxico, pola Comunidade de Montes de Pedre: o apachocamento da materia vexetal é toda unha provocación para os incendiarios.
.
.
.
.
Devasa aberta ao pé do petróglifo dos Castelos:
.
.
.
.
.
.
.
.

.
.
Principiamos o traballo:
.
.


.
.
.
.
.

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Petróglifo dos Castelos (gravado rupestre sen catalogar), redescuberto o pasado mes de marzo, tras corenta anos en paradoiro descoñecido:
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

.
.
Aspecto da zona tras dúas xornadas de traballo. A pouco de comezar a terceira xornada (22-7-2012), tiven a sorte de bater cun outro panel de gravuras, no recanto norte da laxa (parte inferior da fotografía).
.
.
.
.
44 cazoletas de tamaños diversos, a meirande acada os 23 cm de diámetro, a máis pequena, os 4 cm. O compañeiro Pedro Peón advertiu a súa semellanza coa pedra de facer as filloas. Por unanimidade, decidimos bautizar o novo achado co nome de "Laxa das Filloeiras".
.
.
.
.
Non contamos con moitos medios, mais a devoción pola nosa cultura milenaria arreponse ao desánimo e arela contrarrestar os feitíos de alcaldes arboricidas:
.
.
.
.
.
.
.
Síntome orgulloso de pertencer a Capitán Gosende, un colectivo novo, humilde, mais con ganas de traballar desinteresadamente en prol do noso país. Na fotografía: María e Pedro Peón, Joseph Ghanime, Anxo Torres, Manuel Fortes e Calros Solla.
.
.
.
.
Estatutos do Capitán Gosende: 1º artigo (e único): Tras cada xornada de traballo, cómpre sempre unha merecida papadela. A cea correu por conta de Casa Florinda (Turismo rural-Pedre) http://florindarural.blogspot.com.es/. Na fotografía acompáñanos Xoán Paredes, outro membro do colectivo.
.
.
.
.
.

15/7/12

A RICA HERDANZA DOS CAMIÑA DE CERDEDO

.
.
.
.
.
Escalinata de San Martiño Pinario (Compostela), 
obra do arquitecto cerdedense frei Plácido Camiña.
.
.
.
Ligazón ao artigo de Faro de Vigo (15-7-2012):
.
.
.
.

11/7/12

NON Á CORTA DISCRECIONAL DE CARBALLOS EN CERDEDO

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Tras o pan noso de cada día, boto unha soneca no chesslong, mentres os esforzados ciclistas (algúns, máis esforzados ca outros) coroan os cimeiros de la France. Recoñezo que, de cando en cando, no meu entresoño, dáseme por abrir un ollo, non tanto para recrearme con fugas, abanos ou demarraxes, senón para gozar da primorosa paisaxe da Galia. Manteño a mirada e por parte ningunha albisco os efectos da paranoia arboricida que devasta hogano o concello de Cerdedo.
É cuestión irrefutábel que os franceses empregan o Tour para presumir de país, e fan ben, é lexítimo gabarse dos réditos dunha asisada xestión dos valores naturais e culturais; é edificante promover o turismo deste xeito. Pola nosa banda, todo o que soe a cultura propia, todo o que nos identifique como pobo, todo o que valla para encher de orgullo o noso peito haberá de supeditarse sen remedio á cutre ditadura do “gol de Iniesta”. Sexamos realistas, raia na esquizofrenia promocionar Cerdedo como paraíso terreal e, ao mesmo tempo, cismar en arrasalo coa motoserra.
O carballo (Quercus robur L.) é un espécime arbóreo caducifolio característico do clima atlántico. É unha árbore de porte maxestoso e ampla copa que pode atinxir séculos de vida. O carballo é a árbore por excelencia da Galiza, un dos símbolos nacionais; innúmeros lugares e entidades de poboación foron bautizados co seu nome: Carballo, Carballedo, O Carballiño...
É costume entre os galegos marcar os carballos, aseñorármonos deles riscando cunha gubia na súa codia o signo propietario, o sinal da casa. Eu mesmo refresquei, xacando, as nosas marcas nos carballos da carballeira de Meilide, mais, a lonxevidade da árbore sempre me fixo pensar que non somos nós os que posuímos o carballo, senón que é o carballo quen nos posúe a nós. A demouca dos carballos, feita con sentidiño, pode seguir fornecendo de leña os nosos lares.
Etimoloxicamente, a palabra carballo deriva da raíz celta “kar-” que levaría a definilo como “planta rexa que medra entre as pedras”. O froito do carballo é a landra, lambonada de xabaríns. A maiores, para se protexer dos insectos parasitos, a árbore desenvolve nas pólas unhas excrecencias arredondadas: os bugallos e os carrabouxos, antigo enredo de crianzas.
A importancia ecolóxica do carballo é transcendental. Centos de vertebrados e invertebrados sobreviven grazas á súa venturosa presenza: penso nas vetustas vacalouras, en perigo de extinción. O carballo foi a árbore sagrada dos devanceiros celtas e segue sendo sagra para os contemporáneos. Os antigos cultos e ritualidades vencellados aos carballos foron cristianizados pola Igrexa, véndose incapaz de erradicalos. Moitos son os templos construídos ao pé dun carballo selleiro ou no seo dunha carballeira.
Finalmente, o carballo é unha planta pirófuga, é dicir, un vexetal que torna o lume. As carballeiras constitúen unha eficacísima barreira natural que dificulta o avance das lapas. Pola contra, os subvencionados plantíos de eucalipto o denominado “deserto verde” son a causa dos pavorosos incendios que, sen medios de prevención e extinción efectivos, acaban levando por diante, dolorosamente, a biodiversidade, as nosas pertenzas e, así mesmo, vidas humanas. Para os de Cerdedo, estas explicacións deberan ser abondas. 
Cómprenos, polo noso ben, que impere a cordura no Concello de Cerdedo. A infalibilidade non é unha calidade inherente ao servidor público. Por moi alta consideración que un teña de si mesmo, o erro sempre rolda a porta de quen administra o que é de todos. Esa é a razón pola que, en democracia, o labor de oposición é tan relevante coma o labor de goberno e, mormente, cando, como no caso de Cerdedo, as endeusadoras maiorías absolutas impiden escoitar o pobo que apenas se pronuncia por medo ás represalias.
É evidente que a sentenza de morte asinada para os carballos de Cerdedo non responde ao fidel cumprimento da incumpríbel Lei 3/2007, senón a un censurábel afán recadatorio, desesperada medida argallada por un Concello que, segundo consta, non ten para mandar tocar un cego. A crise estase configurando como xuíz insubornábel.
Din as malas linguas que o emperador Nerón, absorto na contemplación do incendio de Roma, canturraba o poema “O saqueo de Troia”. Xa antes, Calígula nomeara cónsul o seu cabalo. Os carballos non teñen culpa.
.
.
 Calros Solla 
(colectivo Capitán Gosende)
.
.
Ligazón ao artigo en Faro de Vigo (11-7-2012):
.
.
.
.