27/6/09

ALBÍZARAS!: Bernardino Graña nomeado académico da lingua

.
.

.
ODA AO BERNARDINO DE CANGAS
.
Amais do vento e as cachoeiras tamén nos roubaron
a república do mar.
Na academia dos mariños: arroases, bocareos, sentolos e
sentolas, chinchos, dentudos, escarapotes, fodóns, ghalos e ghaliñas,
hipocampos, iscas, lapas peghadisas, melghachos,
nécoras fransesas, ourisos ou peludos, palometas, quenllas,
robalisas, santiaghiños; mesmo tartarughas, umbrelas, vellos,
xardas e samburiñas..., entre outros,
o home da barba senta
no “P” maiúsculo do patrucio.
.
Amais do cantil e as areeiras tamén nos roubaron
a república do mar.
Na asemblea dos voadores: araos, biluricos, corvos mariños,
escribentas e flaminghos, ghaivotas e ghaivotóns, liorteiros, masaricos,
neghróns; mesmo ostreiros, pardelas sinsentas,
rascóns e somorghullos..., entre outros,
o home dos anteollos senta
no “P” maiúsculo do poeta.
.
Amais do esteiro e os baixíos tamén nos roubaron
a república do mar.
No parlamento dos terreiros: albitornos, bughallóns, camariñas,
chuchameles, espadanas e fionllos, gharrouchas, herbas de namorar,
leitarughas, mentrastes, nosas, ollos de boi, papoulas, queirughas,
rudas e seoanes; mesmo trobiscos, uvas do can,
verdellos e xunqueiras..., entre outros,
o home do poncho senta
no “P” maiúsculo do profeta.
..
Xinete das baleas, meu pesco,
verso fresco traes, vén saltando nas patelas:
.
proa, ribadeo, fos, salabardo, bourel, lancha do xeito,
ballouco, burela, seleiro, poutada, traíña, secadeiro,
cabo, viveiro, ortigheira, buseta, xareta, masacote,
barlovento, cariño, sedeira, risón, cardume, rapeta,
batea, ferrol, ares, pontedeume, quiñón, serco real,
bolo, sada, coruña, caión, tralla, xávegha, boliche,
brasa, malpica, corme, cope, tarrafa, tasca mariñeira,
calma, laxe, camelle, peirao, trasmallo, caldeirada,
caiúco, camariñas, muxía, corcubión, chapapote,
escota, pandullo, bote, gharabeta, liña, meio mundo,
chicote, fisterra, see, racú, temón, ansol, chalana,
cho, carnota, muros, noia, volanta, áncora, ghamela,
lanse, portosín e son, esparavel, palanghre, ardora,
vaca, aghiño, ribeira, pobra, estrobo, embalo, dorna,
vergha, bita, morto, leme, chumbo e cortisa,
redeira, boiro, rianxo, vilagharsía, espulleira,
corricán, vilanova, cambados, raño, angharello, trabuquete,
nasa, ghrove, portonovo, sanxenxo, milla, escabeche,
anghaso, combarro, a boa vila, marín, arpeu, rasqueta,
norai, bueu, aldán, canghas, dinito, mera, tolete,
salasón, vigho, panxón, lonxa, baiona, peixe, a ghuarda e popa...;
pra que anden ghordos todos os nenos.

Amais do herdo e a honra, o pote do caldo i a manta da cama,
tamén nos roubaron a república do mar.
.
Espile, océana. Dacabalando os carrís da maré,
a peixespada, serra e martelo, escorda os marcos da cobiza.
Arreponte, mar de bronce, gholpe de mar,
okupa o usurpado a malas artes.
Sírvete dos que a ti acoden coma horta e bálsamo. Válete
dos cociñados no teu prebe, á túa imaxe e singradura,
reencárnate, outra volta, no teu máis feito capitán:
á sombra e amor do Bernardino, o fillo do mestre, o mestre,
o polisón, o marabunto, o home que quixo vivir, o afiador,
o lisensiado Ghraña, o raposo do Morraso, o vello vedoiro,
o irmán maior, oh caro persebeiro!...;
nácara e arghaso coma ti, marusía rolando a forte marusía
pailebote branco, bruxo, druída e bardo da aldea peláxica,
e teima, e recunca, e acorda, e trasacorda,
de cabo de Home e punta do Cabalo de Fóra...;
coma ti, de augha e lúa até as orellas.
.
Aliás, voghar-sear espido cara ao redomuíño, vou á valgha,
pois nesas estou mentres a vós poño rumbo, vou nun bou,
burro completo, fartiño de comer ouro, pasmado ante todo,
aboio, respiro, latexo, mentres furgo nos pecios que abandonei
e malvivo prostituíndo as sereas de pescanova.
Mil voltas máis, torreiro, guieiro amigo, xa case vexo Vigho,
xa case, Canghas, xa safo... Hoxe, se quixeren as luces do ceo,
durmirei pé en terra e heime soñar larghando o aparello
na túa xenerosa pesqueira, fasendo maghiñas, para mañá
ter compango que levar á boca.
.
Poema incluído en Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007)
.

FOLIADA de BARRO DE ARÉN (Gaiteiros de Soutelo)

.
.

.

.

Viva Barro, viva Barro,
viva Barriño de Arén(e);
viva Barro, viva Barro,
viva Meilide tamén(e).

Moreniña por morena
téñoche o ollo botado,
has de ser miña muller(e)
ou non hei de ser casado.

Miña monteira garrida,
miña monteira garrida
moito me tes encuberto
alá por soutelo arriba.

Os solteiros valen ouro,
os casados valen prata,
os viúvos calderilla
e os vellos folla de lata.
..
.
>>>.
Máis información:
.
.

26/6/09

PEROLAS DE POLBO A FERVER

.
..
.

A pulsión escritora pódese adscribir, no meu caso, á categoría das necesidades fisiolóxicas. É dicir, unha urxencia da mesma caste que a fame ou a sede, e mesmo, sen pretender raiar na escatoloxía, unha urxencia identificábel con calquera sorte de evacuación.
.
Degoro escribir e, abofé, prodígome no vicio, malia que non todo o que se escribe sexa merecente de atinxir o papel impreso. De calquera xeito, o labor da escrita impide que outros demos okupen o predio da miña consciencia.
.
As motivacións dun pódense clasificar tamén en pulsións de oficio e mais en arroutadas. As motivacións de oficio apazugan as tripas do cerebro e, asemade, reconcílianme coa tribo. Procurando un exemplo na natureza, acaeríanos o cadencioso periplo do tornasol, a flor que de xeito cotiá persegue a estrela na súa viaxe polo ceo.
.
As arroutadas cumpren unha función análxesica, é dicir, análoga á da metadona ou á do licor-café. Voltando á natureza, a zuna do congro por trabar a man de quen o pescou ou por chimpar da ghamela exemplificarían á perfección estoutras motivacións.
.
Concretando o asunto na miña bibliografía, direi que o que me empurrou a escribir o “Inventario xeral da freguesía de Cerdedo” (de 2002), o “Monte do Seixo” (de 2008) ou os “Inmateriais do río dos Gafos” (de 2009) vencéllase, como galego que son, coa miña obriga de revelar e enxalzar o noso acervo. Porén, o que propiciou a escrita do “Cerdedo in the Voyager I” (de 2004), o “Libro de reclamacións” (de 2005) ou o “Pan prós crocodilos” (de 2009) é a certeza, entre outras, de que Galiza aínda non safou das cadeas do colonialismo.
.
Ao meu entender, o país é feracísimo en creadores e creativos (poetas, ensaístas, pintores, músicos…), cantidade e calidade, mais, bardante os galeguistas que acadaron o Estatuto do 36, a nosa terra non deu outra cousa que políticos perralleiros, que nin souberon nin saben xestionar a nosa diferenza, e así nos vai.
.

Pontevedra, 25 de xuño de 2009

..

URBANO LUGRÍS (1908-1973)

.
.

.
>>>
Ilustración: Lenda mariña (1946).

Máis información:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Urbano_Lugr%C3%ADs_Gonz%C3%A1lez

..

"O MEU PAÍS" de Xoán M. Casado (interpretada por Luar na Lubre)

..
..
O meu país
é verde e neboento
é saudoso e antergo,
é unha xente e un chan.
.
O meu país,
labrego e mariñeiro,
é un recuncho sen tempo
que dorme nugallán.
.
Que quece na lareira,
aló nas carballeiras,
bota a rir.
É unha folla no vento,
alento e desalento,
o meu país.
.
O meu país,
tecendo a súa historia,
muiñeira e corredoira,
acocha a súa verdá.
.
O meu país
saúda o mar aberto,
escoita o barlovento
e ponse a camiñar.
.
Cara á metas sen nome
van ringleiras de homes
e sen fin.
Tristes eidos de algures,
vieiros pra ningures,
o meu país.
.
O meu país,
nas noites de invernía,
debuxa a súa agonía
nun vello e nun rapaz.
.
O meu país
de lenda e maruxías
agarda novos días,
marchando de vagar.
.
Polas corgas e herdanzas
nasce e morre unha espranza,
no porvir.
É unha folla no vento,
alento e desalento,
o meu país.
..
.
>>>

25/6/09

TESTEMUÑO DO HOME QUE CATIVOU UNHA SEREA

.
..
>>>
Fotografía: Tonhito de Poi cos 100 kg de pura mitoloxía (16 de maio de 2009).
.
.

24/6/09

TEMPLOS DO SOL - CHÃS - FOZ CÔA

.
.
No veciño e admirado Portugal (territorio da vella Gallaecia) achamos un fermoso exemplo de amor e abraio pola Terra, pola paisaxe, polo patrimonio. Ende mal, o tesouro natural e cultural da Galiza esmorece sen remisión nas mans dun fato de babecos, adoecidos mercenarios, upados por unha maioría indolente que cala e outorga. Unha e mil veces, SALVEMOS O SEIXO!!:
.
.
.
.
.

..
..
. .
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Visítense:
.

CONTRA A OCUPACIÓN MILITAR DE SALCEDO

.
..
O EMBIGO DO BECHO reproduce o texto do comunicado da asociación Vaipolorío en favor da causa dos veciños de Salcedo:


COMUNICADO DE APOIO OS VECIÑOS DE SALCEDO
.
Dende a asociación Vaipolorío queremos facer público o noso apoio á marcha convocada polos veciños de Salcedo para o vindeiro día 28 de xuño en contra das faixas de seguridade da Brilat.
Coidamos que a imposición destas faixas de seguridade e as obras que se están a producir no monte comunal de San Martiño de Salcedo, ocupado polo exército, non só son un grave atentado contra as liberdades, os dereitos e as propiedades dos veciños afectados e o uso veciñal do monte en man común senón que tamén supoñen un grave perigo para o medio ambiente da zona afectada, para o desenvolvemento sostible do monte e para os plans de recuperación de frondosas que se queren pór en marcha. As obras de ampliación dos campos de adestramento están a alterar os leitos naturais das augas pluviais, dos mananciais e dos regatos, o que prexudica a fauna, a flora e o equilibrio natural dos ríos dos que bebe o río dos Gafos. Ademais da perigosidade e dos prexuízos ecolóxicos que producirán as prácticas de combate que alí se leven a cabo.
O establecemento da faixa lonxana de seguridade, que abrangue case a totalidade do curso do río dos Gafos, chegando incluso á zona urbana de Pontevedra e Marín, pon en serio perigo a recuperación e a conservación de toda esta contorna de grande interese natural e patrimonial.
.
Por todo isto, dende Vaipolorío convidamos a cidadanía de Pontevedra a sumarse a esta marcha contra as faixas de seguridade, contra a destrución do medio ambiente e do patrimonio cultural e polo ben da xustiza, a democracia e a liberdade.

..
..

22/6/09

Confraría da MONTAÑA MÁXICA (valedores do MONTE do SEIXO):

MÓNICA GARCÍA (profesora e restauradora)
.
Ilustradora dos libros: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005), Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica (2007) e Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008).
.
>>>
.
XOSÉ OTERO ESPASANDÍN (mestre e escritor)
.
>>>
.
HÉITOR MERA (profesor e crítico literario)
.
>>>
.
DAVIDE A. SOLLA (todoterreo)
.
>>>
.
PABLO PÉREZ "O Gaiteiro Feiticeiro" (músico)
.
>>>
.
X. L. SANTOS CABANAS (poeta)
.
>>>
.
MANUEL FORTES (ecoloxista)
.
>>>
.
MANUELA de BARRO e XOSÉ da FONTE ("Pandeireteiras de Barro de Arén")
.
>>>
.
FERNANDO SALGADO (xornalista)
.
>>>
..
TONHITO DE POI (músico e actor)
.
>>>
.
AVELINO CACHAFEIRO "O Gaiteiro de Soutelo"
.
>>>
.
DIONÍSIO PEREIRA (historiador)
.
>>>. . .
.
FRANCISCO SUTIL (pintor) . .
.
Ilustrador dos libros: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005), Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica (2007) e Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008). . .
.
>>>
...
ANDRÉ PENA (arqueólogo)
.
>>> .
.
JOãO BIEITES (profesor, músico...) .
.
Ilustrador dos libros: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005), Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica (2007) e Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008). .
.
>>> . .
.
MANUEL GAGO (historiador)
.
Léase a reseña: Monte do Seixo. Un libro sobre as xeografías míticas da Terra de Montes en...
.
.
>>>
.
ANTONIO REIGOSA (mitólogo, escritor...)
.
Procúrese: Monte do Seixo en...
.
http://www.galiciaencantada.com/
.
>>>
.
RAFA QUINTÍA (antropólogo) .
.
Léase o artigo: Monte do Seixo. A Montaña Máxica en...
.
http://asombradebouzapanda.wordpress.com/ .
.
>>>

ELVIRA RIVEIRO (poeta)

Léase:
.
http://www.redesescarlata.org/index.php?art=13
....

21/6/09

A RAPA DAS BESTAS (Sabucedo): Tesouro do Patrimonio Cultural Inmaterial

.
. .
..
.
.
.

.
.
.
.

.
.
Fotos: Xoan Carlos Asorey

.
Clíquese para apoiar a candidatura da Rapa das Bestas:
.
.
.