26/6/09

"O MEU PAÍS" de Xoán M. Casado (interpretada por Luar na Lubre)

..
..
O meu país
é verde e neboento
é saudoso e antergo,
é unha xente e un chan.
.
O meu país,
labrego e mariñeiro,
é un recuncho sen tempo
que dorme nugallán.
.
Que quece na lareira,
aló nas carballeiras,
bota a rir.
É unha folla no vento,
alento e desalento,
o meu país.
.
O meu país,
tecendo a súa historia,
muiñeira e corredoira,
acocha a súa verdá.
.
O meu país
saúda o mar aberto,
escoita o barlovento
e ponse a camiñar.
.
Cara á metas sen nome
van ringleiras de homes
e sen fin.
Tristes eidos de algures,
vieiros pra ningures,
o meu país.
.
O meu país,
nas noites de invernía,
debuxa a súa agonía
nun vello e nun rapaz.
.
O meu país
de lenda e maruxías
agarda novos días,
marchando de vagar.
.
Polas corgas e herdanzas
nasce e morre unha espranza,
no porvir.
É unha folla no vento,
alento e desalento,
o meu país.
..
.
>>>

No hay comentarios: