.
.
.
Dediquei a calorosa xornada de onte á procura de mámoas nas freguesías de Figueiroa e Tomonde (concello de Cerdedo). O censo do patrimonio arqueolóxico do concello, como tantas outras cousas nesa terriña, está por facer; outras xa están desfeitas.
.
No monte de Loureiro (Figueiroa) localízase a necrópole megalítica do Campo dos Cans: No Campo dos Cans hai oito medorras; a do medio gharda as outras todas. É unha mágoa que as mámoas ou os petroglifos non se poidan comer. De se poderen servir aceitados e salpementados en prato de madeira, seríache outro conto.
.
Tras a frutífera pescuda, xa na aldea de Tomonde, chamou a miña atención outro can. Retrateino no intre en que, abafado polo calmizo, puña a súa pelica a remollo. Aínda que o animal soubese falar, sobran as palabras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario