20/8/09

MONTE DO SEIXO: Acondicionamento do Roteiro da MONTAÑA MÁXICA (Actuación I)

.
.
No Itinerario 1 (Chan de Mamas>ermida da Santa Mariña) do denominado Roteiro da Montaña Máxica (Consúltese: Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas, 2008), cómpre abrir, mediante roza, un camiño de pés dende as proximidades da Cruz do Seixo (na fotografía: risco superior) até Portalén (na fotografía: risco inferior) duns 270 m de lonxitude. A dita senda permitirá un achegamento frontal á peneda de Portalén, sobranceando a súa connatural maxestosidade.
.
Este proxecto será factíbel sempre e cando, as leis que permitiron a apertura das pistas, os movementos de terras, os explosivos etc. para a instalación do parque eólico, permitan agora rozar uns feixes de toxo, pois, lembremos, o monte do Seixo forma parte da Rede Natura.
.
Coordenadas de Portalén, concello da Lama (tiradas do SIXPAC):
.
Latitude: 42º 28' 27.58" N
Lonxitude: 8º 22' 54.13" W
.
.
.
.

No hay comentarios: