.
.
.
.
.
.
.
Os amigos de Vaipolorío devolvéronlle o alento a un Gafos esmorecente e agora cangan coa obriga perdurábel de manter viva a troita do seu xorne. Sete anos despois e miles de quilos de inmundicia retirada do seu leito fixeron posíbel o restablecemento dunha mancada anatomía. A benéfica asociación concedeulle ao río unha nova oportunidade e asemade nola concederon a todos nós. Cómpre non baixar a garda, cómpre non colgar aínda as botas de goma, xa que un negro nuboeiro de ferro e formigón se bosquexa no horizonte. Así como o voo dos cabaliños do demo dan testemuño da salubridade fluvial, o rebulir de colectivos como Vaipolorío testemuñan a boa saúde da sociedade, impeléndonos a erguer a vista do embigo e a maxinar que aínda hai esperanza.
.
Texto extraído de: Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos, 2009
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario