8/8/09

ESPECTACULAR ACHADO EN CERPONZÓNS (Pontevedra)

.
.
.
.
.
.
.
.
Foivos unha sensación semellante a cando, hai anos, escoitei de boca daqueles vellos de Detrás do Monte as saborosas noticias sobre o pasado mítico de Portalén e o Marco do Vento, no monte do Seixo, as cales viñan confirmar que estaba perante un lugar sagrado: ese arrepuíño agudo da peluxe dos brazos. Antonte, un coñecido abordoume da seguinte maneira: Oe, quero que vexas unha pedra que chantei no xardín da miña casa. Atopeina cando ancheaba a rampla de entrada á finca. Fixen con ela unha escultura. Como sei que andas metido niso das antighüídades... Acordamos unha hora e alá fun.
.
Grande foi a miña sorpresa! Á sombra dun piñeiro, erguíase o impoñente chantón. Estamos falando dunha pedrafita que, en orixe, debeu ter preto de 3 m de alto, 1'50 m de ancho e 80 cm de fondo. Como ben se aprecia na fotografía, este meu home, canteiro de afección, aproveitou unha das faces para honrar a memoria do seu sogro, mais, por fortuna, deixou intacta a outra a cal loce unha colosal serpe que a percorre de arriba a abaixo. A cabeza arredondada do réptil ficou cuberta polo cachote de apoio. Bauticei o achado co nome de pedrafita do monte Curuto, pois así é como se denomina a lomba montesía onde estaba soterrada, na parroquia de Cerponzóns (Pontevedra).
.
A gravura ofiolátrica axudaría a explicar o topónimo Cerponzóns -no antigo, Serpentiones-, xa non como un lugar inzado de cobras, senón caracterizado pola presenza de pétreos serpentiformes.
.
O achado localízase a escasos mil metros da cimeira do dito monte Curuto, onde recollín testemuño da existencia de dúas minas, unha de ouro e outra de veleno.
.
.

2 comentarios:

Cerponzóns dijo...

Moi interesante o descubrimento que fixen da miña parroquia Cerponzón grazas a este blog.

Falas dunha mina antiga de Berilo, da que xa atopei algo máis publicado, pero gustaríame saber máis sobre a que mencionas da de ouro, así como se coñeces algún descubrimento máis no mismo sitio. Estou a comenzar un blog dando a coñecer Cerponzóns, pero cóstame un pouco documentarme, son unha mera aficionada. Grazas por anticipado e parabéns polo teu traballo.

Unknown dijo...

Sempre escoitei isa historia das minas decían que os moros a fiseran Unha tiña ouro e otra veneno. Tamen de soutelo que antiguamente lle chamában o monte do ouro non sei se se refería a que as minas andaban por Ali ou non sei por que o bellos lle cambiarle o nome. Creo que era o único que lle contarán esa hitoria pero beso que algu máis a sabe. Teño entendido que xa pasou por muitas generacions . Acabará perdendose por qué e Unha historia máis que contabache de pequeno. Pero máis dun vello de cerponzons ainda a coñeze e outros te dirán era Unha historia máis. Xa pocos asabran. un saludo espero que che valga de algo.