7/8/09

EMPANADA GALEGA

.
..
.
.
.
Lin no xornal El País do día 4 de agosto un artigo de opinión no que o autor se preguntaba por que a empanada galega non acadara a universalidade, calidade que si atinxira a pizza. Eu, na miña modestísima opinión, coido que é porque os apoloxetas da tal masada italiana, arquetipo do fast food ou comida lixo, xuntan a fame coas ghanas de comer.
.
Empanada de zorza, empanada de raxo con xamón e pementos de Padrón, empanada de roxóns, empanada de bonito, empanada de bacallao con pasas (a máis gustante), empanada de xoubas, empanada de mexillóns, empanada de zamburiñas (a especialidade da miña avoa), empanada de polbo, empanada de chocos, empanada de berberechos... Onte fun cear a Combarro, e non hai Colgate no mundo que frustre o meu gozo. Bo proveito!!
.
Ah, esquecíame dicirvos que se arranxades a empanada no forno da cociña de ferro, podedes acender o lume coas follas da revista Forbes.
.
.
Máis información:
.
http://empanadagallega.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&pubid=979757027793&c=Page&cid=981646099765
.
.

1 comentario:

camilorenzo dijo...

Acabo de mandarlle un anaco de empanada de polbo, que fixo miña nai, e coido que vou ter que repetir porque esta "entradiña" xa me deu fame outra vez.

Bo proveito.