9/7/09

XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA

.
. .
.
XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA, Bieito Romero (2009).
.
.
Publicado neste mes de xuño pola Editorial Ir Indo, Xeometrías Máxicas de Galicia fai un percorrido polas diferentes simboloxías que poboan a xeografía galega. Desde a época castrexa ata os nosos días.
Un traballo etnográfico onde se amosa unha parte da nosa grande riqueza patrimonial agochada no decorrer dos séculos. En moitos casos descoñecida, noutros esquecida, e que está a piques de esmorecer polo abandono e deterioro provocado polo paso do tempo e pola falla de atención.
.
Esta selección de 440 fotografías realizadas ao longo de 10 anos, e recollidas nun libro coidado ata o último detalle, cunha calidade plástica exquisita, presentan unha recompilación única no seu xénero que, vista no seu conxunto, sorprende o lector e anímao a redescubrir Galicia.
.
.
Prema na ligazón para o visionado dunha escolma de Xeometrías:
.
.
.

No hay comentarios: