1/7/09

Presentación do libro "MONTE DO SEIXO. O santuario perdido dos celtas" en MOS (venres 10, ás 20'00 h)

.
. .
.
Desta volta, o circo do monte do Seixo erguerá a súa carpa no concello de Mos, grazas ao amigábel entusiasmo e mediación do meu compañeiro na angueira docente Camilo González, confrade da Montaña Máxica:
.
.
O acto terá lugar o venres, 10 de xullo, ás 20'00 h no salón de actos do pazo dos marqueses de Mos.

Aproveitarase a oportunidade para, more maiorum, acenderlle unha candea a Deus e outra ao demo.
.
>>>
Fotografía: Panorámica da ría de Pontevedra dende o Outeiro do Coto (monte do Seixo).
.
.
Máis información:
..
.

2 comentarios:

camilorenzo dijo...

Vouche poñer ben o enlace sinón vas a mandar á xente a ler sobre os Pixies, ou vai ti a saber.

enlace: http://tomarrolloblog.wordpress.com/2009/06/25/a-maxia-do-monte-do-seixo-achegase-a-mos/

camilorenzo dijo...

Esquecín dicir antes que me sinto orgulloso de ser bendicido co nomeamento de confrade do Monte do Seixo por don Calros Solla, sabio e egrexio chamán da tribo da Montaña Máxica. Prometo honrar e protexer todo o patrimonio cultural e ecolóxico que arrodea ao Seixo, así como loitar contra todos aqueles que ousen atentar contra el ou calquera dos seus tesouros. AMÉN.