13/7/09

MANUEL MARÍA (1929-2004), Poeta Nacional

.
. .
.
GALICIA
.
.

Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!
.
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
.
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
.
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
.
Galicia somos nós:
a xente e maila fala!
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
.
>>>
Para estes sentidos versos de Manuel María (Os soños na gaiola, 1968) non vos hai mellor compango que ver e escoitar a Os Carunchos interpretando ao seu xeito a letra e o espírito do poema (tema incluído no seu ultimo disco, intitulado En galego):
.
.
..
.
.

No hay comentarios: