7/7/09

UN de SALCEDAS DE CASELAS que remontou o delta do Mekong...

.
. .
.
.
.
.
.
Ramón Xerardo Antonio Estévez (Martin Sheen) naceu en Dayton (Ohio) en 1940, e é fillo de pai galego, Francisco Estévez (nado en Salceda de Caselas, Galiza), e nai irlandesa, Mary Anne Phelan (nacida no Condado de Tipperary).
.
Apocalypse Now (en galego, Apocalipse agora) é un filme bélico dirixido por Francis Ford Coppola en 1979. O guión está baseado n'O corazón das tebras (Heart of darkness), unha novela de Joseph Conrad ambientada na África de finais do s. XIX, aínda que trasladando a acción á invasión estadounidense do Vietnam. Gañou dous Oscar: á mellor fotografía e ao mellor son; e obtivo seis candidaturas: ao mellor director, á mellor película, ao mellor actor de reparto (Robert Duvall), ao mellor guión adaptado, á mellor dirección artística e á mellor montaxe. Tamén foi merecente da Palma de Ouro do Festival de Cannes dese ano.
.
(Información tirada da Wikipedia)
.
.

1 comentario:

camilorenzo dijo...

En concreto da parroquia de Parderrubias. Pai de Charlie Sheen e de Emilio Estévez.
Moi bo actor, grandísima película e excepcional banda sonora. Ou non?