5/7/09

MISTERIOS DO MONTE DO SEIXO

.
. .
.
No verán de 2000, ocupado no estudo do patrimonio material e inmaterial do monte do Seixo (Pontevedra), atopei preto da chancela da Santa Mariña un cachote granítico (32 x 21 cm aprox.) no que se gravaran -segundo a miña primeira interpretación- as feituras dunha cobra enrodelada.
A pedra de gra recuperouse dunha morea de entullo, produto das obras de construción do parque eólico.
Tras someter o achado á análise de ollos expertos, abriuse todo un abano de posibilidades. Cecais, esteamos fronte a un fragmento esgazado dun altar dedicado aos lares viales, divindades precristiás valedoras dos camiñantes. Cecais, sexa o deus Hermes o motivo da representación.
.
.
.
.
Na imaxe superior (tirada do SIXPAC), a sombra proxectada polo aeroxerador indica con precisión o lugar exacto do achádego e asemade a orientación oeste. O tellado que se dexerga á esquerda pertence á ermida da Santa Mariña. Cara ao leste do templo, aínda é visíbel o trazado do camiño real Pontevedra-Ribadavia.
.
.

No hay comentarios: