16/7/09

ORTEGAL: O embigo de Panxea

.
..
.
.
.
..

.

.
.

.
.

.
.
Cabo Ortegal (Cariño-A Coruña): Farallóns milenarios, Ortegal é un complexo xeolóxico de interese internacional. O granito negro é a rocha sobranceira desta contorna, xa que as pedras que aquí se atopan son as máis antigas do planeta. Este granito formouse baixo a superficie terrestre, a partir do magma, hai aproximadamente 1.160 millóns de anos, é dicir, antes da chamada "explosión da biodiversidade" na Terra.
.
Naquela época, o planeta era un lugar inhóspito. Só existían seres vivos unicelulares, a atmosfera era pobre en osíxeno e o sol, un 10% menos brillante.
.
Estas rochas permaneceron a grande profundidade até que agromaron cando os continentes se dividiron. Denantes de regañar, as masas continentais estaban agrupadas nunha soa, denominada PANXEA. A deriva provocou neste punto a emersión dun cantil de máis de 600 m de altura.
.
Galiza, Polonia, Terranova e Australia, hoxe tan afastadas, localizáronse, xacando, no centro do mundo primixenio.

(Adaptado da Wikipedia)
.
Máis información:

No hay comentarios: