.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
25/9/19
29/5/19
Biblioteca OTERO ESPASANDÍN: O que Cerdedo lle ensinou ao mundo.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Xosé R. Otero Espasandín
(Castro, Cerdedo 1900-1987)
..
.
.
.
Caricatura de Ana Santiso
..
.
.
1941
..
.
.
.
.
.
.
1942
..
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
1943
..
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
1944
..
.
.
1945
..
.
.
.
.
.
.
.
.
1946
..
.
[Pseudónimo]
..
.
[Pseudónimo]
..
.
.
1947
..
.
.
1948
..
.
.
1950
..
.
.
1984
..
.
.
2006 (Edición de María Cuquejo)
..
.
.
.
.
Debuxo de Attilio Rossi
..
.
Debuxo de Luís Seoane
..
.
25/5/19
A GRAN MORTALDADE (Calros Solla, Edicións MORGANTE, 2019)
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Entrevista con Calros Solla, autor do libro A gran mortaldade (Ed. Morgante, 2019)
No
libro denomínase “gran mortaldade” o que outros nomean “sangría demográfica”.
O escritor Calros Solla vén de
publicar en Edicións Morgante A gran
mortaldade, un conxunto de dezaseis relatos e un micropoemario co que se
estrea no eido da narrativa de ficción.
En opinión do autor, o libro pode
administrarse como menciña para soportar o trauma da decadencia e desaparición
de Cerdedo. Segundo Armando Requeixo, mesturando
feitos e personaxes reais cunha imaxinación prodixiosa, Solla debuxa un mapa
sociolóxico e identitario no que a evidencia do fracaso e a esperanza da
resistencia son os ingredientes principais dun cóctel literario servido con
grandes doses do máis ácido humor (Diario Cultural-Radio Galega, 26-3-2019).
A gran mortaldade integra, canda outros dezaoito volumes, a colección
Cerdedo in the Voyager, un proxecto editorial de características únicas que
converteu Cerdedo en selleira paisaxe literaria e nun dos territorios mellor
estudados dende o punto de vista histórico e etnográfico. O libro será
presentado proximamente na Estrada, Cerdedo, Pontevedra e Vigo. A súa lectura
suscitounos as seguintes preguntas:
A gran mortaldade é a súa primeira
aposta pola narrativa, que supuxo para vostede enfrontarse a un xénero
literario inexplorado?
Certamente, cada xénero literario ten
o seu código de expresión. Enfrontei a angueira da narración co mesmo
entusiasmo co que enfronto a miña afección pola exploración e a descuberta. Non
obstante, n’A gran mortaldade tamén son
evidentes as concesións ás disciplinas poética e ensaística. Tiña moi claro o
que quería transmitir en cada relato, mais procurei non coartar a súa canle de
expresión; deixei que, capítulo a capítulo, a mensaxe hibridase ou se acomodase
ao leito que, insospeitadamente, escolleu para discorrer.
O
libro desprende un ton apocalíptico, cales foron as súas motivacións?
Entre os personaxes históricos e
lendarios que o pobo de Cerdedo lle legou á galeguidade, a figura do Tecelán de Carballás é unha das que mais
éxito colleitou. Integrado no aparato mitolóxico do monte do Seixo, o Tecelán vaticinou a fin dos tempos, a
fin do mundo, e da súa atinada clarividencia valémonos para facer de fío condutor
(v.g.: “Os tres misterios da Moura”). Ben interpretado o prognóstico, as
“cuartetas” do vedoiro de Carballás adiantaban a desaparición dunha forma de
vida, dunha maneira de estar no mundo, de interaccionar coa natureza. Por
desgraza, a profecía cumpriuse. O modelo de globalización imposto polos poderes
financeiros, fundamentado no consumismo sen escrúpulos, outorgoulle a bitola
antisistema a toda actitude que avogue pola sustentabilidade e a convivencia
harmónica co medio. En Cerdedo non se lle quixo ou non se lle soubo pór couto a
esta inanición disfrazada de progreso. Afogada a inherencia agropecuaria, vivir
en Cerdedo volveuse inviábel. Ao longo destas décadas de investigación e
divulgación do noso pasado e da nosa tradición, procuramos tecer un Cerdedo
honroso e alternativo co obxectivo de espertar conciencias, porén tampouco
tivemos éxito. Mesmo así, úrxenos aprender dos erros cometidos e emprestarlles
máis atención ao refraneiro, á sapiencia ancestral destilada das vellas
fabulacións e menos ao discurso suíño e interesado da política convencional,
instalada na autocompracencia. Máis alá das nomenclaturas, Cerdedo deixará de
ser o Cerdedo que coñececemos tras a morte da derradeira vaca e o apagamento da
memoria oral.
O
libro está ateigado de símbolos. Como explica a figura do mecanismo da Antiguidá?
Nese relato non se eluden responsabilidades.
A Cerdedo todos o matamos e el soíño acabou morrendo. O mecanismo da Antiguidá
representa o noso reloxo biolóxico que interrompeu o tictac en faltando quen
lle dese corda. O declive vénse como a noite no inverno. Facer revivir un
territorio moribundo é un arduo labor colectivo. Para mudar este estado, para
pór Cerdedo en hora, cómpre encomendármonos á ciencia e á maxia. Soa paradoxal,
mais o Cerdedo 4.0 deberá esconxurar o meigallo oportunista que nos fixo
desaparecer como institución. De nada vale escenificar o pranto desconsolado de
portas para dentro. Para que no pobo fragüe a necesaria revolución, débese propiciar
o cambio no celme de cada individuo. Para que o morto resucite, antes ten que
decatarse de que está morto (“O sono eterno”, “Chamada de socorro”, “A casa que
come”...). Cerdedo está enfermo de inercia: mortos sepultados, mortos
esquecidos, mortos de corpo presente, mortos ausentes, mortos en vida... Xa
digo, a tarefa é titánica, mais ineludíbel.
Canto
hai de realidade nesta ficción?
No libro conviven personaxes reais e
imaxinarios. Tanto uns coma outros foron utilizados simbolicamente. Así mesmo, conxúganse
os feitos históricos coa ficción verosímil, combinando o “pasou o que pasou” co
“non pasou pero podería ter pasado”, e todas as tramas se van engrenando cun
obxectivo: salientar que Cerdedo (ou Galicia) non poden aturar por máis tempo
esta prostración.
Entenderase
este libro fóra de Cerdedo?
Indíxenas ou foráneos, o autor
encarécelles aos lectores o esforzo necesario para desentrañar os misterios da
nosa triste circunstancia, en troco de aprender na cabeza doutro (na nosa). O
mal non é endémico de Cerdedo; en Cerdedo, o virus mutou e fíxose resistente. É
certo que A gran mortaldade permite
diferentes lecturas, atendendo ao grao de vinculación co territorio e a súa
problemática. Secasí, o despoboamento, a impostura política, a resignación, a
ocaso das culturas minoritarias... son temas universais. Aínda que nada é o que
parece, os ollos informados e perspicaces axiña darán coas claves
interpretativas, recreándose no exercicio de ler entre liñas.
Que
repercusión está tendo o libro?
En Cerdedo, a de sempre, a que se lles
vén dispensando, dende 2002, a todos os títulos da colección Cerdedo in the
Voyager. Silencio medroso ou militante. Hai dezasete anos, a autoridade
decretou a inconveniencia destas lecturas. Pola súa condición de proscritas mesmo
se lles negaron os andeis da biblioteca municipal. Coñecendo o talante, asumo
tal decisión como a máis gloriosa das distincións. Fronte á cerrazón, a crítica
literaria deste país leva tempo gabando este libérrimo proxecto editorial, facendo
fincapé en que non hai concello (ou semiconcello) ao que lle teña emprestado
unha atención tan esmerada. En 2014, Ramón Nicolás escribía: a todas luces supón un proxecto singular e
mesmo diría que exemplarizante no que atinxe ás posibilidades divulgativas que
encerra, de existiren -claro é- persoas voluntariosas como Calros Solla que
levan a cabo iniciativas deste xorne en base á riqueza -só hai que saber
buscala- que desde diversas perspectivas atesouran territorios ou comarcas de
noso, proxectando así a inxección das necesarias doses de orgullo polo propio
que estes traballos, sen dúbida, provocan (Caderno da crítica, 22-12-2014).
Pola súa banda, Manuel Gago falaba do
caso máis asombroso de fidelidade a un concello (Galiciaé, 14-2-2018).
No libro noméase
“gran mortaldade” o que outros denominan “sangría demográfica”. En Cerdedo, na
comarca de Montes, a perda de poboación non só repercute nas cifras do censo; o
despoboamento das aldeas é unha grande extinción de índole identitaria e
cultural. Así e todo, ao libro agárdalle unha asimilación lenta e silandeira,
porque o asunto que se aborda é a inexorábel desaparición dun pobo, e a morte, no
rural, volveuse un tema tabú.
Bótalle
en cara algo a Cerdedo?
Non. Traendo a colación as
reminiscencias bíblicas d’A gran
mortaldade, o pobo é libre de adorar os ídolos da súa predilección. Á luz
dos feitos e tamén das feitorías, eu tamén son libre de opinar que eses ídolos
son falsos. Outros, ben seguro, deben ser os referentes nos que basear o noso
rexurdimento posíbel: a luminosa erudición do Padre Sarmiento, a ardencia
emancipadora do movemento agrarista, o étnico cosmopolitismo de Otero
Espasandín, os ideais democráticos dos nosos mártires republicanos, a xenial retranca
dos arghinas, o vitalismo de Manuela
de Barro e toda a sabedoría popular escolmada nos catro Retrincos publicados (e un quinto en preparación). É gozoso
salientar que, en Cerdedo, alén do inmobilismo maioritario, existen
honrosísimas e anónimas individualidades cuxo irredutíbel compromiso actúa de
antídoto contra a desesperanza.
Unha
curiosidade, hai alieníxenas en Quireza?
(Risas). Eu non creo neles, mais
habelos hainos. Entre outras leccións, do episodio dos extraterrestres
asimilados aprendemos que cando unha anomalía se prolonga no tempo, o seu
veriño recasta, vaise volvendo sangue do noso sangue. Chegados a este punto, para
combater a iniquidade cómprenos unha transfusión vivificadora de coraxe e amor
propio.
Poeta,
ensaísta, narrador; para cando unha peza teatral?
Se está de saír, sairá. Polo momento só
aspiro, humildemente, a seguir de xira pola comarca coa compañía teatral do
Capitán Gosende e interpretar o meu pequeno papel nesta traxicomedia. O público
a quen lle dedicamos o espectáculo é difícil, pero o escenario é un dos máis
fermosos que coñezo.
.
.
.
11/4/18
CALROS SOLLA (Biobibliografía)
.
.
.
Debuxo de A. Santiso
..
.
Calros Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É filólogo, profesor de historia e lingua galega, etnógrafo e escritor. Membro fundador do
colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende. Membro da Sección de
Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega
(AELG).
.
No eido poético, é
autor dos poemarios Xábregho (1999), Mel de arañas (2000), Terras
raras (2001) ‒todos tres recollidos na
antoloxía Ras e tritongos (2003)‒. Os
versos de Xábregho e Mel de arañas foran galardoados co 1º Premio
de Poesía no I Certame Literario da Facultade de Filoloxía da Universidade de
Vigo (1992). É autor tamén de Cerdedo in the Voyager I (2004) e Libro
de reclamacións (2005), coleccións de poesía visual, e mais dos libros de
“retrónicas” reGaliza e outras chuches (2008) e O orgullo do gurgullo
(2012), tributo á Asociación Pola Defensa
da Ría de Pontevedra (APDR) no seu 25 aniversario. En
2010, saíu do prelo Pan prós crocodilos. Ese mesmo ano, foi merecente do
Premio de Poesía Johán Carballeira polo poemario MazinGZ e, en 2011, do
Premio de Poesía Victoriano Taibo polo poemario Holocausto zacoe.
.
O máis
da súa obra poética espállase por libros colectivos e revistas literarias,
entre os que salientamos: X Festival da poesía no Condado (1990), Muller
de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (2000), Das sonorosas cordas. 15
poetas desde Galicia (2005), Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de
Montes (2005), Pontevedra literaria (2007), Polifonías II. Voces
poéticas contra a violencia de xénero (2007), Bernardino Graña. Homenaxe
no 75 aniversario (2007), Polos camiños de Cangas. 25 anos do certame de
poesía María Soliño (2010), XXIV Festival da poesía no Condado
(2010), Dairas (2011), Poema río dos Gafos (2012), 150 Cantares para Rosalía de Castro
(2015); Madrygal, Dorna, Verbo Xido, Arraianos...
.
No eido histórico-etnográfico, como
estudoso da bisbarra de Terra de Montes, forneceu a súa colección “Cerdedo in
the Voyager” cos seguintes títulos: Cerdedo. Materiais para o
estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral
(2002), Cerdedo na obra do Padre Sarmento (2002), Almanaque de
encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005), Monte do Seixo.
Reivindicación da Montaña Máxica (2007), Monte do Seixo. O santuario
perdido dos celtas (2008) ‒o seu labor de estudo e
divulgación do monte do Seixo foi merecente do Diploma de Honra outorgado polos
Amigos da Cultura Celta (Narón, 2011), revalidado pola mesma asociación cun
Certificado de Agradecemento (San Cibrao de Las, 2017)‒, Cantares
de Manuela de Barro. Achegas ao cantigueiro de Cerdedo (2008), Carta
arqueolóxica do concello de Cerdedo (2009), O vervo xido. A fala
secreta dos canteiros de Cerdedo (2011), O ano que chimpamos o cacique.
Crónica do agrarismo en Cerdedo (2011), O código da vincha. Retrincos da
intrahistoria de Cerdedo (2012), O
crime de Pardesoa (2013), As pedras
da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II (2014), Amuletos, talismáns e pedras da fartura:
Obxectos de poder da Galiza tradicional (2014), A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III
(2015), Así aprenderán a non ter ideas.
Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo (2016), Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV (2017)
e O legado dos homes pequenos. Gravados
rupestres de Cerdedo (2017).
.
No eido da narrativa, estreouse coa colección de relatos A gran mortaldade (2019).
.
No eido da narrativa, estreouse coa colección de relatos A gran mortaldade (2019).
.
Así mesmo, como colaborador da
asociación cultural e ecoloxista Vaipolorío, deu ao prelo: Andar primeiro de
río. Inmateriais do río dos Gafos (2009), O demo asubiador (2014), O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos
(1745-1970) (2014) e Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos (2019).
.
“Polo
seu traballo incansable de promoción e posta en valor da lingua e da cultura
galega e nomeadamente do patrimonio natural e inmaterial do concello de
Pontevedra”, concedéuselle o Premio Cidade de Pontevedra 2015.
.
A Asociación Amigos da Cultura Celta outorgoulle en 2017 o seu Certificado de Agradecemento “por contribuir a descubrir el patrimonio cultural celta de Galicia con sus trabajos de investigación en la Montaña Sagrada de O Seixo en Cerdedo (Pontevedra)”.
.
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais outorgoulle en 2017 o Premio Cogave.
.
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais outorgoulle en 2017 o Premio Cogave.
.
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) outorgoulle en 2018 o seu Diploma de Recoñecemento.
.
Como afeccionado á arqueloxía, amais de identificar, no monte do Seixo, por riba dunha trintena de “pedras con lenda” (estacións míticas) ‒entre elas, a xa célebre Portalén‒, ten atopado, no concello de Cerdedo, numerosos depósitos ou pezas de notábel valor arqueolóxico: o pétreo antropomorfo nomeado Xacente do Coto das Insuas (O Serrapio-Pedre), o muíño navicular do Castriño (Fondós-Quireza), o gravado rupestre da Cerqueira (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres do Outeiro Aciveiro Ib, II e III (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres Ib, IV e V do Monte de Baixo (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Alto do Monte II (Deán-Figueiroa), os gravados rupestres da Laxa das Filloeiras I e II (Pedre), o gravado rupestre da Laxa do Sangal (Cerdedo), o gravado rupestre do muíño de Herdeiros de Baixo (Abelaíndo-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro da Bichoca (Chamadoira-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro de Riba (Biduído-Cerdedo), o gravado rupestre de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do monte de Laxoso (Quireza), os gravados rupestres das Corvas I e II (Pedre), o gravado rupestre da Porteliña (Tomonde), o gravado rupestre da Lomba de Castrodiz (Figueiroa), o gravado rupestre de Vilarchán (Quireza), os gravados rupestres da Laxa da Romaxe I e II (Pedre), o gravado rupestre do Outeiro Rachado (Figueiroa), o gravado rupestre do Coto Laceiras (Figueiroa), o Serpentiforme de Limeres (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro Framil (Quireza), os gravados rupestres das Abeleiras II e III (Lourido-Cerdedo), os gravados rupestres de Castro do Cabo I e II (Castro), o gravado rupestre de Carballás II (Outeiro das Coenlleiras) e a Cruz de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do Lombo da Serpe (Castro), os gravados rupestres do Pousadoiro I, II e III (Cuíña-Quireza), a mámoa de Cuíña (Quireza), o gravado rupestre do Castriño (Mamoalba-Quireza), o gravado rupestre do monte Porrido (Cuíña-Quireza), o gravado rupestre de Vilarchán II (Vilarchán-Quireza), a mámoa 9 do Outeiro dos Corvos (Tomonde)...
.
Como afeccionado á arqueloxía, amais de identificar, no monte do Seixo, por riba dunha trintena de “pedras con lenda” (estacións míticas) ‒entre elas, a xa célebre Portalén‒, ten atopado, no concello de Cerdedo, numerosos depósitos ou pezas de notábel valor arqueolóxico: o pétreo antropomorfo nomeado Xacente do Coto das Insuas (O Serrapio-Pedre), o muíño navicular do Castriño (Fondós-Quireza), o gravado rupestre da Cerqueira (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres do Outeiro Aciveiro Ib, II e III (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres Ib, IV e V do Monte de Baixo (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Alto do Monte II (Deán-Figueiroa), os gravados rupestres da Laxa das Filloeiras I e II (Pedre), o gravado rupestre da Laxa do Sangal (Cerdedo), o gravado rupestre do muíño de Herdeiros de Baixo (Abelaíndo-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro da Bichoca (Chamadoira-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro de Riba (Biduído-Cerdedo), o gravado rupestre de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do monte de Laxoso (Quireza), os gravados rupestres das Corvas I e II (Pedre), o gravado rupestre da Porteliña (Tomonde), o gravado rupestre da Lomba de Castrodiz (Figueiroa), o gravado rupestre de Vilarchán (Quireza), os gravados rupestres da Laxa da Romaxe I e II (Pedre), o gravado rupestre do Outeiro Rachado (Figueiroa), o gravado rupestre do Coto Laceiras (Figueiroa), o Serpentiforme de Limeres (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro Framil (Quireza), os gravados rupestres das Abeleiras II e III (Lourido-Cerdedo), os gravados rupestres de Castro do Cabo I e II (Castro), o gravado rupestre de Carballás II (Outeiro das Coenlleiras) e a Cruz de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do Lombo da Serpe (Castro), os gravados rupestres do Pousadoiro I, II e III (Cuíña-Quireza), a mámoa de Cuíña (Quireza), o gravado rupestre do Castriño (Mamoalba-Quireza), o gravado rupestre do monte Porrido (Cuíña-Quireza), o gravado rupestre de Vilarchán II (Vilarchán-Quireza), a mámoa 9 do Outeiro dos Corvos (Tomonde)...
.
No
concello da Estrada, os gravados rupestres do Outeiro da Pena I, II e V (Sabucedo).
No concello de Forcarei, o gravado rupestre da Mámoa Grande (monte do
Seixo-Presqueiras), o gravado rupestre do Vieiro (Castrelo), os gravados
rupestres da Pedreira IV, V, VI, VII e VIII (Pereira), o gravado rupestre de
Filloi (Aciveiro)e os gravados rupestres do Outeiro das Cruces II e III (Ventoxo). No concello de Beariz (Ourense), a pedrafita de Xan Xil, o gravado rupestre de Ricovanca II, os gravados rupestres do Recosto I e II, o gravado rupestre da regueira de Arriba e o gravado rupestre do Outeiro da Carqueixa II (Xirasga). No concello de Cotobade, o gravado rupestre das Zacoteiras (Caroi) e os gravados rupestres do Outeiro da Urce I e II (A Corredoira). Na parroquia de Cerponzóns (Pontevedra), atopou o gravado
serpentiforme da pedrafita do monte Curuto...
.
É
artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo), de 2002, Roteiro
da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2005, Roteiro da Pantalla
(Cerdedo), de 2011, e Roteiro polo Pedre
milenario, de 2013, inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que
porfía, a carón da colección de ensaios “Cerdedo in the Voyager” (Ed.
Morgante), na dignificación da terra cerdedense. A día de hoxe, máis de cinco
mil persoas descubriron o monte do Seixo na súa compaña. Xunto co Grupo de
Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca” realizou o documental Monte do Seixo. A
Montaña Máxica (2009). En 2012-13, comisariou a exposición “De rezos a
conxuros” (colección particular de amuletos, talismáns e outros obxectos de
poder da cultura tradicional) no Museo Etnográfico Liste (Vigo), que foi
visitada por perto de dez mil persoas. En 2016, promoveu a creación do Campo das Laudas (Meilide-Cerdedo), monumento na memoria das vítimas da represión fransquista en Cerdedo.
.
Á súa
angueira investigadora e creativa engádeselle a súa faceta de conferenciante no
ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Consignado no Dicionario
de Escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004), é adoito colaborador da
prensa escrita (de xeito cotiá, no xornal Faro
de Vigo) e das webs Tabeirós-Montes, Historia de Galicia e Galicia Encantada. Mantén na internet os blogs O
Embigo do Becho e Cerdedo in the Voyager.
.
.
.
8/9/16
ROMEIROS DO ALÉN: XXXIX Romaxe de Irimia no monte do Seixo
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
O sábado 10 de setembro, a pouco que a
meteoroloxía o propicie, o monte do Seixo converterase en escenario dun dos
eventos culturais con máis sona e arraigamento de cantos se celebran no país: a
Romaxe de Irimia, o multitudinario encontro dos crentes galegos que este ano
acadará a súa triséximo nona edición. A Asociación Irimia, con case corenta
anos de existencia, promove dende a sua fundación (acaecida en setembro de
1978) unha galeguidade cristiá, sublimada na “tolerancia, o diálogo, a
solidariedade, a loita pola liberdade, a xustiza e a paz”.
Ano
tras ano, os responsábeis da loxística de Irimia escollen, como marco para a
súa celebración, lugares cheos de significado, referenciais da nosa historia e
da nosa cultura: o Pedregal de Irimia (Meira, 1978), o monte Aloia (Tui, 1983),
a Ponte Ledesma (Boqueixón, 1984), O Incio (1988), o monte Faro (Chantada,
1991), o castro de Penalba (Campo Lameiro, 2000), a serra da Capelada (Cedeira,
2004), Chan da Arquiña (Moaña, 2006), Santa Uxía de Lobás (O Carballiño, 2013),
as Penas de Rodas (Outeiro de Rei, 2015)...; e, paseniño, até trinta e nove
selleiras localizacións que, espalladas polas catro provincias galegas, son
reflexo da nosa sublime idiosincrasia.
A
título persoal, a escolla do monte do Seixo como marco para a romaxe irimega é
motivo de fonda ledicia e grande responsabilidade; así mesmo, un soño cumprido.
Neste noso país, erguer a voz, posicionarse sen ambaxes, preservar a dignidade
é tarefa ardua que, adoito, implica camiñar en soidade, sen apoio ningún das
institucións. O colectivo Capitán Gosende ábrese camiño nesta conxuntura pouco
favorábel. Supeditados á carencia de medios, nada pedimos, nada ficamos a
deber.
En
febreiro de 2015, a directiva de Irimia convidou os integrantes de Capitán
Gosende a participar como relatores na súa Festa do Lume que, baixo o lema
“Facendo país de abaixo a arriba”, celebrouse no mosteiro de Bergondo (A
Coruña). As razóns do convite atopámolas na súa web (asociacion-irimia.org): “Na Festa do Lume 2015 da Asociación Irimia
queremos celebrar e aprender do mellor que pasa no noso país. O asociacionismo
de base en Galicia, aquel que se centra directamente en alentar e transmitir a
cultura galega, ou aqueloutro que dinamiza as nosas comunidades, que organiza
desde abaixo os diferentes eidos da nosa vida, ao tempo que revive a nosa
identidade..., ese asociacionismo é una realidade que existe e resiste”.
A
delegación de Capitán Gosende presente en Bergondo puxo en coñecemento dos
asistentes os pormenores da súa “folla de ruta”, o seu humilde labor de
enxalzamento e dignificación cultural desenvolvido no concello de Cerdedo;
denunciando os desmandos cometidos (ou pendentes de comisión) contra o patrimonio
cultural e ambiental da zona: parques eólicos, hidroeléctricas, tren de alta
velocidade, minaría do coltán, destrución da flora autóctona, eucaliptización,
praxe caciquil, abandono, despoboamento...
Naquela
Festa do Lume anunciouse o monte do Seixo como destino espiritual da romaxe
para o ano 2016. Ende ben, os irimegos acordaran dirixir a súa corriqueira
caravana cara aos cumes da serra do Cando. Cómpre salientar que tanto a
promoción cultural do monte do Seixo (angueira de anos) como a responsabilidade
organizativa da 39ª edicición recaeron e recaen nas asociacións culturais,
contrarrestando o proverbial desleixo das administracións.
A
piques de cumprir corenta anos da primeira xeira (no Pedregal de Irimia,
nacenza do río Miño), a atalaia do Seixo servirá para seguir pregoando aos
catro ventos a indómita condición de galegos: a devoción pola nosa lingua
minorizada, pola nosa historia ocultada, pola nosa cultura maltratada;
conscientes do feito diferencial da galeguidade. Velaí os alicerces da nosa resiliencia.
Hai
casemente un ano, ao pé das Penas de Rodas, o santuario solar de Outeiro de Rei
(Lugo), lugar da 38ª romaxe, unha representación do colectivo Capitán Gosende
“recolleu o ramo”, asumindo o reto de colaborar na organización da presente
edición. Aquela xornada de refulxente irmandade permanece indelébel no maxín.
Quen non se viu nunha semellante, aínda non experimentou a enerxía creadora e
transformadora do noso pobo, unido en prol da causa común.
Naquela
mesma data, os compañeiros do colectivo cotobadense Canón de Pau ofreceron a
súa inestimábel axuda para turrar xuntos do carro, oferta que aceptamos
gustantes e agradecidos, coñecedores da súa ampla e xenerosa traxectoria. Todos
a unha, irmandiños!!
A
XXXIX Romaxe de Irimia terá lugar, pois, no alto Seixo, por riba dos 900 m de
altitude. Todos os camiños conducirannos á chaira da Santa Mariña na alborada
do segundo sábado de setembro. Ogallá non chova!
O
encontro evocará feitos pasados. Dende tempo inmemorial, naquela encrucillada,
centos de labregas e labregos, gandeiras e gandeiros da redonda do Seixo,
mediado o mes de Santiago, galgaban corgueiros e costaneiras para participaren,
nesa terra de ninguén e de todos, non só da transacción, inherente ao mercado
do gando e das sementes (o 18 de xullo), senón da liturxia do viño en cunca, do
polbo á feira e do amigábel parrafeo.
O 14
de setembro de 1810, hai xa 206 anos, ao pé do marco da Santa Mariña -antigo
linde xurisdicional de Montes, Cotobade e Caldevergazo (A Lama)-, tivo lugar
unha xuntanza á que asistiron os xefes das Alarmas da contorna. Os afoutos
milicianos do “canón de pau” deseñaron a estratexia, previndo o contraataque do
exército napoleónico, aínda activo en Portugal. Loitábase pola liberación,
loitábase pola independencia, unidos no esforzo de afastar un exército inimigo
e invasor; un inimigo que, no pasar dos anos, mudou arteiramente a súa
fisionomía para seguir chuchando con ansia do noso sangue.
Canón
de Pau e Capitán Gosende unimos esforzos para, na medida das nosas posibilidades,
facilitar o feliz acontecemento. Os integrantes de ambas as dúas asociacións
somos conscientes de que, no eido cultural, a sinerxía é indispensábel para
enfrontar o quefacer reivindicativo que lle dá sentido á nosa existencia. Así
mesmo, os de Capitán Gosende (Cerdedo) e Canón de Pau (Cotobade) adherímonos ao
sentir da veciñanza integrada nas plataformas “antifusión”, pois entendemos que
a arbitraria decisión de unir os dous concellos só agocha escuros intereses
partidistas e persoais, unha mostra máis da praxe política que converteu este
territorio nun ermo desesperante.
A
comunidade irimega avanta con paso decidido cara a corenta edición da súa
romaxe. Após catro décadas, os irimegos son custodios dunha arca ateigada de
gozosas experiencias, vividas todas elas en lugares excepcionais.
Agradecémoslle a Irimia a deferencia de erixir o monte do Seixo como acaído
marco de convivencia. Non cabe dúbida que a súa decisión se viu favorecida polo
incesante labor de defensa dos valores que atesoura o monte do Seixo:
arqueoloxía, mitoloxía, natureza. Cómpre lembrar que o primeiro roteiro guiado
polo Seixo se remonta ao ano 2002 e que a primeira edición do Roteiro da
Montaña Máxica data do ano 2005. Ao longo desta quincena, ao tempo que se
guiaba os nosos visitantes (máis de 3.000 persoas), antes Verbo Xido e agora
Capitán Gosende denunciaron reiteradamente a destrución do patrimonio
arqueolóxico e ambiental do monte do Seixo, transformado groseiramente nun
parque eólico alá polo ano 2000.
Ben
sabemos que, hoxe por hoxe, un dos atractivos da comarca é a peneda de
Portalén, a mítica porta do Outro Mundo, en cuxa descuberta e posta en valor
investín moito do meu tempo. Ao fío, os medallóns conmemorativos da XXXIX
Romaxe, lucirán, baixo o lema “Romeiros do Alén” (Gondar dixit), a silueta de Portalén, segundo o deseño da ilustradora Ana
Santiso. Este fermoso “souvenir” en cerámica de Sargadelos poderá adquirirse
por un módico prezo, in situ, o día
da festa. A escolla do monte do Seixo para a celebración da Romaxe e o motivo
do medallón son un agarimoso recoñecemento a este traballo.
A
Asociación Irimia e os colectivos Capitán Gosende e Canón de Pau convídanvos a
participar desta efeméride. Galegas e galegos de ben, provenientes dos catro
puntos do país, congregaranse na Santa Mariña do Seixo para compartir unha
xornada de exaltación da galeguidade. Súmense, pois, a esta festa da música, da
palabra, da amizade e do sentimento. Non dubiden en achegarse e engadir o seu
entusiasmo a un acto cultural que se desenvolverá ao ar libre, de balde e onde
non se lles vai pedir o voto.
Desafiando
o azar meteorolóxico (o lema do noso colectivo é “Que chova que vente, Capitán
Gosende!!”), verémonos xa que logo no Seixo. Se informados do evento, desexan
tomar parte, conflúan, de primeiras, na localidade pontevedresa de Cerdedo (a
30 km de Pontevedra (N-541), a 65 km de Ourense (N-541) e a 50 km de Compostela
(EP-7001)). Dende alí collan o desvío cara a Presqueiras e San Domingos
(PO-2204), en dirección ao parque eólico (no eido da sinalización, en Cerdedo
seguen negando a existencia do monte do Seixo, máis alá da industria que o
invadiu). Percorridos uns 4’5 km, viren á dereita para proseguir o ascenso cara
á aldea de Carballás (sita a 6 km de Cerdedo). Deixen Carballás e continúen
viaxe, dereitiños xa cara ao alto do monte. A 11 km de Cerdedo, a carón do
transformador do parque eólico, desaparece a estrada asfaltada. Prosigan pola
pista central uns 3’5 km, dirección sueste, até atopar a ermida da Santa Mariña
(a 14’5 km de Cerdedo), lugar da romaxe.
Os
actos comezarán ás 11:00 h da mañá do sábado. Un petisco de requeixo con mel
sobre galleta mariñeira e un fermoso marcapáxinas da autoría de João Bieites
serán o agasallo de benvida. No marcapáxinas reprodúcese o gravado rupestre
denominado “Laxa da Romaxe I”, descuberto no monte de Pedre polos exploradores
de Capitán Gosende en outubro de 2015. O petróglifo representa talmente unha
foliada de hai 4.000 anos. As actuacións do grupo A Quenlla, con Mini e Mero á
cabeza, do grupo Trubincos do Batán e do cantautor Tino Baz, amenizarán o
encontro.
O contido
da celebración xirará arredor de tres das moitas lendas tradicionais recollidas
na contorna: a profecía do Tecelán de Carballás, a malfadada santa Mariña e
Portalén. O Tecelán de Carballás, vello vedoiro, prognosticou, xacando, a ruína
e abandono do rural. A economía tradicional, ecolóxica e sustentábel,
supeditada á ditadura do capitalismo (xaora, o Tecelán bateu certo). Por outra
banda, consonte o saber popular, a santiña do Seixo preferiu morrer xugulada
antes de entregarse ao invasor romano. A santa Mariña, advocación do monte do
Seixo, é paradigma do pobo resistente. Finalmente, Portalén, a soleira do Máis
Alá, converterase na porta de acceso a unha nova dimensión, rexa e
revitalizada, do noso celme. Para ritualizar o “paso da Porta” (“Eu renazo galego!”)
cómpre que cadaquén faga a viaxe provisto dunha pedriña que, poñéndolle o ramo
ao acto e a xeito de exvoto, depositarase formando un milladoiro.
Ao
remate da sección celebrativa, gozaremos dun xantar en fraternidade. No alto haberá
servizo de bar-restaurante baixo carpa e un telderete de polbo á feira. Cadaquén
traerá a súa comida, mais quen o prefira, ten a posibilidade de, coa debida
antelación, encargar o xantar (racións de polbo, empanadas, tortillas, bocadillos,
bebida, pan...) no seguinte nº de teléfono: 630825203 (Restaurante “O Meu
Lar”).
Non
esquezan engadir á súa equipaxe algo de roupa de abrigo, un parasol ou paraugas
e/ou unha viseira (máis vale previr). As cadeiras e asentos nunca están de
máis. Pola tarde, aqueles que o desexen, poderán participar da chamada “oración
da tardiña” que terá lugar na carballeira de San Xusto (Cotobade).
Benvidos
ao Seixo, irimegos; benvidos ao Seixo, Romeiros do Alén!!
..
.
30/7/16
MARCHA CONTRA ENCE (4-6-2016)
.
.
.
.
.
.
Ligazón ao texto do manifesto:
.
.
.
.
Vídeo da lectura do manifesto:
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Ligazón ao texto do manifesto:
.
.
.
.
Vídeo da lectura do manifesto:
.
.
.
.
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)