.
.
.
Debuxo de A. Santiso
..
.
Calros Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É filólogo, profesor de historia e lingua galega, etnógrafo e escritor. Membro fundador do
colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende. Membro da Sección de
Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega
(AELG).
.
No eido poético, é
autor dos poemarios Xábregho (1999), Mel de arañas (2000), Terras
raras (2001) ‒todos tres recollidos na
antoloxía Ras e tritongos (2003)‒. Os
versos de Xábregho e Mel de arañas foran galardoados co 1º Premio
de Poesía no I Certame Literario da Facultade de Filoloxía da Universidade de
Vigo (1992). É autor tamén de Cerdedo in the Voyager I (2004) e Libro
de reclamacións (2005), coleccións de poesía visual, e mais dos libros de
“retrónicas” reGaliza e outras chuches (2008) e O orgullo do gurgullo
(2012), tributo á Asociación Pola Defensa
da Ría de Pontevedra (APDR) no seu 25 aniversario. En
2010, saíu do prelo Pan prós crocodilos. Ese mesmo ano, foi merecente do
Premio de Poesía Johán Carballeira polo poemario MazinGZ e, en 2011, do
Premio de Poesía Victoriano Taibo polo poemario Holocausto zacoe.
.
O máis
da súa obra poética espállase por libros colectivos e revistas literarias,
entre os que salientamos: X Festival da poesía no Condado (1990), Muller
de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (2000), Das sonorosas cordas. 15
poetas desde Galicia (2005), Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de
Montes (2005), Pontevedra literaria (2007), Polifonías II. Voces
poéticas contra a violencia de xénero (2007), Bernardino Graña. Homenaxe
no 75 aniversario (2007), Polos camiños de Cangas. 25 anos do certame de
poesía María Soliño (2010), XXIV Festival da poesía no Condado
(2010), Dairas (2011), Poema río dos Gafos (2012), 150 Cantares para Rosalía de Castro
(2015); Madrygal, Dorna, Verbo Xido, Arraianos...
.
No eido histórico-etnográfico, como
estudoso da bisbarra de Terra de Montes, forneceu a súa colección “Cerdedo in
the Voyager” cos seguintes títulos: Cerdedo. Materiais para o
estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral
(2002), Cerdedo na obra do Padre Sarmento (2002), Almanaque de
encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005), Monte do Seixo.
Reivindicación da Montaña Máxica (2007), Monte do Seixo. O santuario
perdido dos celtas (2008) ‒o seu labor de estudo e
divulgación do monte do Seixo foi merecente do Diploma de Honra outorgado polos
Amigos da Cultura Celta (Narón, 2011), revalidado pola mesma asociación cun
Certificado de Agradecemento (San Cibrao de Las, 2017)‒, Cantares
de Manuela de Barro. Achegas ao cantigueiro de Cerdedo (2008), Carta
arqueolóxica do concello de Cerdedo (2009), O vervo xido. A fala
secreta dos canteiros de Cerdedo (2011), O ano que chimpamos o cacique.
Crónica do agrarismo en Cerdedo (2011), O código da vincha. Retrincos da
intrahistoria de Cerdedo (2012), O
crime de Pardesoa (2013), As pedras
da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II (2014), Amuletos, talismáns e pedras da fartura:
Obxectos de poder da Galiza tradicional (2014), A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III
(2015), Así aprenderán a non ter ideas.
Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo (2016), Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV (2017)
e O legado dos homes pequenos. Gravados
rupestres de Cerdedo (2017).
.
No eido da narrativa, estreouse coa colección de relatos A gran mortaldade (2019).
.
No eido da narrativa, estreouse coa colección de relatos A gran mortaldade (2019).
.
Así mesmo, como colaborador da
asociación cultural e ecoloxista Vaipolorío, deu ao prelo: Andar primeiro de
río. Inmateriais do río dos Gafos (2009), O demo asubiador (2014), O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos
(1745-1970) (2014) e Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos (2019).
.
“Polo
seu traballo incansable de promoción e posta en valor da lingua e da cultura
galega e nomeadamente do patrimonio natural e inmaterial do concello de
Pontevedra”, concedéuselle o Premio Cidade de Pontevedra 2015.
.
A Asociación Amigos da Cultura Celta outorgoulle en 2017 o seu Certificado de Agradecemento “por contribuir a descubrir el patrimonio cultural celta de Galicia con sus trabajos de investigación en la Montaña Sagrada de O Seixo en Cerdedo (Pontevedra)”.
.
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais outorgoulle en 2017 o Premio Cogave.
.
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais outorgoulle en 2017 o Premio Cogave.
.
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) outorgoulle en 2018 o seu Diploma de Recoñecemento.
.
Como afeccionado á arqueloxía, amais de identificar, no monte do Seixo, por riba dunha trintena de “pedras con lenda” (estacións míticas) ‒entre elas, a xa célebre Portalén‒, ten atopado, no concello de Cerdedo, numerosos depósitos ou pezas de notábel valor arqueolóxico: o pétreo antropomorfo nomeado Xacente do Coto das Insuas (O Serrapio-Pedre), o muíño navicular do Castriño (Fondós-Quireza), o gravado rupestre da Cerqueira (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres do Outeiro Aciveiro Ib, II e III (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres Ib, IV e V do Monte de Baixo (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Alto do Monte II (Deán-Figueiroa), os gravados rupestres da Laxa das Filloeiras I e II (Pedre), o gravado rupestre da Laxa do Sangal (Cerdedo), o gravado rupestre do muíño de Herdeiros de Baixo (Abelaíndo-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro da Bichoca (Chamadoira-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro de Riba (Biduído-Cerdedo), o gravado rupestre de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do monte de Laxoso (Quireza), os gravados rupestres das Corvas I e II (Pedre), o gravado rupestre da Porteliña (Tomonde), o gravado rupestre da Lomba de Castrodiz (Figueiroa), o gravado rupestre de Vilarchán (Quireza), os gravados rupestres da Laxa da Romaxe I e II (Pedre), o gravado rupestre do Outeiro Rachado (Figueiroa), o gravado rupestre do Coto Laceiras (Figueiroa), o Serpentiforme de Limeres (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro Framil (Quireza), os gravados rupestres das Abeleiras II e III (Lourido-Cerdedo), os gravados rupestres de Castro do Cabo I e II (Castro), o gravado rupestre de Carballás II (Outeiro das Coenlleiras) e a Cruz de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do Lombo da Serpe (Castro), os gravados rupestres do Pousadoiro I, II e III (Cuíña-Quireza), a mámoa de Cuíña (Quireza), o gravado rupestre do Castriño (Mamoalba-Quireza), o gravado rupestre do monte Porrido (Cuíña-Quireza), o gravado rupestre de Vilarchán II (Vilarchán-Quireza), a mámoa 9 do Outeiro dos Corvos (Tomonde)...

No
concello da Estrada, os gravados rupestres do Outeiro da Pena I, II e V (Sabucedo).
No concello de Forcarei, o gravado rupestre da Mámoa Grande (monte do
Seixo-Presqueiras), o gravado rupestre do Vieiro (Castrelo), os gravados
rupestres da Pedreira IV, V, VI, VII e VIII (Pereira), o gravado rupestre de
Filloi (Aciveiro)e os gravados rupestres do Outeiro das Cruces II e III (Ventoxo). No concello de Beariz (Ourense), a pedrafita de Xan Xil, o gravado rupestre de Ricovanca II, os gravados rupestres do Recosto I e II, o gravado rupestre da regueira de Arriba e o gravado rupestre do Outeiro da Carqueixa II (Xirasga). No concello de Cotobade, o gravado rupestre das Zacoteiras (Caroi) e os gravados rupestres do Outeiro da Urce I e II (A Corredoira). Na parroquia de Cerponzóns (Pontevedra), atopou o gravado
serpentiforme da pedrafita do monte Curuto...
.
É
artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo), de 2002, Roteiro
da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2005, Roteiro da Pantalla
(Cerdedo), de 2011, e Roteiro polo Pedre
milenario, de 2013, inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que
porfía, a carón da colección de ensaios “Cerdedo in the Voyager” (Ed.
Morgante), na dignificación da terra cerdedense. A día de hoxe, máis de cinco
mil persoas descubriron o monte do Seixo na súa compaña. Xunto co Grupo de
Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca” realizou o documental Monte do Seixo. A
Montaña Máxica (2009). En 2012-13, comisariou a exposición “De rezos a
conxuros” (colección particular de amuletos, talismáns e outros obxectos de
poder da cultura tradicional) no Museo Etnográfico Liste (Vigo), que foi
visitada por perto de dez mil persoas. En 2016, promoveu a creación do Campo das Laudas (Meilide-Cerdedo), monumento na memoria das vítimas da represión fransquista en Cerdedo.
.
Á súa
angueira investigadora e creativa engádeselle a súa faceta de conferenciante no
ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Consignado no Dicionario
de Escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004), é adoito colaborador da
prensa escrita (de xeito cotiá, no xornal Faro
de Vigo) e das webs Tabeirós-Montes, Historia de Galicia e Galicia Encantada. Mantén na internet os blogs O
Embigo do Becho e Cerdedo in the Voyager.
.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario