6/7/09

OS "HUMANOIDES" DE CEQUERIL (Cuntis)

.
. .
.
Ilustración: Petroglifo da Laxe dos Homes (Cequeril-Cuntis).
.
.

TRAMPA do lobo, CURRO ou CORTELLO lobeiro / FOXO do lobo (Comparanza)

.
. .
.

>>>

Fotografía 1: Trampa, curro ou cortello. Construción circular. O lobo é atraído con engado vivo. O animal accede a través dunha trapela que só abate cara ao interior ou ben chimpa dende o alto do valo. No monte do Seixo (Pontevedra) existía, alí onde chaman Trampa do Lobo, unha edificación semellante. A cachotería da trampa foi reutilizada na construción do muro do pasteiro do Seixo.

Fotografía 2: Foxo. Construción a xeito de funil. O lobo é acosado e conducido ao cabo do embude, onde se lle dá morte a pau e pedra.

.

FOXOS DO LOBO: Visita guiada ao foxo do lobo de Paraños (Cotobade)

.
.

.

5/7/09

PAN DE CEA, de almorzo e de xantar

.
. .
.
ELABORACIÓN:
.
Amasado: colócase a fariña na artesa dándolle unha forma semellante á dun volcán, para despois verter no centro auga, sal e a masa nai (lévedo) preparada con anterioridade.
A seguir, procédese co amasado durante 60 minutos.
.
Repouso: a masa déixase en repouso entre 45 e 60 minutos, tapándoa cunha tea.
.
División da masa: faise de xeito manual en porcións de peso aproximado de 1,2 ou 0,70 kg.
.
Reamasado: cada operación de reamasado, co seu posterior repouso de 25 a 30 minutos, denomínase “tenda”. O proceso de elaboración experimenta dúas ou tres tendas.
.
Enfornado: o forno quéntase con leña ou materiais de orixe vexetal que non proporcionen nin cheiro nin sabor. Colócase a masa nunha pa e fáiselle un corte na parte superior.
O proceso realízase en varias etapas, ao tempo que se practica unha redistribución das pezas no forno afastándoas do foco de calor.
.
Cocedura: logo de colocar a fornada, péchase o forno agardando un tempo de cocedura de 2 horas.
.
Rever: unha vez fóra do forno, as pezas (ou poias) permanecerán en maduración, arrefriando unha hora en andeis de madeira.
.
.
>>>
.
..

LEVANTOUSE A VEDA

.
. .
.

MISTERIOS DO MONTE DO SEIXO

.
. .
.
No verán de 2000, ocupado no estudo do patrimonio material e inmaterial do monte do Seixo (Pontevedra), atopei preto da chancela da Santa Mariña un cachote granítico (32 x 21 cm aprox.) no que se gravaran -segundo a miña primeira interpretación- as feituras dunha cobra enrodelada.
A pedra de gra recuperouse dunha morea de entullo, produto das obras de construción do parque eólico.
Tras someter o achado á análise de ollos expertos, abriuse todo un abano de posibilidades. Cecais, esteamos fronte a un fragmento esgazado dun altar dedicado aos lares viales, divindades precristiás valedoras dos camiñantes. Cecais, sexa o deus Hermes o motivo da representación.
.
.
.
.
Na imaxe superior (tirada do SIXPAC), a sombra proxectada polo aeroxerador indica con precisión o lugar exacto do achádego e asemade a orientación oeste. O tellado que se dexerga á esquerda pertence á ermida da Santa Mariña. Cara ao leste do templo, aínda é visíbel o trazado do camiño real Pontevedra-Ribadavia.
.
.