17/8/15

UN OTERO ESPASANDÍN DE VINTE ANOS ( III ) - Faro de Vigo (17-8-2015)

.
.
.
.
Retrato de Otero Espasandín da autoría de Luís Seoane.
.
.


Nado en Cerdedo en 1900, Otero Espasandín encarna nos anos vinte o pulo renovador da poesía galega e os valores da educación progresista. 
.
En El Pueblo Gallego do 19 de xuño de 1927 (páx. 11), a caron dun “bosquexo” de Maside, atopamos un poema en galego de Otero Espasandín que, dedicado ao piloto F. Sendón, debera integrar o seu poemario Alfabeto (inédito e sempre inconcluso). Eis a primeira estrofa: O corazón da proa treme(n) nos hourizontes / (Ti, sereo, agardabas o bautizo do mar) / E apertaron os brazos en coiros das olas / cobizosas, o peito do navío queimado pol-o sal. De novo, o resaibo manuelantoniano é indiscutíbel. O poema volverá publicarse en Eco de Galicia (A Habana) o Día da Patria de 1934.
En El Pueblo Gallego do 24 de xullo de 1927 (páx. 2), Otero Espasandín publica o poema “Campanario d’aldea”, dedicado a Paco Luís (o poeta Francisco Luís Bernárdez): Campanario d’aldea / no que frorecen os novos días, / no teu reló de sol aniñan / as 33 palomas do medio día / e nos teus gomos engarabitados / tecen teas d’araña as anduriñas...
            El Pueblo Gallego do 18 de agosto de 1927 publica (en portada) a reseña que Otero Espasandín lle fai ao poemario Proel, da autoría do pontevedrés Amado Carballo,  (1901-3 de setembro de 1927). Velaquí uns parágrafos:
            A moitas persoas unhas de boa outras de mala fe lles ouvía decil-o mesmo dos poetas novos: Os poetas novos todos se asemellan. Este dito pode pasar se descartamol-a mala fe.
            Porque a poesía nova, na súa cobiza de se recoller aos seus propios dominios, fuxe das mixtificaciós car’o estilo puro. E pra diferenciar, pra extremal-os estilos precísase cultura literaria, a agudeza e, máis que nada, un ánimo limpo [...] O que lea con ledicia a Jules Supervielle ou a Paul Valéry, poñamos por caso, sinte ao ler a Rosalía poñamos por caso tamén como s’entrara n’alcoba dun matrimonio. Máis recatado, o poeta d’hoxe deix’a a súa vida detrás da porta ao saír ao agro do poema.
...Porque digamol-o agora este libro é coma unha ponte entre dúas ribeiras. Millor é un viaxe d’unha ribeir’a outra ribeira. O leutor, sin se decatar case, pasa co-él da lírica galega domiñante astra hoxe a outra lírica acorde coa modalidade da lírica europea.
...Hoxe ou mañán que se queira falar da literatura galega, este libriño, tan mermado de follas, aconsellará o historiador que, co-él a cabeza, comece un novo capítulo.
En El Pueblo Gallego do 21 de agosto de 1927 (páx. 9), Otero Espasandín publica outra peza para o poemario Alfabeto, dedicada ao poeta Emilio Mosteiro: Paseo as miñas cábalas / baixo á-lgoritmia das estrelas / coas que Deus / pranteou o probrema derradeiro. / (Ecuación irresoluble / en números enteiros)...
El Pueblo Gallego do 1 de setembro de 1927, na sección “Compostela al día” (páx. 11), informa que Otero Espasandín, “joven escritor galleguista”, está pasando uns días na vila santiaguesa: De ésta, saldrá para Riveira en donde reside.
No nº 46 da revista Nós (15 de outubro de 1927, páx. 1), Otero Espasandín publica outro poema para Alfabeto, dedicado ao prehistoriador Florentino L. Cuevillas: Dos soutos da noite / caen os ourizos das estrelas / o releeren os ventos outonizos / as follas das fenestras...
En El Pueblo Gallego do 26 de outubro de 1927 (páx. 11), baixo os titulares: “La enseñanza y los maestros” (grandes caracteres), “Un llamamiento” e “A los maestros de la nueva era”, lemos:
...¡Cuánta emoción encierra para nosotros esa palabra: nueva o nuevo! ¡Escuela nueva! ¡Maestro nuevo! ¡Educación nueva! ¿Pero, es que existen una educación nueva y un maestro nuevo? Sí, existen.
...esos maestros que besan la mano a todo el mundo [...] esos maestros cuyas escuelas todavía destilan la húmeda y medieval enseñanza dogmatista, con el estudio a coro y los movimientos a toque de vara sobre la mesa [...] No es en tales maestros donde buscaremos precisamente las fuentes de nuestra inspiración, antes, por el contrario, los combatiremos...
...Maestros nuevos son aquéllos que tienen conciencia de la importancia social de su misión y de su responsabilidad como educadores; que no inclinan jamás la cabeza, sino que la levantan con naturalidad; que no adulan, sino que justiprecian; que no aplauden, sino que comprenden.
...Vengan los Fernández Casas, los Salgado Toimil, los Castro Pena, los López Varela, los Casabella Pernas, los Magariños Granda; los Mato Castro, los Fraiz Villanueva, los Otero Espasandín [...] Vengan a elevar el concepto de la educación, para que así se eleve el del educador.
E, nove anos antes do golpe de Estado fascista que precedería a guerra, a represión e a imposición do nacionalcatolicismo, o editorial do xornal remata: ¿Hai realmente maestros nuevos en Galicia? Pronto lo sabremos.
Tras a sublevación de xullo do 36, os mestres Rafael Fernández Casas, Bernardo Mato Castro e Vítor Fraiz Villanueva foron asasinados. Aos mestres Laurentino Castro Pena, Fermín López Varela e Francisco Magariños Granda abríronselles expedientes de depuración. O mestre Otero Espasandín padeceu o exilio.  
En El Pueblo Gallego do 1 de decembro de 1927 (páx. 1), Antón Vilar Ponte (1881-1936), ideólogo das Irmandades da Fala, asina un artigo titulado “La importancia de llamarse Ramón”. Na dita colaboración, o de Viveiro contrarresta o “ramonismo” de Gómez de la Serna co “donramonismo” de Valle Inclán. E engade: Pero tenemos otros Ramones de notorio relieve en la orden de la galleguidad: el poeta Cabanillas, el polígrafo Otero Pedrayo, el literato Fernández Mato, el cronista Gil Andrade, el avangardista Otero Espasandín, el publicista Villar Ponte (irmán do asinante), el gran energético Suárez Picallo... A mención é ben merecida, mais, é evidente o lapso de Vilar Ponte, posto que, os apelidos Otero Espasandín precédense dos nomes Xosé e Roxelio.    
El Pueblo Gallego do 12 de febreiro de 1928, na seción “Compostela al día” (páx. 9), informa que “el escritor” Otero Espasandín está a pasar uns días na capital da Galiza.
No nº 50 da revista Nós (15 de febreiro de 1928, páx. 1), Otero Espasandín publica, baixo o título “Poemas”, os versos: Carreteira da serra: / creboute a penedía, / n’un espasmo de forza, / contr’a fe das estrelas... Destinado a integrar o libro Alfabeto, o poema reproducirase no nº 1 de Galiza (1930) e mais en Eco de Galicia (A Habana) do 17 de setembro de 1930.
El Pueblo Gallego do 3 de marzo de 1928, na seción “Compostela al día” (páx. 10), informa: Esta noche será obsequiado con una cena por sus amigos el poeta Otero Espasandín que se halla pasando una temporada en Compostela. La cena se celebrará en el Bar Vino, a las diez de la noche.
El Pueblo Gallego do 9 de marzo de 1928, na sección “Crisol” (páx. 8), Johan Carballeira (1902-1937) publica unha reseña do libro Versos con sol y pájaros, do poeta Amado Villar (1899-1954). Johan Carballeira encomia o pulo innovador do poemario: Pero vengamos a Amado Villar nuestro viejo joven amigo, el mismo que aquí, en nuestra tierra, contribuyó con los cohetes de su europeísmo a agujerear un poco el aire bovino que nos envolvía.
A carón de Amado Villar, na nómina de poetas innovadores, J. Carballeira enumera, entre outros, os seguintes: Amado Carballo, Euxenio Montes, Manuel Antonio, Correa Calderón, Vidal Martínez, Augusto Casas, Dieste, Bouza Brey, Blanco Amor e Otero Espasandín: Aguardamos ese “Alfabeto” del admirable Otero Espasandín.
Continuará...
.
.
.

No hay comentarios: