.
..
.
ALBERTA I. A desacougante sombra do neocolonialismo en Terra de Montes
.
.
Alberta é unha das dez provincias do Canadá. O Canadá é o segundo Estado máis extenso do mundo e un dos que garante mellor calidade de vida. A provincia de Alberta, cuxa capital é a cidade de Edmonton, nomea un territorio cuadrangular con apenas 100 anos de historia, mais, grazas á súa riqueza gasística e petrolífera, converteuse nun dos máis puxantes deste país norteamericano.
.
O Canadá –hoxe, monarquía parlamentaria‒ foi colonia francesa e británica, en detrimento, por suposto, da poboación aborixe (First Nations, esquimós, métis...). A raíña británica Isabel II, como Xefa da Commonwealth, é a Xefa de Estado do Canadá. God save the Queen.
.
A rexión de Alberta foi propiedade, até o ano 1870, da Compañía da Badía de Hudson (HBC), corporación empresarial, fundada no século XVII, que, en orixe, orientou a súa actividade á caza de animais e ao comercio das súas peles, sendo, na actualidade, propietaria dunha vasta e diversa rede comercial.
.
Calgary, a cidade máis populosa de Alberta, centro financeiro do oeste canadense, acolleu os Xogos Olímpicos de Inverno de 1988. Calgary basea a súa prosperidade económica na explotación das reservas petrolíferas, na alta tecnoloxía, na agricultura e no turismo. No eido turístico, converteuse en destino vacacional preferente por mor da práctica dos deportes de inverno e do denominado ecoturismo. Nas actividades ecoturísticas prima a sustentabilidade e a preservación do medio (natural e cultural), comportando a conscienciación dos visitantes e priorizando o benestar da poboación local.
.
O ano 2002 foi considerado o Ano Internacional do Ecoturismo. En maio dese mesmo ano, celebrouse en Quebec (O Canadá) o Cumio Mundial do Ecoturismo. Algúns dos principios do turismo ecolóxico son os seguintes: fomentar respecto e consciencia ambiental e cultural, proporcionar experiencias positivas tanto para os visitantes coma para os anfitrións, xerar beneficios finaceiros directos para a conservación do medio, afortalar a participación na toma de decisións da comunidade local, bla, bla, bla...
.
Solid Resources Ltd. é unha multinacional canadense dedicada á exploración e extracción de minerais industriais raros e preciosos. Como reza a súa publicidade “exploran o futuro”, o seu futuro, por suposto. A sede central da empresa localízase na cidade de Sherwood Park (Edmonton-Alberta). Calquera pode acceder á súa web (www.solidresources.com) e alí, en primeira plana, a pouco inglés que un saiba, constatará a súa ledicia por posuíren unha concesión de case 4.000 hectáreas de monte comunal, xa prospectado (mercé a unha xenerosa subvención do Ministerio de Industria) e subsceptíbel de ser esburgado, afectando os lugares de Presqueiras (concello de Forcarei), Correa, Doade (concello de Beariz) e Acevedo, Rubillón e Taboazas (concello de Avión). Por se alguén aínda non se situou no mapa, falamos dunha zona (11 km de N a S) ao leste da xa magoada serra do Cando (monte do Seixo), incluída –non sei para que– na Rede Natura 2000.
.
Dita exciting propiedade é o buque insignia dun ambicioso proxecto empresarial que consiste na exploración (traballo case concluído) e posterior explotación (se lles convén aos explotadores) dos minerais do subsolo: estaño, tántalo (coltán), litio, niobio, cesio e rubidio; todos eles “estratéxicos” (teléfonos móbiles, computadores, armamento...), cuxa posesión desencadeou sanguentos conflitos bélicos en África.
.
Como tamén se comproba, a toponimia indíxena foi substituída –actitude común nos colonizadores de sempre‒ pola toponimia da metrópole: “Alberta I”, patria querida. O monte de Forcarei, Beariz e Avión foi rebautizado, a fin de contas, en lembranza e honra da princesa Alberta, a cuarta filla da moi británica e decimonónica raíña Vitoria.
.
Non aprendemos!!, e un non gaña para desgustos e desazos. Haberá, en Terra de Montes, autoridade que se erixa valedora do pobo? Fará alguén por explicar os efectos que a actividade mineira a ceo aberto pode provocar na saúde dos malfadados veciños? Haberá quen medite sobre o sabido “pan para hoxe e fame para mañá”? Haberá quen nos informe de algo? Créanmo, con Alberta I planando no ceo, afóndase na nosa condición de colonia parasitada, na nosa consideración de país terceiromundista. De non contar con reservas de petróleo, de non incentivar a economía agropecuaria, de non posuír industria acaída na que transformar os nosos recursos minerais, Forcarei, Beariz e Avión están obrigados a preservar, cando menos, o seu patrimonio natural e cultural, por ver de tirar rendemento ao xa amentado ecoturismo.
.
Sabían vostedes que no Canadá foron prohibidas as minas a ceo aberto por mor da contaminación e o impacto ambiental? Sabían vostedes que unha das razóns que argüe a empresa para desbaratar o noso monte e ripar os nosos recursos é que hai “boa receptividade” por mor da nosa precaria economía? De aquí ao turismo sexual hai un paso.

Calros Solla
.
.
.
.
.
.
3 comentarios:
Ó mellor temos unha idea idealizada de Canadá, pero precisamente en Alberta hai minas a ceo aberto actualmente en explotación, de areas bituminosas, que son unha autentica barbaridade
Nada máis lonxe da miña intención idealizar O Canadá -alá eles-, ben ao contrario, poño de manifesto a hipocrisía do primeiro mundo (inclúanse os países nórdicos) e o seu proceder colonialista.
Defendo unha consciencia ecolóxica universal e teño a honra o meu cosmopolitismo, mais, escuso dicir que Terra de Montes é o meu hábitat.
P.S.: Terra de Montes non pertence ao primeiro mundo.
Moitas grazas polo teu comentario, Túzaro.
O meu hábitat tamén é a Terra de Montes e coincido contigo na defensa do seu patrimonio natural, cultural... Grazas a tí polo artigo!
Publicar un comentario