29/12/09

MITOLOXÍA DO RÍO DOS GAFOS (Pontevedra): O demo asubiador

.
.
.
.

Verdade ou lenda, alí onde nomean río da Estación, acostuma escaravellar un trasno rebuldeiro, o demo asubiador. O tal perello ten por ocupación escoller no ANINOVO o parvo da aldea, un parvo por ano. O demo inviste o seu lecer, que é moito, asubiando no ouvido do escolleito. A vítima pasa o ano escoitando campás e sen saber onde. Cumprido o prazo, o mítico pillabán afánase na elección doutro coitado, e, segundo din, isto leva acontecendo dende que as orellas penduran da cachola.


Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos, 2009.

.


4 comentarios:

afs domaio dijo...

Pois cada vez o ten mais fodido, sobran candidatos.

Calros Solla dijo...

Cecais fose mellor que asubiase "urbi et orbi".

boullosa dijo...

joerrrrr ! esa historia me la contaba mi abuelo.
poco antes de morir, allá por el 1972 me acuerdo que a veces comía en su colo, yo solo tenía 6 años y para mantenerme entretenido me contaba historias. recuerdo que una de ellas era la del "demo da estación". efectivamente contaba que cada año escogía a una persona de las más "torpes" que veía para silvarle cada vez que pasara cerca. le silvaba como llamándole para que la víctima buscase quien lo estaba llamando y terminando sin saber quien era. mi abuelo que tenía la cabeza muy bien amueblada y no creía más allá de lo que veía, me parece que era en único personaje "sobrenatural" en el que de verdad creía.

Calros Solla dijo...

Agradezamos daquela ao teu avó terche dado novas do demo asubiador para que ti poidas transmitírllelas aos teus fillos e netos.