.
.
.
Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…
Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.
.
Uxío Novoneyra (Os eidos, 1981)
.
A fotografía dun lobo ibérico saltando unha cancela recibiu o premio Wildlife Photographer of the Year 2009 na categoría de retratos animais. A obra de José Luis Rodríguez foi destacada entre 43 mil participantes dun galardón que organizan a BBC Wildlife Magazine e o Museo de Historia Natural de Londres e que chegou á súa 45 edición.
Texto fusilado de: rafacorral.blogspot.com
.
.
1 comentario:
Impresionante a foto, tiven a oportunidade de vela fai uns dias noutra páxina web, e incrible como chegou a captar ese momento.
Un Saúdo
www.postemiron.es/web
Publicar un comentario