20/6/09

abicadar
.
bocexo
.
galocho
.
agás
.
robaliza
.
varudo-a
.
daquela
.
paseniño
.
rechouchío
.
.
galego-a
.
.

GALIZA, convidada de honra no Festival Intercéltico de Lorient (Bretagne)

.
.
.
.

18/6/09

AMAÑECER NA ORFANDADE: Loa á vida e obra de Vicente Ferrer


...
. .
.

ROMANCE DA LAVANDEIRA: O sublime tributo de Cerdedo á galeguidade

.
..
.
A LAVANDEIRA

A lavandeira adopta a fasquía de muller de idade. Acostuma aparecérselles aos camiñantes de noite, lavando na roupa branca nos lavadoiros, ou á beira dos ríos.
.
Estas criaturas inicuas demandan axuda para enxugar a bogada. De aceptarmos, cómpre torcer as pezas á contra, é dicir, en sentido contrario a como elas retorcen. Desprezado o consello, a adversidade roldará decote o noso poxigo.
.
No ano 1904, o escritor pontevedrés Vítor Said Armesto, enfrascado na recolleita de romances populares ao longo e largo do país, escoitou de Lucía Domínguez, mendiga cerdedense de 68 anos, os seguintes versos:
.
.
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara.
Eu pasaba polo río
de volta da muiñada.
.
Topei unha lavandeira
que lavaba ao par da auga.
Ela lavaba no río
e unha cantiga cantaba:
.
—Moza que vés do muíño,
moza que vas pola estrada,
axúdame a retorcer
a miña saba lavada.
.
—Santa María te axude,
e san Lourenzo te valla!
Desaparece a lavandeira
como fumeira espallada;
.
Onde as sabas tendera
poza de sangue deixaba.
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara.
.
Almanaque de encantos (2005).
.
>>>
Fotografía: Vítor Said Armesto (1871-1914).
.
Escóitese o romance na voz de Fuxan os Ventos:
.
.

LIBRO DE RECLAMACIÓNS: Pranto polo viaduto de Redondela

.
.
.
.

SAN XOÁN: HERBAS E RITUAIS

.
.
.A asociación ecoloxista VAIPOLORÍO convídavos á xornada
.
San Xoán: herbas e rituais
.
PROGRAMA
.
Martes, 23 de xuño de 2009
As Grades - Ponte da Condesa - Río Tomeza – Pontevedra
.
· 18:00 h
Paseo para a identificación das herbas de San Xoán;
a cargo de Amancio Castro,
profesor de Ciencias Naturais e Educación Ambiental.
.
· 20:00 h
Elementos e prácticas relacionadas co San Xoán,
unha ringleira de tradición
;
a cargo de Ana Acuña, filóloga e profesora da Universidade de Vigo.
.
As herbas de San Xoán na parroquia de Bértola;
a cargo de Tesesa González , veciña de Gandarón - Bértola - Vilaboa
.
.


.
.
.
.
...

17/6/09

MAGNUM: De cando Hawai era a quinta provincia galega

.
. .
.
.
.
Fotografía 1: Cuberta da "mítica" serie da TV dos oitenta.
Fotografía 2: Magnum, Rick, T. C. e Higgins.
..
.