4/7/09

O CAPACETE DE LEIRO ou UNHA CALDEIRETA VELLA

.
. .
.
Para o seu perfecto visionado (360º):
.
http://www.youtube.com/watch?v=H3cEc9KeIoo&feature=related
.
Amais, engado a ligazón ao vídeo no que se entrevista o seu descubridor, Xosé Mª Vicente Somoza, un veciño de Leiro (Rianxo-A Coruña). A chicha comeza cara ao minuto 4:00 da metraxe:

http://www.youtube.com/watch?v=O2EoShH-0w8
.
.
Máis información:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Casco_de_Leiro
.
. .

AUGA DOS CEVROS: A arca de Noé varada nunha laxa de Oia (Pontevedra)

.

...
Ilustración: Auga dos Cevros (Viladesuso-Oia).

>>>

Máis información:

F. Javier COSTAS GOBERNA, Pablo NOVOA ALVAREZ, José SANROMÁN VEIGA, (Pontevedra), XXII Congreso Nacional de Arqueología, Vigo 1993 p. 149 e Fernando ALONSO, (Santa María de Oia, Pontevedra), Íbidem, p. 150.
.

O CASTRO DE VILADONGA (Lugo)

.
. .
.
Véxase o documental de Ignacio de la Cierva (2008):
.
.
.

LIBRO DE RECLAMACIÓNS: Localizado en Mogor (Marín) un satélite artificial desorbitado

.
. .
.

3/7/09

A VOZ DAS MIL COPLAS

.
. .
.
A VOZ DAS MIL COPLAS
.
TERESA CUÍÑAS (El País, 03/07/2009)
.
Pode ser o influxo do monte do Seixo, cimeira máxica rodeada de lendas e mitos populares, a que espalle unha compoñente secreta no aire que fixera dos de Cerdedo unhas xentes propensas ao canto e ao baile. "En cada recuncho do camiño, nas leiras, nos montes que antes estaban limpos, cantabamos e bailabamos: un levaba a gaita, outro tiña unha pandeireta", lembra Alicia, unha veciña da familia Lavandeira, saga de instrumentistas e mestres gaiteiros con varias xeracións de músicos.
.
Rastrexando este costume histórico andan os investigadores como Manuel Campos Toimil, que está a documentar a vizosidade das bandas de música no municipio, onde chegaron a convivir catro formacións simultáneas en varios momentos durante o período que vai da segunda metade do século XIX a mediados do XX. "A Terra de Montes ten / de todo coma en botica / bos canteiros, bos gaiteiros / e bos cregos para dicir misa", ensina a cantiga recollida polos membros da Asociación Cultural Os Abrentes, un dos activos máis importantes na defensa do tesouro do patrimonio inmaterial desta bisbarra da Galicia interior.
.
Recolléronse máis dun milleiro de cantigas que a señora Manuela sabe de memoria.
.
Se a escola de música tradicional d'Os Abrentes sementa a tradición, o escritor Calros Solla dedica os seus esforzos a recompilala e divulgala. El foi un dos descubridores de Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas, unha cantareira veciña do lugar de Barro, onde os veciños seguen facendo ruadas e mesmo formaron un grupo por iniciativa propia, Pandeireteiras de Barro de Arén, que editou un cedé en 2006. Solla propuxo a señora Manuela para formar parte da polafía (neoloxismo referido ás xuntanzas de carácter festivo con contidos literarios e musicais) que o escritor Antonio Reigosa e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizaron en Cerdedo como parte dun proxecto de posta en valor do patrimonio oral, literario e musical galego que percorreu outras vilas do país hai dous invernos. Na pasada edición de Ponte nas Ondas, celebrada no museo Verbum de Vigo, puido escoitarse a súa voz poderosa.
.
"As calidades vocais desta muller fan pensar en qué tería sido dela se tivese a oportunidade de educar a voz, pero igualmente abraia a súa capacidade memorística e a excepcionalidade de que ela soa sexa a transmisora deste inxente legado", explica Solla, o antólogo de Cantares de Manuela de Barro (Rinoceronte, 2008). Segundo o escritor, "Manuela é tremendamente xenerosa por varios motivos: polo labor de recolleita do cantigueiro, por transcender a frialdade do libro e levar o seu canto aló onde é requirido e por abrir as portas da súa casa a todo aquel que demanda información sobre ela". Cando Manuela canta están canda ela a súa nai Gumersinda, a mestra Obdulia, os cegos que ían ás feiras de Soutelo de Montes e, sobre todo, a súa tía Mariana, quen lle aprendeu unhas coplas nas que latexan séculos de vida, de labores tradicionais, de xuntanzas populares. "Para min, que pouco fun á escola, cantar é a miña vida: xa desde nena canción que escoitaba, canción que aprendía".
.
Este cancioneiro particular de Manuela non se limita ao milleiro do libro: son moitas máis que se suman ás que a cantareira memorizou doutros antergos e ás que escribe agora para invocar o sono. "Primeiro fago os versos e despois póñolle o son", revela a artista cun sorriso permanente. Unha das últimas letras da súa fornada fala, precisamente, da tradición: "Da arca da terra nosa responde / todo o que sabes. / Mézclalle o saborciño dos nosos / cantares". Outras veces, a gorxa de Manuela entoa os versos do poeta Xosé da Fonte, outro veciño de Barro, espontáneo tecelán de palabras. Calquera tarde, sexa inverno ou verán, é doado atopalos a ambos os dous sentados á mesa das Marianas dándolle forza ao Himno de Barro composto polo poeta.
.
"Toda a sabedoría da tribo está concentrada neste cantigueiro porque os nosos devanceiros facían dunha ensinanza canción para amamantar os nenos con estes recitados aparentemente inofensivos", indica Solla. A retranca, as mensaxes entre liñas e a riqueza toponímica son outros trazos que caracterizan este feixe de romances, coplas, oracións, crimes e cantares de Cerdedo. "Cumpría un cativo ou unha cativa que lle dese continuidade a esta liña porque as mil primaveras máis só se sosteñen se se asegura esta tradición nacida da calidade humana da xente".
.
.
Tamén en:
.
.

2/7/09

SARAMAGANTA (Chioglossa gallaeciae)

.
. .
.
.
.
.
.

Malia que a nosa saramaganta foi bautizada co nome de Chioglossa lusitanica, por mor do seu descubridor, o zoólogo portugués José Vicente Barbosa du Bocage, ben se podería denominar cientificamente Chioglossa gallaeciae, xa que é endémica do territorio da antiga Gallaecia.
.
.
.
.
Este pequeno anfibio é unha alfaia zoolóxica, un dos tesouros da serra do Cando (Rede Natura 2000) onde se localiza o monte do Seixo (hoxe, parque eólico do Seixo). Espécime en perigo de extinción, desgrazadamente o seu grao de protección é inversamente proporcional á súa relevancia biolóxica.
.
.
Se queres ver unha saramaganta en acción, clica aquí:
.
.
.
J. V. Barbosa du Bocage. Datos biográficos (tirados da Wikipédia):
.
.
.
.

José Vicente Barbosa du Bocage (Funchal, 1823 — Lisboa, 1907) foi um zoólogo e político português. Foi curador de zoologia do Museu de História Natural de Lisboa. Publicou extensa obra sobre mamíferos, aves e peixes. Na década de 1880 foi Ministro da Marinha e mais tarde Ministro dos Negócios Estrangeiros de Portugal. Por decreto governamental de 10 de abril de 1905 a secção de zoologia do Museu Nacional de Lisboa foi nomeada como "Museu José Vicente Barbosa du Bocage" em sua honra. José Vicente era primo em segundo grau do poeta Manuel Maria Barbosa du Bocage (1765-1805).
..
.

1/7/09

Presentación do libro "MONTE DO SEIXO. O santuario perdido dos celtas" en MOS (venres 10, ás 20'00 h)

.
. .
.
Desta volta, o circo do monte do Seixo erguerá a súa carpa no concello de Mos, grazas ao amigábel entusiasmo e mediación do meu compañeiro na angueira docente Camilo González, confrade da Montaña Máxica:
.
.
O acto terá lugar o venres, 10 de xullo, ás 20'00 h no salón de actos do pazo dos marqueses de Mos.

Aproveitarase a oportunidade para, more maiorum, acenderlle unha candea a Deus e outra ao demo.
.
>>>
Fotografía: Panorámica da ría de Pontevedra dende o Outeiro do Coto (monte do Seixo).
.
.
Máis información:
..
.