26/2/12

XORNADA HISTÓRICA PARA O MONTE DO SEIXO, A MONTAÑA MÁXICA

.
.
Dez anos despois de Portalén. Dez anos despois da inesquecíbel xornada na que fun agasallado cos segredos da soleira do Outro Mundo. Dez anos do Proxecto Montaña Máxica. Moita xente quedou no camiño. Os bos e xenerosos seguen canda un berrando aos catro ventos os prodixios do monte do Seixo.
Hoxe, 26 de febreiro de 2012, os Guías Turísticos da Galiza (APIT), co asesoramento do Instituto Galego de Estudos Celtas (IGEC), ascenderon as lombas do Seixo, achegáronse a Portalén, pasaron as derregas do Máis Alá, perante un solpor digno dos mellores Fisterras.
Comeza, abofé, unha nova época, ilusionante, esperanzadora. A transmisión oral, o boca a boca, perpetuará o tesouro inmaterial do noso pobo. Esta noite, antes de confiarme a Pedro Chosco, lembrarei de novo a quen todo mo contou para que todo volo puidese contar a vós. Moitas grazas. Salvemos o Seixo!!
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

No hay comentarios: