26/7/11

FRONTE AO MAR (Letra para o Himno do Antigo Reino da Galiza)

.
.
.

.
.
.
FRONTE AO MAR
.
.
Fronte ao mar
reverdece o eido de meus pais.
Fronte ao mar,
a vizosa herdade do meu lar.
.
.
Ergue o sol
a mornura dun nidio alborexar.
Ouve o son
do vento que zoa no cordal,
a rexa voz
dos que non adiarán o camiñar.
.
.
A Terra fía en min a doa dun cantar,
semente para o mañá.
Foxen as sombras do val.
Benia o noso pobo
que non calará.
.
.
.

2 comentarios:

Archeoten. dijo...

Boissima a letra Calros, uma autentica joia, sem duvida as melhores verbas para o nosso primeiro imno que agora também poderemos cantar

Noraboa e Apertas

Calros Solla dijo...

Obrigadísimo, Marcial. Ben sei que hai moito agarimo (recíproco) no teu comentario. Alén da súa calidade, mentres canto os cipaios espanto. Unha forte aperta.