. .
.
A primeira noticia escrita que o investigador XOSÉ ANDRÉ LÓPEZ GONZÁLEZ ofreceu do APALPADOR (xenuíno ser mítico do Nadal galego) pódese ler no nº 2 de VAGALUME (maio de 2001), folla voandeira da Asociación Galega "Corredor do Henares" (Madrid). A dirección e deseño da publicación estaban ao coidado de ANA ACUÑA e CESÁREO ÁLVAREZ.
Velaí uns parágrafos escolleitos:
.
.
Quen isto escribe coñece a súa presenza na parte oriental da montaña luguesa: Samos-Lóuzara, O Courel e O Cebreiro. Sería moi interesante que se investigase por territorios próximos como Quiroga e Os Ancares, para saber da súa extensión a outras rexións da Galiza.
.
Vive nos bosques pechos adicándose fundamentalmente a facer carbón. É de alto talle, gasta boina, chaqueta esfarrapada e remendada e fuma en pipa, alimentándose case que só dos xabariños que caza.
.O 31 de decembro baixa da súa morada á noitiña cando os pequeniños están durmidos e apálpalles a barriguiña para ver se están cheos ou teñen fame dicindo: "Así, así esteas todo o ano", no caso de estaren cheíños, e deixándolles unha boa presada de castañas. No caso de teren fame, tamén lles deixa castañas, mais non lles di nada. Agora, en troco de castañas déixalles xoguetes que os tempos cambiaron e para ben, supoño.
.
.
>>>
Ilustración: O apalpador.
..
No hay comentarios:
Publicar un comentario