.
.
.
Na madrugada do 23 de novembro do ano 1897, a aldea do San
Marcos, pertencente á freguesía de Pardesoa, no concello pontevedrés de
Forcarei, converteuse en escenario dun crime horrendo.
Naquela data infortunada, obrouse a morte violenta de Xoán
Rei Prado, mentres que a súa muller, Perfecta Espiña Arén, era vítima dunha
cruel agresión.
Nun comezo, a prensa informou da vil actuación dunha
cuadrilla de foraxidos, encirrados pola fortuna que Xoán Rei, prestamista,
gardaba na súa casa.
Co pasar dos días, as pescudas policiais ofrecerán unha
versión inopinada dos feitos.
.
.
.
.
.