.
.
.
.
.
.
.
.
.
O
domingo 3 de maio, o colectivo Capitán Gosende deu cun novo gravado rupestre no
concello de Cerdedo. O petróglifo, non catalogado, foi labrado na parte
superior dun bolo granítico situado nas proximidades do lugar coñecido como
Outeiro da Corva (denominación: “Petróglifo do Outeiro da Corva I”), no monte comunal de Pedre
(coordenadas.- X: 546.729; Y: 4.707.684; alt. 540 m).
O gravado componse de 6 coviñas ou cazoletas,
unha delas contida nun círculo. O conxunto presenta un avanzado grao de
deterioro por mor dos axentes erosivos. A inscultura localízase a uns 400 m ao
sudoeste da Laxa das Filloeiras (petróglifo descuberto por Capitán Gosende no
ano 2012) e a uns 800 m ao sueste das primeiras casas de Pedre (O Salgueiro).
Entre o O Salgueiro (N) e a Laxa das Filloeiras (S), Fomento proxecta abrir
unha trincheira de máis dun quilómetro de longo (leste-oeste) e uns 80 m de
ancho, infraestrutura da liña ferroviaria do AVE.
O domingo 10 de maio, a tropa dos Gosende bateu
con outro petróglifo (2 coviñas), riscado na parte superior dun bolo granítico,
situado a uns 25 m cara ao nordés do anterior (denominación: “Petróglifo do Outeiro da Corva
II”; coordenadas.- X: 546.754; Y: 4.707.693).
A día de
hoxe (10-5-2015), o número de gravados rupestres localizados en Cerdedo ascende
a vinte e catro. Doce dos vinte e catro petróglifos foron descubertos polos
exploradores de Capitán Gosende.
.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario