19/10/11

Os amigos de VAIPOLORÍO estrean web (Eu dedícolles unha cantarela)

.
..
.
Nova ligazón a VAIPOLORÍO:
.
http://www.vaipolorio.org/
.
.
.

Eu son do río

(Cantarela para os de Vaipolorío)

.

Mentres avante o río,

non serei pedra dormente

nin tallamar abatido.

Troita a contracorrente,

mentres avante o río.

.

Mentres o río asolague,

hei domear a silveira

que a miña ponte asoballe.

Raíña de sol na ribeira,

mentres o río asolague.

.

Porque eu son do río,

levada encanada

para o vello muíño.

Branca fariña de millo;

eu son do río. (bis)

.

Mentres avante o río,

non reinará primavera

sen ledo rechouchío.

Merlo bulindo na arnela,

mentres avante o río.

.

Mentres o río asolague,

hei axotar a nugalla

que o meu labor atrapalle.

Lúa na tona da auga,

mentres o río asolague.

.

Porque eu son do río,

airexa trenzada

na folla do brido.

Sombra ao pé do camiño;

eu son do río. (bis)

.

Vaipolorío,

os pés mollados

non teñen avío;

limpa alborada do Gafos,

Vaipolorío.

.

Calros Solla, 2010.

.