.
No xornal Faro de Vigo-Terra de Montes (con data, 13-11-12), o Concello de Cerdedo alude e interpela este escribán por mor do expresado nun artigo aparecido no mesmo xornal (con data, 4-11-12), intitulado "Dez anos do Roteiro Sarmento en Cerdedo".
.
Di o Concello de Cerdedo que "descarta haberse apropiado de la ruta Frei Martín Sarmiento".
No meu escrito xamais afirmei tal cousa, era o que che nos faltaba, que os rexedores municipais se aseñorasen das corredoiras, pontes, capelas, cruceiros, canastros e vivendas polas que, ou a carón dos cales, discorre o roteiro. Escribín, literalmente, que o Concello se APROPIOU DA INICIATIVA, e isto é unha verdade incontrovertíbel, xa que a primeira edición do Roteiro Sarmento, itinerario baseado nos meus apuntamentos, se celebrou en maio de 2002 (Ano Sarmento). O Concello recoñece que foi hai oito anos cando se procedeu a redefinilo e a homologar a súa versión. Daquela, as datas cantan.
.
.
[Líguese, por exemplo, a web de Turismo Rías Baixas:
.
Di o Concello de Cerdedo que, alá polo 2004, unha "experta en rutas de senderismo" deseñou o PRG-69.
Ben, pois é evidente que o fixo atendendo calquera motivación excepto a de reproducir fielmente o camiño descrito polo frade nas súas visitas ás Raposeiras. Recoméndolle, neste senso, a consulta de Viaxe a Galicia de 1745, guía elaborada polo propio Sarmento. Tras a lectura atenta do seu caderno de viaxe, concluirase que o chamado "Sendeiro Frei Martín Sarmiento" se pode chamar de calquera xeito agás "de Frei Martín Sarmiento", por moito que inclúa a visita ao pazo das Raposeiras. Aproveito para insisitir en que a casa grande dos Gosende ameaza con virxe abaixo sen remisión.
.
Di o Concello de Cerdedo que "decidió bautizarlo con el nombre del fraile benedictino porque consideró importante el hecho de que en el trazado esté la casa en la que habitó
Frei Martín Sarmiento".
Pola mesma, a rota tamén se puido bautizar co nome "Sendeiro da ponte de formigón, agasallo da hidroeléctrica", xa que un dos trazados propostos polo Concello leva os camiñantes a atravesar o río do Castro nese punto. Escuso dicir que o Padre Sarmento non empregou dito pasadeiro.
.
Di o Concello de Cerdedo que o asfaltado do camiño medieval que unía as aldeas da Revolta e Cavenca se acometeu "tras las peticiones que le hicieron llegar los vecinos
de los lugares afectados para mejorar el vial de acceso a sus
viviendas".
Lido tal pretexto, agardamos que a ningún veciño se lle dea por pedir o asfaltado do camiño medieval de Santo Antonio para mellor acceder á estrada xeral, pois, abofé, o solícito Concello de Cerdedo cumprirá cegamente os seus desexos. Aínda que xa nos pareza utópico, é obriga das distintas administracións velar pola preservación do patrimonio de todos os galegos, máis alá dos intereses particulares. Mesmo así, hai mil xeitos de acondicionar un camiño histórico sen botar man do asfalto e das padexadoras.
.
Aproveito para insistir en que o carballón das Lameiras, sito na Revolta, á beira do citado camiño, é unha das árbores afectadas polo decreto de corta do Concello.
.
Di o Concello de Cerdedo que se acordou rebautizar a costa de Meilide co nome de Avenida Frei Martín Sarmiento "tras las peticiones que se recibieron en este Concello a través de una
recogida de firmas vecinales y el escrito presentado por el colectivo
Verbo Xido en fecha 4 de enero de 2011".
A min paréceme unha decisión estupenda. No meu artigo só engadín "malia que para tal fin, houbese que choer o vial con quintais de bloque imitación pedra e cemento a esgalla". Consumado está o feitío para quen queira dar testemuño.
.
.
.
Conclusións e evidencias.
.
-En base aos escritos do Padre Sarmento, o PRG-69 pode nomearse de calquera xeito agás "de Frei Martiño Sarmento", porque obriga a transitar por vereas non explicitadas polo frade ilustrado.
-O estado de conservación do PRG-69 é lamentábel. Nun
artigo, entre moitos, intitulado "A Galicia escintilante fronte á Galicia real",
publicado no xornal dixital Galicia Confidencial (8-2-11), o Sendeiro
Frei Martín Sarmiento, a carón doutras dezaoito rotas, aparece cualificado como
"IMPRACTICABLE".
.
.
-No
folleto de información turística Sendas
para descubrir un país, editado no ano 2011 pola Xunta da Galiza (con
textos, entre outros, da Federación Galega de Montañismo), non aparece consignado o PRG-69, testemuñando que incumpre as condicións de homologación esixidas pola FEDME e pola FGM.
.
.
-A monumentalidade do carballón das Lameiras está ameazada pola motoserra do Concello. Ao seu pé aínda son visíbeis as fatídicas marcas vermellas de spray. O derrubamento do pazo das Raposeiras, se ninguén o impide, acontecerá de xeito inminente. Etc., etc.
.
-Política cutre aquela coa que pandamos. Todo fica reducido á elusión de responsabilidades, botándolle sempre a culpa aos demais (que se a experta en roteiros..., que se a anterior corporación..., que se os veciños...).
.
-Política cutre aquela coa que pandamos. Todo fica reducido á elusión de responsabilidades, botándolle sempre a culpa aos demais (que se a experta en roteiros..., que se a anterior corporación..., que se os veciños...).
.
Dixi et dico.
.
.
Extracto publicado no Faro de Vigo (16-11-12):
.
.
.
Extracto publicado no Faro de Vigo (16-11-12):
.
.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario