27/9/13

A EMOCIÓN DA DESCUBERTA (20 anos pateando a Terra de Cerdedo)

.
.
.
.
Unha escolma dos meus achados: 
.
.
.
.
Aixola neolítica atopada na aldea de Abelaíndo (Cerdedo) no ano 1999. Unha peza semellante atopeina na aldea de Fraguas (Tomonde) en 2003 (doada ao CETMo).
.
.
.
.
Fragmento de ara votiva a Mercurio (A Lama/Cotobade-Monte do Seixo), atopado no ano 2000.
.
.
.
.
Buril do Outeiro da Cama (Cerdedo-Monte do Seixo), atopado no ano 2001. Material: xaspe vermello, proveniente, quizais, da canteira de Campomarzo (Silleda).
.
.
.
.
Portalén (A Lama-Monte do Seixo), identificada como a porta do Outro Mundo no ano 2002.
.
.
.
.
Pedras Guiadas do Castro Grande (Forcarei-Monte do Seixo), identificadas como o pasadeiro soterrado de Trentinán no ano 2004.
.
.
.
.
Gravado rupestre da Porta do Castro (Arén-Cerdedo), relocalizado no ano 2004.
.
.
.
.
Gravado rupestre do Outeiro de Chamadoira (Cerdedo), descuberto en 2004 e bautizado por min como Laxa do Almanaque.
.
.
.
.
Fragmento de muíño circular castrexo (Barro de Arén-Cerdedo), identificado no ano 2004. Proveniente do castro de Arén.
.
.
.
.
Gravado rupestre do Monte de Baixo (Limeres-Cerdedo), descuberto no ano 2008.
.
.
.
.
Idoliño funerario da mámoa de Mamoalba (Quireza-Cerdedo), atopado no ano 2008. Foquiña central.
.
.
.
.
Fragmento de muíño circular castrexo localizado no muro da capela de San Cibrán (A Vilalén-Tomonde) no ano 2008.
.
.
.
.
Antropomorfo do Coto das Insuas (O Serrapio-Pedre-Cerdedo), atopado no ano 2012. 
.
.
.
.
Muíño navicular do Castriño (Quireza-Cerdedo), atopado no ano 2012.
.
.
.
.
Coto da Roda (Curro neolítico-Castro), na estrema das parroquias de Parada (Cerdedo) e Castrelo (Forcarei), identificado no ano 2012. Vestixios de forxa.
.
.
.
.
Círculos concéntricos da Laxa das Filloeiras (Pedre-Cerdedo), redescubertos no ano 2012.
.
.
.
.
Laxa das Filloeiras (Pedre-Cerdedo), descuberta no ano 2012.
.
.
. 

No hay comentarios: