3/8/13

CAPITÁN GOSENDE ORGANIZA UNHA VISITA GUIADA Á ALDEA VELLA DE VICHOCUNTÍN (CERDEDO)

.
.
.
Ligazón ao artigo en Faro de Vigo (3-8-2013):
.
.
.
.
.
.
.
Xoán Soto, Anjo Torres, Joao Bieites, Nacho Grande, Miguel Solla, Pedro Peón e Calros Solla baixo a bóveda arbórea do vello Vichocuntín, tras os labores de limpeza e acondicionamento.
.
.
.
.
Morea de lixo retirado dun dos accesos á aldea
.
.
.
.
.
Visita guiada (domingo, 11 de agosto de 2013)
.
.

Saúdos, amig@s:


O colectivo Capitán Gosende, tras os labores de limpeza e acondicionamento desenvolvidos na recén descuberta aldea vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo), comprácese en convidarvos á primeira visita guiada que terá lugar o día 11 de agosto (domingo).


O punto de encontro será o restaurante "O Meu Lar" (Cerdedo) ás 10:30 h da mañá. Moito tería que chover para que se adiase a actividade.


Tras a paseata polo vello Vichocuntín, temos apalabrado un xantar en Cerdedo, no dito restaurante "O Meu Lar". Se vos queredes sumar ao almorzo (prezos accesíbeis), facédenolo saber por calquera medio ou conduto, mais, prégasevos que tomedes o día 8 (xoves) como data tope para nolo comunicar.


Coñecendo como vos coñecemos, coido que a visita sera do voso agrado e interese. Moitas grazas. 


Chova, neve ou vente: Capitán Gosende!!

.
.
.

No hay comentarios: