29/12/12

CEA DE NADAL DO COLECTIVO CAPITÁN GOSENDE (Cerdedo, 2012)

.
.
.
O venres, 28 de decembro, día dos Santos Inocentes, os membros do colectivo Capitán Gosende de Cerdedo celebraron a súa tradicional cea de Nadal no restaurante O Meu Lar.
.
Tras atemperar o espírito coa axuda de gorentosos alimentos (sólidos e líquidos), pois a noite quedara fresca, fíxose balance das intervencións levadas a cabo nestes últimos meses: descuberta, limpeza e sinalización da pedra antropomorfa do Serrapio, descuberta, limpeza e sinalización do gravado rupestre da Laxa das Filloeiras (Pedre), limpeza do cruceiro do Pego (Parada), limpeza do gravado rupestre da Porta do Castro (Arén)... 
.
Fíxose, así mesmo, propósito de continuar o vindeiro ano coas actividades, en prol de valorizar o esquecido patrimonio cultural de Cerdedo. Labor calado, a pé de obra, sen estrondo, sen delirios de grandeza, mais deixando pegada.
.
O colectivo Capitán Gosende deséxalles un venturoso ano 13 a todos aqueles que acreditan nun planeta, nunha Galiza e nun Cerdedo mellores.
.
Podedes seguir as aventuras do Capitán Gosende a través da súa agra aberta en Facebook:
.
.
.
.
.
.
.
.

No hay comentarios: