A COLECCIÓN DE AMULETOS, TALISMÁNS E PEDRAS DA FARTURA BÓTASE DE NOVO AOS CAMIÑOS
.
.
Querid@s amig@s:
Práceme convidarvos á reapertura e nova andaina do Museo Etnográfico
LISTE (Vigo) e, asemade, á inauguración, na sección de exposicións
temporais, dunha fermosa colección de amuletos, talismáns e pedras da
fartura que tiven a honra de dispoñer. Se vos prouguer, o acto terá
lugar no Museo Liste, o vindeiro sábado (día 15) ás 18'00 h. Entrada
libre.
A ilustración corresponde a unha das
pezas da colección: a chamada Cruz de santo André. A pedra é fermosa, a
historia é alucinante.
.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario