31/10/13

DOUSCENTOS ALUMNOS DE SECUNDARIA PERCORREN O "ROTEIRO POLO PEDRE MILENARIO" (30-10-2013)

.
.
.
O departamento de actividades culturais do colexio onde exerzo o maxisterio programara para o día 30 de outubro unha camiñada pola parroquia de Pedre (Cerdedo), magnífico escenario no que festexar o magosto canda o noso alumnado de Secundaria. Non se podía ter feito mellor elección.
.
O día 30, mércores, tres autocares ateigados de rapaces partían de Vigo con dirección a Terra de Montes. Un flamante sol outonizo vaticinaba unha xornada propicia. Transcorrida unha hora e cuarto de viaxe (62 km), douscentos expedicionarios puñan o pé no enlousado da Eira Grande. Como exclamou un veciño: "Pedre nunca tal cousa vira!".
.
Ao pé dos canastros, fixemos a primeiro pouso interpretativo. As necesarias explicacións retomáronse baixo a Pontapedre, a carón do Xacente do Coto das Insuas, ao pé da capela do San Lourenzo (O Serrapio) e na aldea vella de Vichocuntín. Foron precisas catro horas para cubrir os 7 km da primeira etapa do roteiro. Esgotados e satisfeitos polo moito visto e andado, a interminábel fileira de estudantes acadou o punto onde estacionara o convoi de buses. “Mestre, teño fame!!”, escoitábase con insistencia. Daban as dúas e media.
.
Sen demora, os autocares partiron cara a Cerdedo. No restaurante “O Meu Lar” agardaban por nós cunha soberbia castañada. Saciadas fames e sedes, ás 4 da tarde, sen novidade, abandonamos a cerdedense rúa das Longas destino Vigo. Escuso dicir que a experiencia vivida na verdecente valiña do Lérez perdurará na memoria dos nosos alumnos. 
.
.
.
Fronte aos hórreos da  Eira Grande
.
.
.
.
.
.
Pola corredoira da Pontapedre abaixo
.
.
 .
.
Cruzando o Lérez pola ponte medieval
.
.
 .
.
Á raxeira das Insuas, as veigas da marxe dereita do río
.
.
 .
.
 .
.
 .
.
.

 .
.
.
.
Tras a Pontapedre, polo antigo camiño de peregrinos a Compostela
.
.
 .
.
No cotarelo do San Lourenzo (O Serrapio)
.
.
 .
.
.
.
 .
.
Ás portas da aldea vella de Vichocuntín
.
.
 .
.
 .
.
Por entre as ruínas de Vichocuntín
.
.
 .
.
.
.
Atravesando a congostra que une as aldeas de Vichocuntín e Pedre, na ourela esquerda do Lérez, treito final da camiñada
.
.
.
.
.

No hay comentarios: