.
.
Membros
do colectivo cerdedense Capitán Gosende acompañaron o pasado sábado un grupo de
excursionistas de Pontevedra. Os visitantes, todos eles vencellados coa
administración de xustiza, fixéranlle chegar á asociación o desexo de coñecer
polo miúdo o acervo patrimonial da nosa Montaña Máxica.
.
Había unhas semanas que se
concertara a paseata, mais, adiada por mor da inclemente meteoroloxía, por fin
o sábado 11 de maio, xornada solleira, o grupo formado por unhas trinta persoas
percorreu o “Roteiro 1” da montaña, cuxo punto de partida é a necrópole de Chan
de Mamas.
.
Para a ocasión, decidiuse rematar o itinerario
no coto da Santa Mariña (994 m de altitude). Alí, dende o “trono pétreo”
coñecido por Cadeira do Rei, os participantes na actividade gozaron dunha
privilexiada panorámica das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo e dun amplísimo
horizonte. Prometeron repetir, xa que, como comprobaron, o monte do Seixo garda
moitísimos máis segredos.
.
11-5-2013:
Nº de persoas guiadas polo monte do Seixo: 2.240.
..
Reportaxe fotográfica: Joao Bieites
..
.
.
.
.
.
.
.
PORTALÉN
..
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
EXVOTOS DEPOSITADOS NO OUTRO MUNDO
..
.
.
MARCO DO VENTO
..
.
.
CADEIRA DO REI
..
.
.
AROUSA, PONTEVEDRA E VIGO
..
.
.
.
.
.
.
.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario