.
.
20 de abril de 2013
Nº de visitantes guiados pola Montaña Máxica:
2.211
..
Ligazón á nova do Faro de Vigo (22-4-2013):
.
.
.
.
.
CRÓNICA FOTOGRÁFICA
.
.
.
..
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Capitán Gosende guía unha nova camiñada polo monte do Seixo
.
O
sábado 20 de abril, xornada solleira, o colectivo Capitán Gosende de Cerdedo
acompañou os alumnos de galego da Escola Oficial de Idiomas de Lugo polo
itinerario mitolóxico do monte do Seixo, a nosa Montaña Máxica.
O grupo compúxose dunhas cincuenta
persoas. O profesorado de lingua galega tivo a deferencia de escoller como
lectura obrigatoria para este curso o libro Monte do Seixo. O santuario
perdido dos celtas que recolle e glosa as estacións míticas que adobían o noso
monte, ben estimadas polos de fóra e ignoradas polos coterráneos, aínda a
sabendas do rendemento que Cerdedo podería obter deste recurso a pouco que o
promovese como "parque temático" da nosa mitoloxía popular. Sen alternativas ilusionantes,
o concello cerdedense esmorece irremisibelmente.
Daquela, coa intención de cumprir co programa, ben
cediño nos demos cita en Cerdedo. Tras a oportuna paraxe e albaroque no
restaurante O Meu Lar, punto de encontro e fornecemento de moitas das nosas
excursións, emprendemos o ascenso.
Xa en Chan de Mamas, perto dos 1.000 m de
altitude, os nosos visitantes abandonaron a confortabilidade do autocar para
enfrontar con entusiasmo o denominado “Roteiro 1” que, dende o xacigo
megalítico, nos conduciu deica a ermida da Santa Mariña.
Como é costume inescusábel, os excursionistas fixeron
pouso en Portalén, a soleira do Outro Mundo e, ao igual ca nas estacións
precedentes, se lles deu a coñecer a transcendencia que para os nosos devanceiros
e para os seus dignos herdeiros ten aquela singular peneda. É ben sabido que,
cadrando co mes de Santos, calquera pode achegarse á Portalén e, en troco dunha
cativa ofrenda, obter dos que xa non están entre nós alivio para as
tribulacións.
Deron as tres da tarde e, xa que en Cerdedo
agardaba por nós un gorentoso e reparador xantar, iniciamos o descenso,
esquecendo axiña a airexa incesante coa que foramos recibidos pola montaña.
Dixo o monte do Seixo: “Quen sexa o meu amigo verdadeiro, haberame visitar de
vrau e mais de inverno”.
.
...........Satisfeitos polo labor desenvolvido, anotamos no caderno de bitácora o agarimo destes cincuenta novos amigos que, abofé, contribuirán a espallar o que outros pretenden acalar: “20 de abril de 2013. Nº de persoas guiadas pola Montaña Máxica: 2.211”. Suma e segue.
............Satisfeitos polo labor desenvolvido, anotamos no caderno de bitácora o agarimo destes cincuenta novos amigos que, abofé, contribuirán a espallar o que outros pretenden acalar: “20 de abril de 2013. Nº de persoas guiadas pola Montaña Máxica: 2.211”. Suma e segue.
.
.
4 comentarios:
Somos o alumnado de Avanzado 2 de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Queremos darlles as grazas a Carlos Solla e ao grupo do Capitán Gosende polo tempo que nos dedicaron o sábado 20 e que nos permitiu coñecer a maxia do Monte do Seixo. A vosa pegada vaise transmitir ás nosas amizades ao redor do mundo. Desexamos poder compartir de novo convosco a beleza das vosas lendas. Unha aperta dende Lugo, onde atoparedes a vosa casa e máis novas historias mitolóxicas.
Saúde e fartura, Belén. Transmítelles aos teus compañeiros que foi un inmenso pracer coñecervos e partillar con vós a xornada polo Seixo. Agardo que a maxia da montaña guíe e sortee o voso destino. Unha forte aperta.
Quixera poder trasladar en poucas palabras todo aquilo que sentín durante a excursión ao Monte do Seixo. O misticismo, as lendas, deterse o tempo ao noso paso, a memoria do pasado; onde ao marchar deste lugar, só me vén á memoria os versos de Rosalía, cheos de recordos e pesar por abandonar a súa terra, o seu fogar....
“Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Grazas por unha experiencia chea de profundidade espiritual.
Mónica (alumna do Celga 4).
Xente coma ti, Mónica, fai que, por máis dor que sintamos ao contemplar o estado da montaña, teimemos na transmisión do saber herdado dos nosos devanceiros. Unha forte aperta.
Publicar un comentario