12/6/09

COMO HEI VIVIR MAÑÁ SEN A LUZ TÚA? (Bernardino Graña)

.
. .
COMO hei vivir mañá sen a luz túa?

Case morto vivín sen coñecerte
aló na chaira seca por absurdas rúas
onde ninguén me soubo dar mornura.
.
Foi soedade desconforme adentro
e a semente a caír en terra dura.
.
Como hei vivir mañá sen a luz túa?
.
Erguinme e vinte ao regresar á terra
como se fora todo aquelo un soño
pesado e ti xa foras sempre miña.
.
Foi outra vez materno en aloumiño.
o bico teu na lingua.
.
E foi de novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura.
.
Como hei vivir mañá sen a luz túa?
.
Pero hoxe mesmo o día abriu en medo
entrou na fiestra un sol estraño inmenso
e deixáchesme o leito en mantas frías.
.
Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía
a me pinchar as cousas en millóns de pugas
cada minuto en séculos de agullas.
.
Como hei vivir mañá sen a luz túa?
.
Se o noso amor e os peixes... (1980).
.
.
Escóitese o poema na voz de Suso Vaamonde:
.
.
.

SOBRESALIENTE "CUM LAUDEM" (Unha pica en Flandres laica e galega)

.
. .

ENCE FÓRA DA RÍA!!

.
. .
.
.

11/6/09

IDIOMAS PARA GALEGOS (Xavier Alcalá)

.
. .
Idiomas para galegos.
.
Seica os nenos teñen unha grande vantaxe sobre os adultos: apañan sons de idiomas diferentes e métenos noutras tantas partes do cerebro que logo se interconectan. Por iso os aprenden tan ben, coa correspondente fonética.
.
As linguas fanse con palabras, sons encadeados, estruturados segundo códigos. Representan xeitos de pensar e sentir recollidos nunha memoria colectiva. Cada lingua é unha nación e os que falan moitas son máis humanos cós que falan poucas porque pertencen a máis pobos.
.
Se en Galicia non houbese traumas de fala, a xente ensinaríalles na casa aos fillos a patrimonial e deixaría que, mergullados nun mundo mediático castelán, aprendesen a lingua franca de España e Hispanoamérica (donda forma de "galego oriental vasquizado e mozarabizado"). Despois procurarían que na escola se paralelizase o ensino de castelán co do portugués, "galego estremeño, mozarabizado" cunha fonética -por veces forzada- coincidente en moitos aspectos coa do francés, lingua latina ben fácil de aprender.
.
Na mente dos rapaces é sinxelo armar os crebacabezas das tres latinas máis estendidas polo mundo: castelán, galaico-portugués e francés. E o frances pode axudalos moito a entraren no híbrido xermanolatino que manda no globo, o inglés: quen fala francés ten a metade do vocabulario inglés no peto.
.
Nunha Galicia orgullosa do que lle deu ao mundo, non abonda con "español e inglés". O percorrido sería do galego ao inglés, pasando polo portugués e o francés (sen esquecer o castelán, of course).
.
La Voz de Galicia, 10-6-2009.
.
..

10/6/09

"ABERTO POR REFORMAS" de Xurxo Souto desaparece da programación da Radio Galega

.
..
.
.
Clíquense:
.
.
.
.

HÉITOR MERA lerá a primeira tese en galego na historia da UNED

.
..
.
Léase:
.
.
.

SEMPRE EN GALIZA (A. R. Castelao) [retallo II]

.
. .
Prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsastes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugastes o galego perante os tribunais de xustiza e chegastes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.
[…]
Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola predisposición psicolóxica dun pobo, que, en condicións históricas favorábeis, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensíbel dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa un atentado á súa cultura peculiar. Mais os pobos teñen unha forza máxica, invulnerábel, e por iso as nacións asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poden converterse en parasitos da cultura dominante; pero endexamais se deixan asimilar. O problema do idioma en Galiza é, pois, un problema de dignidade e de liberdade; pero máis que nada é un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón. Nós queremos mamar a cultura da propia teta. Pedimos garantías legais para o desenvolvemento natural do noso espírito, porque queremos volver a presentarnos dignamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura (sabedoría manifestada) para ofrendarllo ao acervo espiritual da Humanidade.
.
Sempre en Galiza (1944).
.
.