29/5/19

Biblioteca OTERO ESPASANDÍN: O que Cerdedo lle ensinou ao mundo.

.
.
.
Xosé R. Otero Espasandín
(Castro, Cerdedo 1900-1987)
.
.
.
.
.
Caricatura de Ana Santiso
.
.
.
.
1941
.
.
.
.
.
.
.
.
1942
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
1943
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
1944
.
.
.
.
1945
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
1946
.
.
.
[Pseudónimo]
.
.
.
[Pseudónimo]
.
.
.
.
1947
.
.
.
.
1948
.
.
.
.
1950
.
.
.
.
1984
.
.
.
.
2006 (Edición de María Cuquejo)
.
.
.
.
.
.
Debuxo de Attilio Rossi
.
.
.
Debuxo de Luís Seoane
.
.
.

25/5/19

A GRAN MORTALDADE (Calros Solla, Edicións MORGANTE, 2019)

.
.
.
.
.
.
Entrevista con Calros Solla, autor do libro A gran mortaldade (Ed. Morgante, 2019)

No libro denomínase “gran mortaldade” o que outros nomean “sangría demográfica”.

O escritor Calros Solla vén de publicar en Edicións Morgante A gran mortaldade, un conxunto de dezaseis relatos e un micropoemario co que se estrea no eido da narrativa de ficción.

En opinión do autor, o libro pode administrarse como menciña para soportar o trauma da decadencia e desaparición de Cerdedo. Segundo Armando Requeixo, mesturando feitos e personaxes reais cunha imaxinación prodixiosa, Solla debuxa un mapa sociolóxico e identitario no que a evidencia do fracaso e a esperanza da resistencia son os ingredientes principais dun cóctel literario servido con grandes doses do máis ácido humor (Diario Cultural-Radio Galega, 26-3-2019).
A gran mortaldade integra, canda outros dezaoito volumes, a colección Cerdedo in the Voyager, un proxecto editorial de características únicas que converteu Cerdedo en selleira paisaxe literaria e nun dos territorios mellor estudados dende o punto de vista histórico e etnográfico. O libro será presentado proximamente na Estrada, Cerdedo, Pontevedra e Vigo. A súa lectura suscitounos as seguintes preguntas:

A gran mortaldade é a súa primeira aposta pola narrativa, que supuxo para vostede enfrontarse a un xénero literario inexplorado?
Certamente, cada xénero literario ten o seu código de expresión. Enfrontei a angueira da narración co mesmo entusiasmo co que enfronto a miña afección pola exploración e a descuberta. Non obstante, n’A gran mortaldade tamén son evidentes as concesións ás disciplinas poética e ensaística. Tiña moi claro o que quería transmitir en cada relato, mais procurei non coartar a súa canle de expresión; deixei que, capítulo a capítulo, a mensaxe hibridase ou se acomodase ao leito que, insospeitadamente, escolleu para discorrer.

O libro desprende un ton apocalíptico, cales foron as súas motivacións? 
Entre os personaxes históricos e lendarios que o pobo de Cerdedo lle legou á galeguidade, a figura do Tecelán de Carballás é unha das que mais éxito colleitou. Integrado no aparato mitolóxico do monte do Seixo, o Tecelán vaticinou a fin dos tempos, a fin do mundo, e da súa atinada clarividencia valémonos para facer de fío condutor (v.g.: “Os tres misterios da Moura”). Ben interpretado o prognóstico, as “cuartetas” do vedoiro de Carballás adiantaban a desaparición dunha forma de vida, dunha maneira de estar no mundo, de interaccionar coa natureza. Por desgraza, a profecía cumpriuse. O modelo de globalización imposto polos poderes financeiros, fundamentado no consumismo sen escrúpulos, outorgoulle a bitola antisistema a toda actitude que avogue pola sustentabilidade e a convivencia harmónica co medio. En Cerdedo non se lle quixo ou non se lle soubo pór couto a esta inanición disfrazada de progreso. Afogada a inherencia agropecuaria, vivir en Cerdedo volveuse inviábel. Ao longo destas décadas de investigación e divulgación do noso pasado e da nosa tradición, procuramos tecer un Cerdedo honroso e alternativo co obxectivo de espertar conciencias, porén tampouco tivemos éxito. Mesmo así, úrxenos aprender dos erros cometidos e emprestarlles máis atención ao refraneiro, á sapiencia ancestral destilada das vellas fabulacións e menos ao discurso suíño e interesado da política convencional, instalada na autocompracencia. Máis alá das nomenclaturas, Cerdedo deixará de ser o Cerdedo que coñececemos tras a morte da derradeira vaca e o apagamento da memoria oral.

O libro está ateigado de símbolos. Como explica a figura do mecanismo da Antiguidá?
Nese relato non se eluden responsabilidades. A Cerdedo todos o matamos e el soíño acabou morrendo. O mecanismo da Antiguidá representa o noso reloxo biolóxico que interrompeu o tictac en faltando quen lle dese corda. O declive vénse como a noite no inverno. Facer revivir un territorio moribundo é un arduo labor colectivo. Para mudar este estado, para pór Cerdedo en hora, cómpre encomendármonos á ciencia e á maxia. Soa paradoxal, mais o Cerdedo 4.0 deberá esconxurar o meigallo oportunista que nos fixo desaparecer como institución. De nada vale escenificar o pranto desconsolado de portas para dentro. Para que no pobo fragüe a necesaria revolución, débese propiciar o cambio no celme de cada individuo. Para que o morto resucite, antes ten que decatarse de que está morto (“O sono eterno”, “Chamada de socorro”, “A casa que come”...). Cerdedo está enfermo de inercia: mortos sepultados, mortos esquecidos, mortos de corpo presente, mortos ausentes, mortos en vida... Xa digo, a tarefa é titánica, mais ineludíbel.

Canto hai de realidade nesta ficción?
No libro conviven personaxes reais e imaxinarios. Tanto uns coma outros foron utilizados simbolicamente. Así mesmo, conxúganse os feitos históricos coa ficción verosímil, combinando o “pasou o que pasou” co “non pasou pero podería ter pasado”, e todas as tramas se van engrenando cun obxectivo: salientar que Cerdedo (ou Galicia) non poden aturar por máis tempo esta prostración.

Entenderase este libro fóra de Cerdedo?
Indíxenas ou foráneos, o autor encarécelles aos lectores o esforzo necesario para desentrañar os misterios da nosa triste circunstancia, en troco de aprender na cabeza doutro (na nosa). O mal non é endémico de Cerdedo; en Cerdedo, o virus mutou e fíxose resistente. É certo que A gran mortaldade permite diferentes lecturas, atendendo ao grao de vinculación co territorio e a súa problemática. Secasí, o despoboamento, a impostura política, a resignación, a ocaso das culturas minoritarias... son temas universais. Aínda que nada é o que parece, os ollos informados e perspicaces axiña darán coas claves interpretativas, recreándose no exercicio de ler entre liñas.

Que repercusión está tendo o libro?
En Cerdedo, a de sempre, a que se lles vén dispensando, dende 2002, a todos os títulos da colección Cerdedo in the Voyager. Silencio medroso ou militante. Hai dezasete anos, a autoridade decretou a inconveniencia destas lecturas. Pola súa condición de proscritas mesmo se lles negaron os andeis da biblioteca municipal. Coñecendo o talante, asumo tal decisión como a máis gloriosa das distincións. Fronte á cerrazón, a crítica literaria deste país leva tempo gabando este libérrimo proxecto editorial, facendo fincapé en que non hai concello (ou semiconcello) ao que lle teña emprestado unha atención tan esmerada. En 2014, Ramón Nicolás escribía: a todas luces supón un proxecto singular e mesmo diría que exemplarizante no que atinxe ás posibilidades divulgativas que encerra, de existiren -claro é- persoas voluntariosas como Calros Solla que levan a cabo iniciativas deste xorne en base á riqueza -só hai que saber buscala- que desde diversas perspectivas atesouran territorios ou comarcas de noso, proxectando así a inxección das necesarias doses de orgullo polo propio que estes traballos, sen dúbida, provocan (Caderno da crítica, 22-12-2014). Pola súa banda, Manuel Gago falaba do caso máis asombroso de fidelidade a un concello (Galiciaé, 14-2-2018).
No libro noméase “gran mortaldade” o que outros denominan “sangría demográfica”. En Cerdedo, na comarca de Montes, a perda de poboación non só repercute nas cifras do censo; o despoboamento das aldeas é unha grande extinción de índole identitaria e cultural. Así e todo, ao libro agárdalle unha asimilación lenta e silandeira, porque o asunto que se aborda é a inexorábel desaparición dun pobo, e a morte, no rural, volveuse un tema tabú.

Bótalle en cara algo a Cerdedo?
Non. Traendo a colación as reminiscencias bíblicas d’A gran mortaldade, o pobo é libre de adorar os ídolos da súa predilección. Á luz dos feitos e tamén das feitorías, eu tamén son libre de opinar que eses ídolos son falsos. Outros, ben seguro, deben ser os referentes nos que basear o noso rexurdimento posíbel: a luminosa erudición do Padre Sarmiento, a ardencia emancipadora do movemento agrarista, o étnico cosmopolitismo de Otero Espasandín, os ideais democráticos dos nosos mártires republicanos, a xenial retranca dos arghinas, o vitalismo de Manuela de Barro e toda a sabedoría popular escolmada nos catro Retrincos publicados (e un quinto en preparación). É gozoso salientar que, en Cerdedo, alén do inmobilismo maioritario, existen honrosísimas e anónimas individualidades cuxo irredutíbel compromiso actúa de antídoto contra a desesperanza.    

Unha curiosidade, hai alieníxenas en Quireza?
(Risas). Eu non creo neles, mais habelos hainos. Entre outras leccións, do episodio dos extraterrestres asimilados aprendemos que cando unha anomalía se prolonga no tempo, o seu veriño recasta, vaise volvendo sangue do noso sangue. Chegados a este punto, para combater a iniquidade cómprenos unha transfusión vivificadora de coraxe e amor propio.      

Poeta, ensaísta, narrador; para cando unha peza teatral?
Se está de saír, sairá. Polo momento só aspiro, humildemente, a seguir de xira pola comarca coa compañía teatral do Capitán Gosende e interpretar o meu pequeno papel nesta traxicomedia. O público a quen lle dedicamos o espectáculo é difícil, pero o escenario é un dos máis fermosos que coñezo.
.
.
.

11/4/18

CALROS SOLLA (Biobibliografía)

.
.
.


Debuxo de A. Santiso
.
.
.

Calros Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É filólogo, profesor de historia e lingua galega, etnógrafo e escritor. Membro fundador do colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende. Membro da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
.
No eido poético, é autor dos poemarios Xábregho (1999), Mel de arañas (2000), Terras raras (2001) todos tres recollidos na antoloxía Ras e tritongos (2003). Os versos de Xábregho e Mel de arañas foran galardoados co 1º Premio de Poesía no I Certame Literario da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo (1992). É autor tamén de Cerdedo in the Voyager I (2004) e Libro de reclamacións (2005), coleccións de poesía visual, e mais dos libros de “retrónicas” reGaliza e outras chuches (2008) e O orgullo do gurgullo (2012), tributo á Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) no seu 25 aniversario. En 2010, saíu do prelo Pan prós crocodilos. Ese mesmo ano, foi merecente do Premio de Poesía Johán Carballeira polo poemario MazinGZ e, en 2011, do Premio de Poesía Victoriano Taibo polo poemario Holocausto zacoe.
.
O máis da súa obra poética espállase por libros colectivos e revistas literarias, entre os que salientamos: X Festival da poesía no Condado (1990), Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (2000), Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (2005), Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de Montes (2005), Pontevedra literaria (2007), Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007), Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007), Polos camiños de Cangas. 25 anos do certame de poesía María Soliño (2010), XXIV Festival da poesía no Condado (2010), Dairas (2011), Poema río dos Gafos (2012), 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015); Madrygal, Dorna, Verbo Xido, Arraianos...
.
No eido histórico-etnográfico, como estudoso da bisbarra de Terra de Montes, forneceu a súa colección “Cerdedo in the Voyager” cos seguintes títulos: Cerdedo. Materiais para o estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral (2002), Cerdedo na obra do Padre Sarmento (2002), Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005), Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica (2007), Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008) o seu labor de estudo e divulgación do monte do Seixo foi merecente do Diploma de Honra outorgado polos Amigos da Cultura Celta (Narón, 2011), revalidado pola mesma asociación cun Certificado de Agradecemento (San Cibrao de Las, 2017), Cantares de Manuela de Barro. Achegas ao cantigueiro de Cerdedo (2008), Carta arqueolóxica do concello de Cerdedo (2009), O vervo xido. A fala secreta dos canteiros de Cerdedo (2011), O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo (2011), O código da vincha. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo (2012), O crime de Pardesoa (2013), As pedras da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II (2014), Amuletos, talismáns e pedras da fartura: Obxectos de poder da Galiza tradicional (2014), A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III (2015), Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo (2016), Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV (2017) e O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo (2017).
.
No eido da narrativa, estreouse coa colección de relatos A gran mortaldade (2019).
.
Así mesmo, como colaborador da asociación cultural e ecoloxista Vaipolorío, deu ao prelo: Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos (2009), O demo asubiador (2014), O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970) (2014) e Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos (2019).
.
“Polo seu traballo incansable de promoción e posta en valor da lingua e da cultura galega e nomeadamente do patrimonio natural e inmaterial do concello de Pontevedra”, concedéuselle o Premio Cidade de Pontevedra 2015.
.
A Asociación Amigos da Cultura Celta outorgoulle en 2017 o seu Certificado de Agradecemento por contribuir a descubrir el patrimonio cultural celta de Galicia con sus trabajos de investigación en la Montaña Sagrada de O Seixo en Cerdedo (Pontevedra).
.
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais outorgoulle en 2017 o Premio Cogave.
.
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) outorgoulle en 2018 o seu Diploma de Recoñecemento.
.
     Como afeccionado á arqueloxía, amais de identificar, no monte do Seixo, por riba dunha trintena de “pedras con lenda” (estacións míticas) entre elas, a xa célebre Portalén, ten atopado, no concello de Cerdedo, numerosos depósitos ou pezas de notábel valor arqueolóxico: o pétreo antropomorfo nomeado Xacente do Coto das Insuas (O Serrapio-Pedre), o muíño navicular do Castriño (Fondós-Quireza), o gravado rupestre da Cerqueira (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres do Outeiro Aciveiro Ib, II e III (Biduído-Cerdedo), os gravados rupestres Ib, IV e V do Monte de Baixo (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Alto do Monte II (Deán-Figueiroa), os gravados rupestres da Laxa das Filloeiras I e II (Pedre), o gravado rupestre da Laxa do Sangal (Cerdedo), o gravado rupestre do muíño de Herdeiros de Baixo (Abelaíndo-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro da Bichoca (Chamadoira-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro de Riba (Biduído-Cerdedo), o gravado rupestre de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do monte de Laxoso (Quireza), os gravados rupestres das Corvas I e II (Pedre), o gravado rupestre da Porteliña (Tomonde), o gravado rupestre da Lomba de Castrodiz (Figueiroa), o gravado rupestre de Vilarchán (Quireza), os gravados rupestres da Laxa da Romaxe I e II (Pedre), o gravado rupestre do Outeiro Rachado (Figueiroa), o gravado rupestre do Coto Laceiras (Figueiroa), o Serpentiforme de Limeres (Limeres-Cerdedo), o gravado rupestre do Outeiro Framil (Quireza), os gravados rupestres das Abeleiras II e III (Lourido-Cerdedo), os gravados rupestres de Castro do Cabo I e II (Castro), o gravado rupestre de Carballás II (Outeiro das Coenlleiras) e a Cruz de Carballás (Cerdedo), o gravado rupestre do Lombo da Serpe (Castro), os gravados rupestres do Pousadoiro I, II e III (Cuíña-Quireza), a mámoa de Cuíña (Quireza), o gravado rupestre do Castriño (Mamoalba-Quireza), o gravado rupestre do monte Porrido (Cuíña-Quireza), o gravado rupestre de Vilarchán II (Vilarchán-Quireza), a mámoa 9 do Outeiro dos Corvos (Tomonde)...
.
No concello da Estrada, os gravados rupestres do Outeiro da Pena I, II e V (Sabucedo). No concello de Forcarei, o gravado rupestre da Mámoa Grande (monte do Seixo-Presqueiras), o gravado rupestre do Vieiro (Castrelo), os gravados rupestres da Pedreira IV, V, VI, VII e VIII (Pereira), o gravado rupestre de Filloi (Aciveiro)e os gravados rupestres do Outeiro das Cruces II e III (Ventoxo). No concello de Beariz (Ourense), a pedrafita de Xan Xil, o gravado rupestre de Ricovanca II, os gravados rupestres do Recosto I e II, o gravado rupestre da regueira de Arriba e o gravado rupestre do Outeiro da Carqueixa II (Xirasga). No concello de Cotobade, o gravado rupestre das Zacoteiras (Caroi) e os gravados rupestres do Outeiro da Urce I e II (A Corredoira). Na parroquia de Cerponzóns (Pontevedra), atopou o gravado serpentiforme da pedrafita do monte Curuto...
.
É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo), de 2002, Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2005, Roteiro da Pantalla (Cerdedo), de 2011, e Roteiro polo Pedre milenario, de 2013, inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios “Cerdedo in the Voyager” (Ed. Morgante), na dignificación da terra cerdedense. A día de hoxe, máis de cinco mil persoas descubriron o monte do Seixo na súa compaña. Xunto co Grupo de Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca” realizou o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009). En 2012-13, comisariou a exposición “De rezos a conxuros” (colección particular de amuletos, talismáns e outros obxectos de poder da cultura tradicional) no Museo Etnográfico Liste (Vigo), que foi visitada por perto de dez mil persoas. En 2016, promoveu a creación do Campo das Laudas (Meilide-Cerdedo), monumento na memoria das vítimas da represión fransquista en Cerdedo.
.
Á súa angueira investigadora e creativa engádeselle a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Consignado no Dicionario de Escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004), é adoito colaborador da prensa escrita (de xeito cotiá, no xornal Faro de Vigo) e das webs Tabeirós-Montes, Historia de Galicia Galicia Encantada. Mantén na internet os blogs O Embigo do Becho e Cerdedo in the Voyager.
.
.
.

8/9/16

ROMEIROS DO ALÉN: XXXIX Romaxe de Irimia no monte do Seixo

.
.
.
.
.
. 
O sábado 10 de setembro, a pouco que a meteoroloxía o propicie, o monte do Seixo converterase en escenario dun dos eventos culturais con máis sona e arraigamento de cantos se celebran no país: a Romaxe de Irimia, o multitudinario encontro dos crentes galegos que este ano acadará a súa triséximo nona edición. A Asociación Irimia, con case corenta anos de existencia, promove dende a sua fundación (acaecida en setembro de 1978) unha galeguidade cristiá, sublimada na “tolerancia, o diálogo, a solidariedade, a loita pola liberdade, a xustiza e a paz”.
            Ano tras ano, os responsábeis da loxística de Irimia escollen, como marco para a súa celebración, lugares cheos de significado, referenciais da nosa historia e da nosa cultura: o Pedregal de Irimia (Meira, 1978), o monte Aloia (Tui, 1983), a Ponte Ledesma (Boqueixón, 1984), O Incio (1988), o monte Faro (Chantada, 1991), o castro de Penalba (Campo Lameiro, 2000), a serra da Capelada (Cedeira, 2004), Chan da Arquiña (Moaña, 2006), Santa Uxía de Lobás (O Carballiño, 2013), as Penas de Rodas (Outeiro de Rei, 2015)...; e, paseniño, até trinta e nove selleiras localizacións que, espalladas polas catro provincias galegas, son reflexo da nosa sublime idiosincrasia.
            A título persoal, a escolla do monte do Seixo como marco para a romaxe irimega é motivo de fonda ledicia e grande responsabilidade; así mesmo, un soño cumprido. Neste noso país, erguer a voz, posicionarse sen ambaxes, preservar a dignidade é tarefa ardua que, adoito, implica camiñar en soidade, sen apoio ningún das institucións. O colectivo Capitán Gosende ábrese camiño nesta conxuntura pouco favorábel. Supeditados á carencia de medios, nada pedimos, nada ficamos a deber. 
En febreiro de 2015, a directiva de Irimia convidou os integrantes de Capitán Gosende a participar como relatores na súa Festa do Lume que, baixo o lema “Facendo país de abaixo a arriba”, celebrouse no mosteiro de Bergondo (A Coruña). As razóns do convite atopámolas na súa web (asociacion-irimia.org): “Na Festa do Lume 2015 da Asociación Irimia queremos celebrar e aprender do mellor que pasa no noso país. O asociacionismo de base en Galicia, aquel que se centra directamente en alentar e transmitir a cultura galega, ou aqueloutro que dinamiza as nosas comunidades, que organiza desde abaixo os diferentes eidos da nosa vida, ao tempo que revive a nosa identidade..., ese asociacionismo é una realidade que existe e resiste”.  
A delegación de Capitán Gosende presente en Bergondo puxo en coñecemento dos asistentes os pormenores da súa “folla de ruta”, o seu humilde labor de enxalzamento e dignificación cultural desenvolvido no concello de Cerdedo; denunciando os desmandos cometidos (ou pendentes de comisión) contra o patrimonio cultural e ambiental da zona: parques eólicos, hidroeléctricas, tren de alta velocidade, minaría do coltán, destrución da flora autóctona, eucaliptización, praxe caciquil, abandono, despoboamento...
Naquela Festa do Lume anunciouse o monte do Seixo como destino espiritual da romaxe para o ano 2016. Ende ben, os irimegos acordaran dirixir a súa corriqueira caravana cara aos cumes da serra do Cando. Cómpre salientar que tanto a promoción cultural do monte do Seixo (angueira de anos) como a responsabilidade organizativa da 39ª edicición recaeron e recaen nas asociacións culturais, contrarrestando o proverbial desleixo das administracións.
A piques de cumprir corenta anos da primeira xeira (no Pedregal de Irimia, nacenza do río Miño), a atalaia do Seixo servirá para seguir pregoando aos catro ventos a indómita condición de galegos: a devoción pola nosa lingua minorizada, pola nosa historia ocultada, pola nosa cultura maltratada; conscientes do feito diferencial da galeguidade. Velaí os alicerces da nosa resiliencia.   
Hai casemente un ano, ao pé das Penas de Rodas, o santuario solar de Outeiro de Rei (Lugo), lugar da 38ª romaxe, unha representación do colectivo Capitán Gosende “recolleu o ramo”, asumindo o reto de colaborar na organización da presente edición. Aquela xornada de refulxente irmandade permanece indelébel no maxín. Quen non se viu nunha semellante, aínda non experimentou a enerxía creadora e transformadora do noso pobo, unido en prol da causa común.
Naquela mesma data, os compañeiros do colectivo cotobadense Canón de Pau ofreceron a súa inestimábel axuda para turrar xuntos do carro, oferta que aceptamos gustantes e agradecidos, coñecedores da súa ampla e xenerosa traxectoria. Todos a unha, irmandiños!!
A XXXIX Romaxe de Irimia terá lugar, pois, no alto Seixo, por riba dos 900 m de altitude. Todos os camiños conducirannos á chaira da Santa Mariña na alborada do segundo sábado de setembro. Ogallá non chova!
O encontro evocará feitos pasados. Dende tempo inmemorial, naquela encrucillada, centos de labregas e labregos, gandeiras e gandeiros da redonda do Seixo, mediado o mes de Santiago, galgaban corgueiros e costaneiras para participaren, nesa terra de ninguén e de todos, non só da transacción, inherente ao mercado do gando e das sementes (o 18 de xullo), senón da liturxia do viño en cunca, do polbo á feira e do amigábel parrafeo.  
O 14 de setembro de 1810, hai xa 206 anos, ao pé do marco da Santa Mariña -antigo linde xurisdicional de Montes, Cotobade e Caldevergazo (A Lama)-, tivo lugar unha xuntanza á que asistiron os xefes das Alarmas da contorna. Os afoutos milicianos do “canón de pau” deseñaron a estratexia, previndo o contraataque do exército napoleónico, aínda activo en Portugal. Loitábase pola liberación, loitábase pola independencia, unidos no esforzo de afastar un exército inimigo e invasor; un inimigo que, no pasar dos anos, mudou arteiramente a súa fisionomía para seguir chuchando con ansia do noso sangue.
Canón de Pau e Capitán Gosende unimos esforzos para, na medida das nosas posibilidades, facilitar o feliz acontecemento. Os integrantes de ambas as dúas asociacións somos conscientes de que, no eido cultural, a sinerxía é indispensábel para enfrontar o quefacer reivindicativo que lle dá sentido á nosa existencia. Así mesmo, os de Capitán Gosende (Cerdedo) e Canón de Pau (Cotobade) adherímonos ao sentir da veciñanza integrada nas plataformas “antifusión”, pois entendemos que a arbitraria decisión de unir os dous concellos só agocha escuros intereses partidistas e persoais, unha mostra máis da praxe política que converteu este territorio nun ermo desesperante.
A comunidade irimega avanta con paso decidido cara a corenta edición da súa romaxe. Após catro décadas, os irimegos son custodios dunha arca ateigada de gozosas experiencias, vividas todas elas en lugares excepcionais. Agradecémoslle a Irimia a deferencia de erixir o monte do Seixo como acaído marco de convivencia. Non cabe dúbida que a súa decisión se viu favorecida polo incesante labor de defensa dos valores que atesoura o monte do Seixo: arqueoloxía, mitoloxía, natureza. Cómpre lembrar que o primeiro roteiro guiado polo Seixo se remonta ao ano 2002 e que a primeira edición do Roteiro da Montaña Máxica data do ano 2005. Ao longo desta quincena, ao tempo que se guiaba os nosos visitantes (máis de 3.000 persoas), antes Verbo Xido e agora Capitán Gosende denunciaron reiteradamente a destrución do patrimonio arqueolóxico e ambiental do monte do Seixo, transformado groseiramente nun parque eólico alá polo ano 2000.
Ben sabemos que, hoxe por hoxe, un dos atractivos da comarca é a peneda de Portalén, a mítica porta do Outro Mundo, en cuxa descuberta e posta en valor investín moito do meu tempo. Ao fío, os medallóns conmemorativos da XXXIX Romaxe, lucirán, baixo o lema “Romeiros do Alén” (Gondar dixit), a silueta de Portalén, segundo o deseño da ilustradora Ana Santiso. Este fermoso “souvenir” en cerámica de Sargadelos poderá adquirirse por un módico prezo, in situ, o día da festa. A escolla do monte do Seixo para a celebración da Romaxe e o motivo do medallón son un agarimoso recoñecemento a este traballo. 
A Asociación Irimia e os colectivos Capitán Gosende e Canón de Pau convídanvos a participar desta efeméride. Galegas e galegos de ben, provenientes dos catro puntos do país, congregaranse na Santa Mariña do Seixo para compartir unha xornada de exaltación da galeguidade. Súmense, pois, a esta festa da música, da palabra, da amizade e do sentimento. Non dubiden en achegarse e engadir o seu entusiasmo a un acto cultural que se desenvolverá ao ar libre, de balde e onde non se lles vai pedir o voto.
Desafiando o azar meteorolóxico (o lema do noso colectivo é “Que chova que vente, Capitán Gosende!!”), verémonos xa que logo no Seixo. Se informados do evento, desexan tomar parte, conflúan, de primeiras, na localidade pontevedresa de Cerdedo (a 30 km de Pontevedra (N-541), a 65 km de Ourense (N-541) e a 50 km de Compostela (EP-7001)). Dende alí collan o desvío cara a Presqueiras e San Domingos (PO-2204), en dirección ao parque eólico (no eido da sinalización, en Cerdedo seguen negando a existencia do monte do Seixo, máis alá da industria que o invadiu). Percorridos uns 4’5 km, viren á dereita para proseguir o ascenso cara á aldea de Carballás (sita a 6 km de Cerdedo). Deixen Carballás e continúen viaxe, dereitiños xa cara ao alto do monte. A 11 km de Cerdedo, a carón do transformador do parque eólico, desaparece a estrada asfaltada. Prosigan pola pista central uns 3’5 km, dirección sueste, até atopar a ermida da Santa Mariña (a 14’5 km de Cerdedo), lugar da romaxe.
Os actos comezarán ás 11:00 h da mañá do sábado. Un petisco de requeixo con mel sobre galleta mariñeira e un fermoso marcapáxinas da autoría de João Bieites serán o agasallo de benvida. No marcapáxinas reprodúcese o gravado rupestre denominado “Laxa da Romaxe I”, descuberto no monte de Pedre polos exploradores de Capitán Gosende en outubro de 2015. O petróglifo representa talmente unha foliada de hai 4.000 anos. As actuacións do grupo A Quenlla, con Mini e Mero á cabeza, do grupo Trubincos do Batán e do cantautor Tino Baz, amenizarán o encontro.
O contido da celebración xirará arredor de tres das moitas lendas tradicionais recollidas na contorna: a profecía do Tecelán de Carballás, a malfadada santa Mariña e Portalén. O Tecelán de Carballás, vello vedoiro, prognosticou, xacando, a ruína e abandono do rural. A economía tradicional, ecolóxica e sustentábel, supeditada á ditadura do capitalismo (xaora, o Tecelán bateu certo). Por outra banda, consonte o saber popular, a santiña do Seixo preferiu morrer xugulada antes de entregarse ao invasor romano. A santa Mariña, advocación do monte do Seixo, é paradigma do pobo resistente. Finalmente, Portalén, a soleira do Máis Alá, converterase na porta de acceso a unha nova dimensión, rexa e revitalizada, do noso celme. Para ritualizar o “paso da Porta” (“Eu renazo galego!”) cómpre que cadaquén faga a viaxe provisto dunha pedriña que, poñéndolle o ramo ao acto e a xeito de exvoto, depositarase formando un milladoiro.   
Ao remate da sección celebrativa, gozaremos dun xantar en fraternidade. No alto haberá servizo de bar-restaurante baixo carpa e un telderete de polbo á feira. Cadaquén traerá a súa comida, mais quen o prefira, ten a posibilidade de, coa debida antelación, encargar o xantar (racións de polbo, empanadas, tortillas, bocadillos, bebida, pan...) no seguinte nº de teléfono: 630825203 (Restaurante “O Meu Lar”).
Non esquezan engadir á súa equipaxe algo de roupa de abrigo, un parasol ou paraugas e/ou unha viseira (máis vale previr). As cadeiras e asentos nunca están de máis. Pola tarde, aqueles que o desexen, poderán participar da chamada “oración da tardiña” que terá lugar na carballeira de San Xusto (Cotobade).

Benvidos ao Seixo, irimegos; benvidos ao Seixo, Romeiros do Alén!!               
.
.
.

30/7/16

MARCHA CONTRA ENCE (4-6-2016)

.
.
.
.
.
.
Ligazón ao texto do manifesto:
.
.
.
.
Vídeo da lectura do manifesto:
.
.
.
.
.