31/1/13

"DESERTORES DO DESERTO (RAP PRÓ-SÁHARA)"

.
.
.
O querido amigo Joao Bieites, insigne correspondente de Capitán Gosende e da galeguidade no Sáhara Occidental, achega en vídeo uns instantes da súa estadía no deserto (decembro de 2012). 
Nesta selección, un home saharauí, de oficio panadeiro, le na súa lingua un fragmento do meu poema "Desertores do deserto (Rap pró-Sáhara)" incluído no volume colectivo Dairas, editado en 2011 polo IES Manuel García Barros da Estrada.
O proxecto Dairas (curtametraxe de animación + libro de poemas), co diñeiro recadado polas vendas (uns 9.000 euros), dotará de material básico, transporte escolar e conexión a Internet a escola de Educación Especial de Dajla (rebautizada "A Estrada MGB"), no campamento de refuxiados de Tindouff.
Escuso dicir que o felicísimo agasallo causou en fin unha fonda emoción e agradecemento. POLISARIA VENCERÁ!!   
.
.
.
video 
.
.
.
Fragmento de "Desertores do deserto": 
..
[...]
marrocos dá désert:
hamada,
erg...;
pide o saharaui la décolonisation!:
xa non eau de Cologne,
esmola de occidente,
senón auga corrente
(da fría e da quente);
l’autodétermination!:
fos-fato de ladróns,
marchaverde go home.
El Aaiún, Smara, Dajla, Auserd,
se hassan, eu pido a mariem;
en hassanía, a luz dun novo día.
desertores do deserto, españa colonial,
fóra a carie do sáhara occi-dental.
aquí, non manda marroquí;
aminatu haidar,
POLISARIA VENCERÁ!

.
..
Ligazóns inescusábeis:
.
.
.
.
.

6/1/13

CAPITÁN GOSENDE VISITA O SITIO ARQUEOLÓXICO DO PEDROUZO (A PEROXA-OURENSE)

.
.
.
O domingo 6 de xaneiro, membros do Capitán Gosende, lonxe do habitual ámbito de actuación, visitamos o sitio arqueolóxico (non catalogado) do Pedrouzo, localizado no concello ourensán da Peroxa. O concello da Peroxa estrema, ao norte, co concello lugués de Carballedo. O sitio arqueolóxico do Pedrouzo é fito de deslinde entre concellos e entre provincias.
Chegamos cediño ao lugar e, ben guiados polo señor Fermín, veciño do lugar de Pasarín, axiña acadamos o outeiro. Como de adoito, fomos convenientemente agasallados por toxos e silveiras.
Lendas de mouros adobían aquel recanto pedroso. Segundo a tradición oral, os mouros empregaban as fornelas do Pedrouzo para cociñar.
Cumpriunos botar man dalgún apeiro para pór á vista a xeitosa colección de pías que acugulan a superficie lousada. Atopouse cerámica.
A natureza foi artífice da meirande parte das cazoletas, mais, tamén se advirte a intervención humana. Non é desatino pensar que hai uns 4.000 anos, o lugar fose empregado para escenificar algún tipo de ritual no que a auga (ou outras substancias líquidas), ben empozada ou ben canalizada, se erixía en elemento propiciatorio.  
Non tardamos en descubrir as "tixolas" nas que a mouramia elaboraba as súas secretas receitas (Véxanse as fotografías).
No pasado recente, o Pedrouzo foi empregado como canteira. As marcas de corte producidas por pistoletes e cuñas son evidentes.
Talvez, a extracción de material construtivo fixo desaparecer o penouco abovedado que, segundo os informantes máis vellos, coroaba a peneda, servindo de abrigadoiro.       
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

.
.
.
.
Tras un saboroso e reparador xantar na vila de Ourense, tocou paseata e parrafeo polas ruelas do núcleo histórico. É costume, en visitando a cidade das burgas, tirarlle unha fotografía á torre das campás da catedral, obra de Pedro de Arén, célebre arquitecto natural de Cerdedo.
.
.
.
.
.

A VEIGA DOS MUÍÑOS: O VERDADEIRO "MUSEO DA PEDRA" DE CERDEDO

.
.
.
Ligazón ao artigo de Faro de Vigo (6-1-2013):
.
.
.
.
.
.
.